1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Esta semana La Verdad.es volvía a entrevistar ao Mago de CoreaNa mesma semana en que en Cartagena volvíanse a lembrar de Juanillo nunha entrevista no diario La Verdad evocando as claves dun ascenso único, o Camariñas no que empezou a dar as súas primeiras patadas a un balón ese mesmo Juanillo, voltaba á senda da victoria e, quen sabe, á do ascenso soñado. Foi cáseque a única boa nova nunha xornada un tanto aciaga, plagada de derrotas in extremis e empates. Para atopar victorias inapelables temos que virar a nosa vista cara as categorías inferiores femeninas da Escola de Balonmán e vitorear os seus contundentes triunfos nas terras do Salnés, concretamente no Pabellón Municipal de O Grove, ante un Rasoeiro que saeu doblemente derrotado, deixando deste forma as rapazas d balonmán o nome de Camariñas nun lugar privilexiado.

TERCEIRA DIVISIÓN
VILALBÉS 2-1 CERCEDA

Nova derrota (e xa van 2 seguidas) esta vez diante dun Vilalbés moi agresivo que se empregou con unha dureza fora do normal para gañarnos. certo é que fixemos un dos mellores partidos en canto a xogo, pero seguimos estando desacertados de cara ó gol e así é imposible gañar partidos. A xogada clave puido ser a expulsión de César Otero, expulsión xusta que nos fixo quedar con 10 pero que a pesares de todo, dominamos o partido pero fianalmente non obtivemos premio algún.
O gol do Cerceda foi obra de Xaco. Toca levantarse despois de levar 4 xornadas sen gañar para tentar seguir nos postos de privilexio. A vindeira xornada recibimos ao Negreira no Campo de O Roxo.

SEGUNDA REXIONAL
CAMARIÑAS 5-2 ESTEIRANA

Necesitaban unha victoria contundente os homes de Pepucho para olvidar a derrota sufrida en Fisterra e así foi. Saleu o Camariñas coa quinta marcha e enseguida encarrilaría o partido. Javi con dous goles, Leo con outro dobrete e Juan o Vello foron os goleadores do Camariñas. Toca seguir gañando e esperar un fallo do líder para tratar de chegar as últimas xornadas de liga con opcións de obter o título ligueiro. A próxima xornada o Camariñas xoga en Dumbria ante o Dumbria B.

TERCEIRA REXIONAL
XAVIÑA 2-3 LIRA

Derrota do Xaviña de Pepucho ante o Lira nun partido marcado por unha decisión arbitral,pois o gol da victoria dos visitantes chegou no minuto 92 e de penalti inexistente que tan só o veu o colexiado. Ata esa xogada conflictiva o partido estivo moi igualado e o empate houbera sido o resultado máis xusto. Os goles do Xaviña foron obra de Diego e de Alberto. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Carnota ante o líder.

MUXÍA 1-1 CAMELLE

Empate do Camelle de Pupus nun partido no que ao igual que o Xaviña, o Camelle quéixase da actuación dun colexiado que non quixo expulsar ao porteiro local nunha acción que era cartón vermello clarísimo. Partido moi disputado no que houbo ocasións para ámbolos conxuntos pero as máis claras foron para o Camelle. O gol do Camelle foi obra de Mario. Unha pena que non servise para levarse os tres puntos, pero si serviu para empatar un partido de rivalidade onde houbo moita xente nas gradas, sobre tod de Camelle. A próxima xornada o Camelle recibe ao Cabana no Hermanas Patiño o próximo sábado.

OUTES 1-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Gerpe que mereceu máis nun encontro no que o colexiado non quixo pitar un penalti por unhas mans clarísimas dun xogador do Oues. Foi mellor o Porteño sobre todo no primeiro tempo pero a falta de puntería impediulle marcar algún gol. Na segunda metade e tras un córner, chegaría o gol dos locais. A pesar da derrota, moi bó partido do Porteño que ten que seguir nesta liña de bo xogo para gañar partidos. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Corcoesto, será o domingo no Hermanas Patiño.

