1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juan Cabrejo e José Manuel Rodríguez Tajes consiguen encher Camariñas este domingo con 200 corredores na 1ª Carreira Pedestre

Cando xa hai inscritos ¡295 participantes! (101 nenos e corredores ata 17 anos e 194 senior e a estas horas séguense apuntando máis persoas), o excepcional equipo profesional comandado polo Concelleiro de Cultura e Deportes, Juan Manuel Cabrejo Pasantes, ten todo preparado para que este domingo 3 de marzo Camariñas organice por todo o alto a I Carreira Pedestre Popular da súa historia. Oídos os sabios consellos dun dos máis grandes mediofondistas da Costa da Morte, José Manuel Rodríguez Tajes, se o tempo acompaña centos de persoas entre participantes e acompañantes adueñaranse das rúas da Vila das Palilleiras e inaugurarán o que acabará por convertirse nunha cita clásica do calendario atlético. A tanda de probas comenzará ás 10:00 horas cos cadetes para que a proba grande, a absoluta inicie os sus esixentes e duros 10 kilómetros ás 12:00 e alí, profeta na súa terra, no día no que se lle rinda a debida homenaxe, esperemos que na súa categoría saia campeón unha vez máis o home que posiblemente máis fixo pola difusión e práctica do atletismo no noso concello, José Manuel Rodríguez Pasantes.

TERCEIRA DIVISIÓN
CERCEDA 0-3 OURENSE

Derrota ante un Ourense que foi superior na segunda metade onde nos marcou 3 goles e nos deixou sen liderato. Partido que tivo duas caras, a primeira onde dominamos e tivemos ocasións para marcar pero finalmente non acertamos en ningunha delas, e a segundo, onde tras encaixar o primeiro gol, caemos a plan e estivemos a deriva ante un Ourense que foi mellor.  Derrota que nos ten que servir para reflexionar e cambiar o chip, pois últimamente estábamos xogando mal e os resultados non nos estaban acompañando. A vindeira xornada temos outro partido duro, visitamos Vilalba para enfrontarnos ao Vilalbés, o actual cuarto clasificado.

SEGUNDA REXIONAL
FISTERRA 4-1 CAMARIÑAS

Caeu o Camariñas de Pepucho en Fisterra nun partido onde o Camariñas dominou os primeiros 30 minutos do mesmo pero non acertou nas ocasións das que dispuxo. Leo foi baixa de última hora, e o Camariñas presentábase con 11 homes do seu primeiro plantel e 3 xuvenís no banco. Todo cambiou có primeiro gol do Fisterra que chegou nun erro dos camariñáns. A partires de ahí 10 minutos de "empanada" e o Fisterra aproveitou para meter 2 goles máis e chegar ao descanso co un marcador xa sentenciado, 3-0.
No segundo tempo o Camariñas acurtaba distancias por mediación de Yuyo, pero o Fisterra metería un cuarto gol para sentenciar o partido. Agora o Camariñas é segundo, a 3 puntos do Club do Mar e tan só un puntiño por enriba do Fisterra. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Esteirana, será o domingo  a partir das 17:00 horas no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 0-1 AT. PEREIRIÑA

Derrota do Camelle de Pupus nun partido onde o Camelle non estivo tan ben como outras veces e veuse sorprendido polo Pereiriña. Non houbo moitas ocasións de gol e víase que o que marcara primeiro, iba a levarse os tres puntiños. Ten que olvidarse desta derrota o Camelle e centarse xa na seguinte xornada para tratar de acadar un victoria que lles suba os ánimos aos homes de Pupus. A vindeira xornada, o Camelle xoga en Muxía.

LAXE 5-0 XAVIÑA

Non estivo Pepucho na derrota do Xaviña en Laxe ao coincidir o partido co Camariñas. Mal partido do Xaviña que se veu superado en todo momento por un Laxe que xornada tras xornada está subindo postos na clasificación tras un comezo de campaña un tanto titubeante. Necesita o Xaviña un bó resultado pronto para cargar as pilas e coller ánimos. A próxima xornada, o Xaviña recibe ao Lira no Hermanas Patiño o sábado ás 17:30 horas.


PORTEÑO
Descansou o Porteño esta xornada. A próxima cita do Porteño será ante o Outes.

LIGA CADETE
CAMARIÑAS OS LEONS 1-2 CABANA

Non mereceron a derrota os rapaces de sergio nun partido no que foron mellores que o Cabana. A diferencia estivo no aproveitamento das oportunidades. Estaba o partido en táboas e có Camariñas dominando cando nun despiste a balón parado chegou o gol da victoria dos visitantes. O gol do Camariñas foi obra de Carlos. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Vimianzo ante o Soneira.

PONTECESO 5-1 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Ordóñez ante o Ponteceso nun partido no que os locais estiveron mellor e tiveron máis ocasións. Pese a derrota, o Porteño fixo un bó partido e nótase que están mellorando a pasos axigantados. A próxima xornada o Porteño recibe ao Muxía. Será o sábado a partir das 12:00 horas.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 1-5 OS MIUDOS

Derrota dos infantís das Baleas ante os Miudos por un resultado demasiado abultado para o que se veu no terreo de xogo. Están os rapaces de vi mellorando e os resultados deben de chegar para que As Baleas vexa recompensado o traballo que están a facer. A próxima xornada as Baleas xogan en Muxía.

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
SAN ROMÁN 5-0 CAMARIÑAS

Derrota sin pliativos a que sufríu o Camariñas ante un Bértoa superior. Mal partido dos Camariñáns que non poideron puntuar ante un rival que se demostrou superior. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Bértoa no hermanas Patiño o domingo ás 11:00 horas.

SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 4-0 SOFÁN

Partidazo do Porteño que pasou por enriba do Sofán nun partido moi completo dos homes de Mario. Parri, Luis de Kecha, Rosqui e carlos de Merexo foron os autores dos goles dun Porteño que vai a máis. A próxima xornada o Porteño xoga en Augalada ante o cadro local.

CAMELLE 2-3 AT. MILAGROSA
Derrota do Camelle do Socho nun mal partido onde a pesar de remontar o marcador, pois ían perdendo por cero goles a dous, goles marcados por Vi e Jamela, finalmente debido a erros defensivos, recibiron un terceiro gol que provocou a súa derrota. Oportunidade que deixan escapar os do Socho para subir postos na táboa clasificatoria posto que o At. Milagrosa parecía a priori un rival asequible. A próxima xornada o Camelle xoga en Carballo ante o Deportivo Carballo. A vindeira semana o camelle visita ao Dep. Carballo

BALONMÁN

Comeza a copa este vindeiro fin de semana tanto en categoría masculina como femenina onde esperemos que os nosos conxuntos fagan un bo torneo.

Engadir un comentario