A camiseta oficial da 1ª Carreira Pedestre de Camariñas só en Camarinas.eu

Finalmente serán 322 persoas as que atraídas pola celebración da I Carreira Pedestre da historia do Concello de Camariñas participarán nunha proba chamada a convertirse nun clásico dentro do circuito atlético galego. A elo debemos sumar os familiares e acompañantes que este domingo encherán as rúas da Vila das Palilleiras co que elo supón para a economía dun concello como o noso. O principal artícife de elo: o Concelleiro que dun tempo a esta parte revolucionou as estructuras do deporte camariñán, Juan Manuel Cabrejo Pasantes, que a base de roubar tempo ao seu traballo, á súa familia e ao seu club de fútbol está a conquerir logros imaxinables dentro dos anales do deporte de Camariñas. Para elo apoiouse na experiencia e na sabiduría do posiblemente mellor mediofondista da historia da Costa da Morte: un José Manuel Rodríguez Pasantes que non dubidou en abofetear maxestuosamente en público (facebook) a quen osou utilizar de modo partidista o seu nome de deportista independente e neutral. Con todo, aquí tedes, en exclusiva, coma sempre únicamente en camarinas.eu, tódolos datos dunha cita chamada a facer historia (imaxe da camiseta oficial incluida).

O vindeiro Domigo 4 de Marzo, disputarase a I Carreira Pedestre Concello de Camariñas. Unha vez rematado o prazo para inscribirse, decir que un total de 203 persoas se apuntaron para a proba absoluta, a de maiores de 18 anos. Estas persoas apuntadas fixérono a través da web: www.championchipnorte.com
Tamén, 119 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 6 e os 17 anos se apuntaron para participar na categoría que lle corresponde entre as que están: Pitufo, Alevín, Infantil, Cadete e Xuvenil. Un total de 322 persoas van a participar nesta primeira edición, superando con creces as espectativas creadas para este evento.

Cada categoría terá o seu percorrido, que nas categorías inferiores será polo casco urbán camariñán ao longo do seu paseo marítimo e para a proba absoluta será un percorrido de 10 kilómetros onde estarán presentes as paisaxes de Reira, Faro de Cabo Vilán e o casco urbán de Camariñas. A saída e a chegada será na praza do Concello. Faremos sorteos de regalos, haberá algo de comida e bebida, camiseta técnica de regalo para os participantes da proba absoluta, teremos un servicio de fisioterapia para os participantes que queiran, trofeos para os 3 primeiros clasificados en cada categoría masculina e femenina, servicio de duchas (será no pabellón de deportes) e tamén aquelas persoas que participan xunto cós seus familiares que os acompañan terán a opción de comer en distintos restaurantes de Camariñas un menú especial preparado para ese día  a un precio especial.

Este evento pódese levar a cabo gracias aos patrocinadores que colaboraron co 1ª Carreira Pedestre de Camariñas. Sen eles non poderíamos ter esta carreira e que tantos deportistas e familiares nos visiten este domingo. Gracias a Conservas Boya, Construcciones Martínez Rial, Peluqueria Maira, Pescados Pedreira, Autos Fondo, Coca Cola, Gadis, Club Náutico de Camariñas con Alberto Artaza de Presidente e a Asociación de empresarios de Camariñas. Finalmente, Panadería Marisa, Panadería De León, Panadería Garrote e Panadería Barcia.

Gracias aos menbros de Protección Civil de Camariñas, Vimianzo, Laxe, Muxía e Arteixo. Á Policia local de Camariñas, a Peña Baikers do Vilán, Club Balonman Boya, Balonmán Encaixe, por colaborar neste evento, porque a súa axuda é esencial.

Comentarios   

sergio
-1 # RE: Datos oficiais da 1ª Carreira Pedestresergio 05/03/2012 07:33
que pena non poder estar nesta carreira,cas paisaxes mais bonitas que pode ter unha carreira!
Responder | Denunciar ante o administrador