O FC Camariñas do Moriño continúa a súa escalada hacia o títuloPois por fin unha xornada futbolística na que entre os nosos cinco equipos en liza (o Cerceda de Juanillo e os catro do concello) non caío ningunha tunda contundente. Débese salientar o triunfo solvente, inapelable, dun Camelle que parece ir a máis. Se por outro lado se engaden os empates de Xaviña e Porteño, constátase que estamos posiblemente ante a primeira xornada do que vai de campeonato onde ningún dos nosos equipos en Terceira Rexional salío perdedor. Igual algo de diferencia (negativa) no marcador sí que houbo no encontro que enfrontaba aos nosos cadetes varóns da Escola Infantil de Balonmán co S.A.R., pero como estos rapaces son ante todo uns auténticos gentlemen do deporte, non perden o sorriso e desfrutan como enanos da súa participación na liga, nembargantes para compensar as féminas están feitas unhas fieras e apabullaron ao Porriño por 30 a 16. ¡Ánimo chavales, xa chegaran as victorias!
TERCEIRA DIVISIÓN

CERCEDA 1-1 LALÍN
Traspés o que sufrimos a xornada pasada onde non fomos capaces de pasar do empate a un gol ante o penúltimo clasificado nunha xornada na que os resultados dos equipos chamados a loitar polas 4 prazas que dan acceso a liguilla de ascenso foron favorables a nós.
Partido malo, e no que tivemos excasas oportunidades para lograr 3 puntos pese a que nos adiantamos no marcador por mediación de Joselu. Pese ao empate, ampliamos a ventaxa nun punto sobre o segundo clasificado que é o Ourense. Agora sacámoslle 3 puntos. A vindeira xornada xogamos como visitantes ante o Estradense.

SEGUNDA REXIONAL

SOFÁN 0-3 CAMARIÑAS
Partido complicado o que tiña o Camariñas de Manolín en Sofán o cal solventaron dunha forma maxistral.
Golpe de autoridade o que dou o Camariñas que afrontaba o encontro con numerosas baixas pero que non se notaron. Alberto, Brais e Juan o Vello foron os autores dos goles dos camariñáns.
Partido serio e práctico, no que o gardarredes Pombo estivo maxistral unha vez máis e no que Juan o Vello volveu tolo a defensa local demostrando que é un dos mellores xogadores da categoría. Destacar a actuación de Brais que segue nun momento de forma sobresainte.
A próxima xornada, domingo 5 de febreiro, o Camariñas recibe ao Corme no Hermanas Patiño a partires das 16:30 horas.

TERCEIRA REXIONAL

CAMELLE 3-1 CORCOESTO
Primeira victoria do Camelle da era “Pupus” nun encontro no que o Camelle foi superior de principio a fin. Un gol tivo que remontar o Camelle para levarse os tres puntos. Felipe Barreiro con dous goles e Álvaro Pantera con un tanto foron os goleadores do Camelle.
A nota negativa foi a lesión do porteiro camellán Carlos. Tivo que ser sustituido por un xogador de campo no minuto 30 do primeiro periodo. A próxima xornada, o Camelle xoga en Louro ante o Montelouro.
XAVIÑA 1-1 AT PEREIRIÑA
Empate do Xaviña de Pepucho ante o Pereiriña nun partido onde o Xaviña mereceu máis. Todo estaba encamiñado cando a falta de 8 minutos o colexiado sinalou un riguroso penalti que lles serviu aos visitantes para empatar o encontro. Saviola foi o autor do gol do Xaviña.
Un punto máis para o Xaviña que oa vindeira xornada recibe ao Muxía, partido que será sábado ás 18:00 horas no Hermanas Patiño.
SONEIRA B 1-1 PORTEÑO
Empate do Porteño de Gerpe nun encontro no que as ocasións claras falladas polo Porteño e unha decisión polémica do colexiado marcaron o transcurrir do partido. Adiantaria Pepe Wi ao Porteño aos 20 minutos de partido e antes do descanso, os de Gerpe poideron deixalo sentenciado con claras ocasións de gol que finalmente marraron.
Chegaría o empate do Soneira B no minuto 55, nunha xogada onde o árbitro sinala unha cesión que non foi tal da que naceu o tanto do empate. A próxima xornada o Porteño recibe ao Ind. Carballo o domingo ás 19:00 horas no Hermanas Patiño.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
PONTECESO 4-5 CAMARIÑAS

