1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Joaé Manuel alza o trofeo que o acredita como gañador da súa categoríaPreparándose concienzudamente para a que será a 1º Carreira Pedestre da historia de Camariñas José Manuel Rodríguez Tajes voltou a facer o mellor tempo na súa categoría na II Carreira do Cocido de Lalín. Chegaba alí despois dunha semana na que as súas pernas aguantaron un entreno de 100 kilómetros polos camiños da súa vila natal e rematou un percorrido de 10 km nun excepcional tempo total de 38:30. Outra vez a inevitable imaxe de José Manuel nun podio saboreando as mieles da victoria. Xunto a el aguantando o fin de semana máis xélido do ano nas que poden ser consideradas unhas das máis xélidas terras de Galicia atopábase outro clásico do atletismo camariñán: Luis Alberto Rodríguez Luaces, "Kecho". Atrás deixaba José Manuel unha parroquia blanca por el capitaneada saciada e satisfeita, recuperada dos duros sinsabores pasados e confiada no xogo dun equipo que tras a victoria sólida e solvente en Getafe apunta (salvo catástrofe) para un novo título ligueiro: un encontro vivido no Café Bar José Manuel dun modo estranamente calmo, sin os sobresaltos e bandazos habituais e no que ata chegaron a escasear as alusións constantes aos nosos queridos irmáns lusitanos. Neutralizadas as ameazas pola banda do seu irrenunciable madirdismo, nada impide a quen probablemente pasará á historia como un dos mellores mediofondistas da historia da Costa da Morte prepararse a fondo para a que será a carreira máis importante da súa vida. Será un domingo 4 de marzo e será na vila da súa alma.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.