Juan Cabrejo

En vísperas do vital encontro contra o Club de Mar no que se pode decidir toda unha temporada o Camariñas dou un pequeno paso atrás perdendo no ata o de agora case inexpugnable Hermanas Patiño contra o Corme. Por outra parte andivo o noso redactor xefe de deportes a piques de lesionarse por dúas veces debido a encontronazos fortuitos nos encontros desputados nas últimas xornadas pero felizmente ao final non pasou nada e o seu Cerceda continúa á fronte da táboa clasificatoria da Terceira División.  Nembargantes na Terceira Autonómica salvando ao histórico Porteño os resultados non foron bos, neste sentido para topar unha senda cáseuqe ininterrumpida de victorias debemos voltar os nosos ollos cara á Segunda División de Veteráns, onde un Camelle formado prácticamente na súa totalidade a base de extracomunitarios empatou en Coristanco. 
TERCEIRA DIVISIÓN

ESTRADENSE 0-1 CERCEDA
Din que en campos de equipos que están loitando por non descender é donde se gañan as ligas. Esperemos que así sexa porque o partido disputado na Estrada foi un partido pouco vistoso para os afeccionados pero moi práctico, polo que a esta victoria nosa, témoslle que dar moito valor. Tres puntos máis para continuar de líderes, tres puuntos que valen o gol do noso artilleiro Joselu, quen transformou unha pena máxima clarísima cometida sobre o catalán Adrián.
Polo demais, pouco que decir en canto a fútbol, simplemente que nos fixemos fortes en defensa e o Estradense non tivo ningunha ocasión para poder empatar o encontro. A vindeira xornada, recibimos no campo de O Roxo ao Cultural de Areas.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 1-2 CORME
Derrrota do Camariñas de Manolín ante o Corme, nunha xornada onde os camariñáns non aproveitaron o tropezo de Club do Mar ante o Baio para quedar líderes en solitario. Non tivo o día o Camariñas e veuse superado por un Corme que quere pelexar por estar arriba neste treito final de liga. Javi foi o autor do gol do Camariñas que finalmente non serviu para puntuar. Teñen que olvidar este encontro os de Manolín e centrarse xa na próxima xornada na que vai a ser o partido da tempada, pois xogan os dous líderes, o Camariñas visita ao Club do Mar. Será o sábado ás 18:00 horas.

TERCEIRA REXIONAL

PORTEÑO 4-2 INDEPENDIENTE DE CARBALLO
Solventou cunha clara victoria o Porteño de Gerpe o seu partido ante o Indep. de Carballo. Encontro no que o Porteño foi superior e foi o claro merecedor da victoria. Cousillas, Pepe Wi, Jorge e Pablo Santacristiña foron os autores dos goles do Porteño. Tres puntos máis para que lles serven ao Porteño para tentar pillar aos equipos que están nos postos de ascenso.
A vindeira xornada o Porteño
XAVIÑA 1-3 MUXÍA
Derrota do Xaviña de Pupucho nun encontro no que o Xaviña contaba con moitas baixas e rematou o partido con nove homes por mor de lesións. Non está tendo sorte Pepucho coas lesións e coas convocatorias dos xuveniles xa que entre unhas cousas e outras o Xaviña conta cos homes xustos para afrontar os encontros.
Derrota que se produciu nos derradeiros 9 minutos de partido, xa que ata ese momento o marcador era de empate a un gol. O gol do Xaviña foi obra de Bua. A vindeira xornada o Xaviña recibe ao líder, o Cabana no Hermanas Patiño o próximo domingo a partires das 16:30 horas.
MONTELOURO 2-1 CAMELLE
Derrota do Camelle de Pupus que segue dando a cara ante rivais que están a loitar polo ascenso. Se ante o Outes se adiantaban os Camelláns cún parcial de cero a dous, nesta xornada o gol de Adrián poñía por diante ao Camelle que vería posteriormente como o conxunto local remontaba o encontro. O Camelle terá como rival a próxima xornada ao Volantes de Baño. Partido que se xogará o vindeiro sábado ás 16:00 horas no Hermanas Patiño