LIGA XUVENIL
DUMBRIA 7-1 CAMARIÑAS

Derrota sen paliativos a que sufriron os rapaces de de la Sierra ante o favorito, o Dumbria. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Santa Comba

LIGA CADETE
PORTEÑO 1-3 MUXÍA

Derrota do Porteño de Ordóñez nun partido onde os locais víronse sorprendidos por un Muxía que saleu a por todas. Intentaría a remontada o Porteño pero finalmente sería misión imposible. A próxima xornada o Porteño xoga en Malpica.

SONEIRA 0-2 CAMARIÑAS OS LEÓNS

Victoria clara e contundente do Camariñas de Sergio que nesta segunda volta está demostrando ser un dos mellores conxuntos.Javi Antelo e carlos de Camelle foron os autores dos goles do Camariñas. A vindeira xornada os rapaces de sergio reciben ao segundo clasificado, o Santa Comba, seguro que van a dar guerra e unha victoria local non sería de estrañar.

LIGA INFANTIL
MUXÍA 7-2 AS BALEAS

Derrotas dos rapaces de Vi no derbi disputado en Muxía ante un conxunto local que foi mellor. Non tiveron un bó dia os das Baleas pero pese a todo intentaron dar a cara sempre. A próxima xornada As Baleas recibe ao Santa Comba no Hermanas Patiño.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-1 BÉRTOA

Victoria importantísima do Camariñas que con estes 3 puntiños máis está máis cerca da permanencia que nunca. Con esta victoria o Camariñas adianta na clasificación ao Bergantiños e sitúase a 7 puntos dos postos de descenso a falta de 7 xornadas. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Zas.

SEGUNDA DIVISIÓN
DEPORTIVO CARBALLO 0-0 CAMELLE

Bó partido o que fixeron os homes do Socho en Carballo no que dominaron na maior parte do mesmo pero segue faltando o acerto ante o marco rival, segue faltando un "killer" da área nun Camelle que está merecendo gañar máis partidos dos que leva ata o momento. A próxima xornada toca derbi no Hermanas Patiño, o Domingo a partires das 12:00 horas xógase o Porteño - Camelle, todo un gran espectáculo futbilístico por diante.

AUGALADA 0-5 PORTEÑO

Victoria clara e contundente do Porteño que  está nun estado de forma pletórico. Nótase que os de mario están contando con tódolos seus compoñentes e iso nótase nos resultados e no nivel de xogo. A vindeira xornada hai derbi, o Porteño recibe ao Camelle, derbi que chega no mellor momento para os da Ponte do Porto.

BALONMÁN. COPA
CATEGORIA XUVENIL MASCULINA
CHAPELA 36-22 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Derrota dos xuvenís neste inicio copeiro ante un Chapela que foi mellor. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Tuí no Pabellón do areal.

CATEGORÍA CADETE FEMENINA
RASOEIRO 25-38 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Magnífica a victoria das cadetes de Mónica que pasaron por enriba do Rasoeiro. As Karen, Sara e compañía comezaron esta copa dunha forma sobresainte xogando de maravilla e o que é mellor, gañando con autoridade. A vindeira xornada as Camariñanas reciben ao Salnés Meaño. Será o sábado no pabellón da Ponte do Porto.

CATEGORÍA INFANTIL FEMENINA
RASOEIRO 21-32 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS

Ao igual que as cadetes,  as infantís tampouco quixeron ser menos que elas e facendo un gran encontro lograron gañar de forma clara e contundente a un Rasoeiro que se veu superado en todo momento. A próxima xornada as infantís reciben ao Salnés Meaño o sábado no pabellón da Ponte do porto. Ata aquí todo canto dou a xornada. Teremos máis e contarémosvos todo canto acontecerá este vindeiro fin de semana.

Un saúdo a tod@s dende a web que vive o deporte, a independente, CAMARINAS.EU

Engadir un comentario