1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Colexio de O Areal ninguneado polo Presidente da Xunta

Parece que non ten sorte a antiga vila de Camariñas coas autoridades da Xunta de Galicia. Á desvergonza e engano masivo do que foi obxecto a nosa vila por parte do ex-presidente de portos Álvarez-Campana agora súmase o  atropelo queremos crer que inocente do Presidente da Xunta ao non nomear ao Colexio O Areal de Camariñas na súa intervención para presentar a tódolos premiados da "Edición 2011 dos Premios ao Deporte Galego". Pero mellor será que un dos protagonistas do evento, Juan Manuel Cabrejo Pasantes, actual Concelleiro de Cultura e Deportes, nos relate o alí acontecido.

O día 28 de decembro de 2011 no Teatro Jofre, en Ferrol, asistimos a unha gala dos Premios Galegos do Deporte na que no discurso final o señor Núñez Feijoó nombrou a tódolos premiados pero olvidouse de mencionar ao Colexio O Areal de Camariñas.... que casualidade. Menos mal que despois toda a expedición camariñana pediulle que se fixera unha foto con nós e polo menos accediu a que así fose. Un día para recordar, na que a Xunta lle daba un premio moi importante a Camariñas. Un día no que a directora do colexio Edita, estaba nerviosa pensando nun discurso que finalmente non chegou a pronunciar debido a que o formato do evento non o permitía. Un premio no que estaban representado tódalas partes que forman ou formaron parte do proxecto Mar na Escola, como o Concello representado polo seu alcalde Pichurri, o Concelleiro Juan Cabrejo e a Concelleira Sandra Insua; o Colexio O Areal ca súa directora Edita, a profesora Carmen e o seu marido Juan do Argentino, o profesor que iniciou todo isto que agora non está no colexio como é Santi; tamén  Industrias Cerdeimar representadas polo doctor Alfonso Illade Cerdeiras, fillo de Don Alfonso, acompañado pola súa dona e fillo; o Club Naútico de Camariñas representado polo seu presidente Alberto Artaza; o técnico de deportes Fran, todos recalcaron a importancia deste premio concedido e no bo facer de todas e cada unha das persoas implicadas.

Noraboa!!!

 


Engadir un comentario