Partido no que non se xogaba nada ningún dos dous conxuntos xa que na xornada anterior quedara todo visto para sentencia. Derrota do Camariñas de De la Sierra, que remontou un 4-0 pero no que finalmente un gol dos locais lles daría a victoria nun partido no que o Camariñas chegaba con moitas baixas. Comeza a liguilla de ascenso e o Camariñas recibirá ao Baio o vindeiro sábado ás 16:00 horas no Hermanas Patiño.
LIGA CADETE
DUMBRIA 12-0 PORTEÑO
Derrota clara e contundente dos cadetes de Ordóñez, nun encontro no que o resultado xa o di todo. A vindeira xornada o Porteño recibe ao Coristanco o domingo pola mañá no Hermanas Patiño ás 10:30 horas.
CAMARIÑAS –OS LEÓNS
Descansaron os camariñáns que esta próxima xornada xogarán en Outes.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS
Descansaron As Baleas está xornada e a seguinte xogarán en Dumbría.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
XUV. BERGANTIÑOS 2-0 CAMARIÑAS
Derrota dos veteráns do Camariñas que deron a cara en todo momento xogando de tú a tú a todo un equipo dos galiños da categoría como é o Xuv. Bergantiños. A vindeira xornada o Camariñas recibe ao Cabana, partido que terá lugar o domingo ás 12:00 horas no Hermanas Patiño.
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 5-1 DEP. CARBALLO
Victoria clara e contundente dos veteráns do Porteño que deixan así unha mala racha de resultados que viñan colleitando últimamente. Partido no que o Porteño dominou de principio a fin. A próxima xornada o Porteño descansará.
CAMELLE 3-1 CLUB DO MAR
Victoria do Camelle nun partido no que os do Socho xogaron con intensidade durante os 90 minutos de encontro. Tres puntos máis que fai que o Camelle se coloque sexto a tres puntos do Muros que é quinto. Xogará en Coristanco a vindeira xornada o Camelle.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
S.A.R 41-23 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas xuvenil ante un conxunto como é o Sar que foi superior.
A próxima xornada o Camariñas tocaralle descansar.
LIGA CADETE MASCULINA
S.A.R. 38-7 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota tamén a dos cadetes ante un Sar superior. Pese as derrotas, queremos destacar a ilusión destes rapaces que sempre teñen un sorriso na boca, iso é un mérito tremendo!. A vindeira xornada, os cadetes xogarán en Viveiro.
LIGA CADETE FEMININA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 30-16 PORRIÑO
Victoria clara das cadetes Camariñanas nun partido no que Sara nos di que foron superiores e o marcador así o reflexa. Están a facer unha magnífica tempada estas rapazas e estamos seguros de que as Sara Carril, Karem, Sara Ameal e compañía, nos van a dar moitas alegrías. A próxima xornada as Camariñanas reciben ao Chapela.
LIGA INFANTIL FEMININA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 14-22 PORRIÑO
Derrota das nosas máis pequechas ante un Porriño que según nos conta a nosa redactora estivo moi ben en defensa, motivo polo cal as nosas non tiveron moitas opcións claras en ataque. A próxima xornada as nosas infantís, reciben ao Chapela.

Ata aquí todo canto aconteceu na xornada. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web que vive o deporte como ningunha outra.

{youtube height="350"}xXUdyQFUty4{/youtube}

Engadir un comentario