1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Juanillo, o exemplo de un traballador sen tregua
Anda o redactor xefe dos deportes de camarinas.eu, Juan Manuel Cabrejo Pasantes, enfrascado nunha guerra en catro frentes distintos e nos catro está a saír ampliamente victorioso. En primeiro lugar, no seu posto habitual de traballo; en segundo no lateral esquerdo dun Cerceda que xa se atopa onde lle corresponde: de líder da Terceira División Galega; en terceiro lugar como experto coñecedor e apasionado seguidor do deporte camariñán, labor que se plasma na exquisita e impecable colaboración xornalística con camarinas.eu; e finalmente, exercendo dende un despacho municipal como o mellor concelleiro de Deportes e Cultura en toda a nosa historia, roubándolle horas ao sono, ao lecer, á familia, todo para facer a vida das xentes da nosa terra un pouco máis amena, máis instructiva, máis feliz.
TERCEIRA DIVISIÓN

CERCEDA 2-1 PONTEVEDRA
Victoria con remontada incluida a que acadamos o pasado domingo ante un dos favoritos desta liga como é o Pontevedra.
Tres puntos de ouro que nos colocan como líderes e o que é máis importante, 9 puntos máis o gol-average gañado a un conxunto mítico como é o Pontevedra.
Moito frio no Campo de O Roxo. Os goles do Cerceda foron obra de Joselu ao transformar un penalti cometido sobre él mesmo e de Souto. Liderato que acadamos esta xornada e esperamos mantelo de aquí ao remate da liga.A vindeira xornada toca derbi, xogamos en Carballo ante o Bergantiños.
SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 1-0 BAIO
Victoria do Camariñas de Manolín ante un Baio que dirixe o camariñán Tono do Atlántico que lle puxo as cousas moi complicadas. Partido xogado de ti a ti no que houbo ocasións para un e outro conxunto, se ben é certo que 4 remates do Camariñas, de Juan o Vello, David, Leo e Javi acabaron petando no poste da portería visitante. O porteiro do Camariñas Pombo estivo fenomenal atallando todas cantas accións lle chegaban. Leo como non, foi o autor do gol da victoria para este Camariñas que está disposto a loitar ata o final para conseguir o título ligueiro. A próxima xornada, o Camariñas xoga en Buño.

TERCEIRA REXIONAL
CAMELLE 1-4 PORTEÑO
Victoria do Porteño de Gerpe ante o Camelle de nun derbi disputado ante moitísimo público a pesares das inclemencias metereolóxicas que houbo o pasado sábado no Hermanas Patiño. Partido xogado con moita intensidade onde a maior pagada do Porteño foi a clave do encontro. Os goles do Porteño foron obra de Brais, Piti de penalti, Jorge e Cousillas, mentres que o tanto do Camelle acadouno Mario ao transformar un penalti.
A nota negativa do encontro foi a lesión do xogador do Porteño Alex Cameán quen tivo que abandonar o Hermanas Patiño en ambulancia e posteriormente saberíase que tiña unha dobre fractura, unha fractura do tabique nasal e outra do oso malar. Dende Camarinas.eu esperamos que Alex se recupere pronto e que voltemos a disfrutar do seu fútbol o máis rápido posible. O Camelle xogará en Outes, mentres que o Porteño recibirá ao Fisterra B o próximo Domingo ás 16:00 horas no Hermanas Patiño.

XAVIÑA 1-2 VOLANTES DE BAÑO
Derrota pola mínima do Xaviña de Pepucho ante un rival dos chamados a pelexar polo ascenso como é o conxunto muradán. Estase a notar a man de Pepucho no Xaviña e neste partido onde a priori iba haber goleada do equipo visitante, veuse como o Xaviña puido empatar o encontro se o colegiado do mesmo non lle anulara un gol local ao cadro Xaviñán. Diego “frutos” foi o autor do gol do Xaviña. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Coristanco.

LIGA XUVENIL
CABANA 2-2 CAMARIÑAS
Empate do Camariñas de De la Sierra nun partido onde os Camariñáns xa estaban pensando na liguilla final que terá lugar en canto remate a primeira fase da liga que será a vindeira semana onde o Camariñas recibirá na tarde do sábado ás 16:00 horas no Hermanas Patiño ao Muxía.

LIGA CADETE
CAMARIÑAS OS LEÓNS 3-4 MALPICA
Pagaron os rapaces de Sergio a mala primeira metade que fixeron e na que foro nao descanso cun marcador de cero a catro goles. Na segunda metade, mellorou moito o Camariñas e con goles de Martín de Camelle,Carlos González e Juan de Arou acortaron distancias e a piques estiveron de acadar o empate final. O próximo encontro do Camariñas Os Leóns será no Hermanas Patino o sábado ás 10:30 horas ante o Zas.
PORTEÑO 1-9 BAIO
Tiñan un oso moi duro como é o Baio os pupilos de Ordoñez nun encontro donde os visitantes foron moi superiores como así o demostra o marcador final. Pese a todo, a estes rapaces do Porteño non hai quen lles quite a ilusión por afrontar vindeiros partidos pese aos resultados negativos que están a ter. Por iso dende aquí, animámolos a que sigan loitando ao máximo. A vindeira xornada, o Porteño descansará.

LIGA INFANTIL
Descansaron os rapaces de Vi, e As Baleas xogara

LIGA DE VETERÁNS
PRIMEIRA DIVISIÓN
CASTRIZ 3-1 CAMARIÑAS
Derrota dos veteráns do Camariñas ante o Castriz nun partido onde os locais foron superiores. Ten por diante o Camariñas unha segunda volta para evitar o descenso e o próximo partido no que reciben ao Vimianzo o domingo en horario matinal, pode ser crucial, xa que o Vimianzo está en postos de descenso a tan só un punto do Camariñas.
SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 0-2 SONEIRA
Derrota do Camelle do Socho nun partido onde os visitantes demostraron que por algo son os líderes da competición. Pese a todo, o Camelle dou a cara e loitou como sempre o fai ainda que ao final non obtiveron premio algún. A próxima xornada o Camelle xoga en Cerqueda.

BALONMÁN
LIGA XUVENIL MASCULINA
TEUCRO 41-21 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota dos xuvenís do Camariñas ante un Teucro que foi superior como así o demostra o marcador final. A vindeira xornada o Camariñas xogará como visitante ante o Pabellón Ourense.
LIGA CADETE MASCULINA
TEUCRO 41-28 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Ao igual que os xuvenís, os cadetes perderon ante un rival como é o Teucro que foi superior. A próxima xornada o Camariñas descansará.
LIGA CADETE FEMENINA
O partido que tiñan que xogar as Camariñanas ante o Moaña quedou aprazado. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Porriño.
LIGA INFANTIL FEMENINA
Ao igual que as cadetes, tampouco xogaron as infantís e a vindeira xornada recibirán ao Porriño.

Isto foi todo canto dou a xornada deportiva dos nosos equipos.
Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web independente e de ideas propias!!!

Engadir un comentario