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGUILLA DE ASCENSO XUVENIL
CAMARIÑAS 1-4 BAIO
Derrota do Camariñas de De la Sierra nun partido onde os visitantes aproveitaron as ocasións que tiveron mentres que o Camariñas non o fixo. Comezan mal o Camariñas esta liguilla de ascenso pero estamos seguros de que as cousas van a cambiar. O gol do Camariñas foi obra de Nené.
A próxima xornada o Camariñas tería que xogar ante o Cee como visitante. Ámbolos conxuntos queren aprazar o partido e estase a espera de recibir noticias da federación.
LIGA CADETE
PORTEÑO 1-2 CORISTANCO
Derrota do Porteño de Ordoñez ante o Coristanco nun partido no que o Porteño loitou ata o final para tratar de empatar pero non o puido conseguir. O partido estivo moi disputado e o Porteño en todo momento mantivo vivas as esperanzas de sacar algo positivo pero finalmente non o conseguiu. O próximo encontro do Porteño será en Esteiro ante o Esteira o vindeiro sábado.
OUTES 3-2 CAMARIÑAS OS LEÓNS
A piques estiveron os rapaces de Sergio de levarse o empate e incluso o triunfo, pero non souperon conservas os dous goles de vantaxa cós que se colocaron por diante ao marcar Carlos de Camelle e Jordi. Na segunda metade o Outes remontou un encontro no que os Camariñáns mereceron máis por xogo e ocasións. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Cee o sábado no Hermanas Patiño a partir das 10:30 horas.
LIGA INFANTIL
DUMBRIA 23-0 AS BALEAS
Severo correctivo o que levaron os infantís das Baleas ante o líder o Dumbria. O resultado do encontro xa o di todo en canto ao que aconteceu no terreo de xogo. A vindeira xornada, As Baleas reciben ao Cee. Será o domingo ás 10:30 horas no Hermanas Patiño.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 0-1 CABANA
Un solitario gol dos visitantas serviulles para levarse os tres puntos para Cabana. O Camariñas intentouno de tódolos xeitos pero non foi quen de acadar o empate. A próxima xornada o Camariñas xoga en Nantón, será o domingo en horario de matinal.
SEGUNDA DIVISIÓN
CORISTANCO 4-4 CAMELLE
Partidazo o que fixeron os homes do Socho  no campo do segundo clasificado onde acudían con moitas baixas e pese a todo sacaron o orgullo e a casta para empatar un encontro espectacular. Manoliño con dou goles, Juan de Jamela con un e Manolo Bajeras con outro, foron os goleadores dun Camelle que está sendo a sensación da liga. A próxima xornada o Camelle recibe ao Corme, será o sábado ás 18:00 horas no Hermanas Patiño.
PORTEÑO
Descansaron os da Ponte do Porto que esta próxima xornada reciben ao Malpica o domingo no Hermanas Patiño a partires das 12:00 horas.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Descansaron os xuvenís que a vindeira xornada reciben ao Balonmán Tuí o vindeiro sábado no Pabellón da Ponte do Porto.
LIGA CADETE MASCULINA
VIVEIRO 38-24  ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota dos cadetes Camariñáns en terras da Mariña Luguesa nun encontro que se rompeu na segunda metade. A próxima xornada os Camariñáns descansarán.
LIGA CADETE FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 24-25 CHAPELA
Vaia atraco a mano armada o que recibiu a nosa redactora Sara xunto as súas compañeiras por parte do árbitro nun partido no que as Camariñanas mereceron gañar e tan só unha arbitraxe desastrosa en contra das nosas impediu a victoria das discípulas de Mónica.
Todo o partido pitando a favor do Chapela e para rematar a faena non da como válido un gol de Sara Carril no último suspiro do encontro no que non sebe nin o que pitou. Dinos Sara o sentimento de  impotencia que tiñan todas elas de non poder facer nada ante a inxustiza arbitral recibida Moito ánimo para todas elas e esperamos que os árbitros sexan máis parciales e os escudos non peses. A vindeira xornada as nosas xogarán no mítico pabellón do Gatañal ante o Cangas. Será o sábado a partires das 12:30 horas.
LIGA INFANTIL FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 24-19 CHAPELA
Partidazo das infantís que dirixe Mónica o que fixeron ante todo un Chapela e no que conseguiron gañar con claridade ao conxunto Pontevedrés. Fenomenal partido de todas elas tanto en ataque como en defensa que se veu recompensado no marcador final do mesmo. Están cada dia xogando mellor as nosas e estamos seguros de que van a darnos moitas alegrías. A próxima xornada ao igual que as cadetes, as nosas infantís xogarán en Cangas ante o equipo local a partires das 11:30 horas.

Isto foi todo canto dou a xornada. saúdos a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU  a web que vive o deporte!!!

Engadir un comentario