1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A primeira xornada do 2012 é obxecto do exame experto de JuanilloPrimeira xornada do ano que recén comenza, que visto o visto, non parece que vaia variar moito respecto do acontecido o ano anterior: en divisións superiores ben, en divisións inferiores pois daquela maneira. Así, non sabemos si os xogadores dos conxuntos da Terceira Rexional adicaron, segundo a Doctrina Mourinho, as súas vacacións de nadal a descansar, viaxar, comer ou beber, pero o certo é que ca excepción do histórico Porteño (esperemos que en breve estreando flamante estadio de herba natural), os resultados non foron bos. Por outra parte, tras un pequeno bache de malos resultados o FC Camariñas volvío á senda da victoria así como o Cerceda mantense firme no seu pulso polos primeiros postos da Terceira División. En definitiva, la vida sigue igual. O cal é bo nuns casos, non tanto en outros.

Primeira xornada deste ano novo 2012 no que esperamos que sexa moi bó para os nosos equipos en cada unha das competicións nas que participan.A liga de veteráns de fútbol e as ligas de balonmán aínda non deron comezo nestes primeiros dias de ano e farano a partires desta din de semana.

TERCEIRA DIVISIÓN
RÁPIDO DE BOUZAS 0-1 CERCEDA
Primeiro partido da segunda volta e victoria a que obtivemos nun campo donde ata o de agora ninguén foi quen de acadar os 3 puntos.Fixemos un partido moi serio en defensa e en ataque no que tivemos ocasións para deixar sentenciado o encontro. Non o fixemos así motivo polo cal nos derradeiros 10 minutos de encontro, pasamos apuros para manter o resultado.O tanto do Cerceda foi obra de Joselu (leva 10 esta tempada), ao tranformar unha péna máxima cometido claramente sobre Souto.A vindeira xornada, partido por todo o alto no campo de O Roxo, recibimos ao Pontevedra.

SEGUNDA REXIONAL
CAMARIÑAS 2-0 O PINDO
Victoria clara do Camariñas ante o pechacancelas nun partido no que os de Manolín despexaron dúbidas e demostraron que queren gañar a liga. Partido no que o Camariñas foi mellor e no que o goleador da categoría Leo, ben arroupado por Juan o Vello, Moriño, Brais e compañía, marcou os dous tantos do partido.A próxima xornada, Domingo ás 16:00 horas no Hermanas Patiño, o Camariñas recibe ao Baio que adestra Tono do Atlántico, comeza a segunda volta cun partido entre equipos que están nos postos de privilexio.

TERCEIRA REXIONAL
PORTEÑO 1-0 CARNOTA
Victoria do Porteño de Gerpe ante un rival que é un dos favoritos para o ascenso como é o Carnota.Encontro moi disputado, e no que o Porteño puido sentenciar pero non o fixo así e debido a iso houbo incertidume nos minutos finais do mesmo.Partido no que o Porteño marcaría pronto, Pepe Wi foi o autor do gol que a postre lles daría aos de Gerpe 3 puntos moi valiosos para empezar ben o ano.A próxima xornada toca derbi, o Porteño enfrontarase ao Camelle no Hemanas Patiño o sábado ás 18:30 horas.
ALCAIÁN 4-2 CAMELLE
Derrota do Camelle de Carlos nun partido no que os Camelláns intentaron remontar un encontro que se lles puxo costa arriba dende moi pronto.O mellor do partido foi que o Camelle non baixou os brazos e loitou ata o remate do mesmo.Sergio e Felipe Barreiro foron os autores dos goles do Camelle que a vindeira xornada terá derbi ante o Porteño. Un partido que promete e que terá lugar o próximo sábado no Hermanas Patiño a partires das 18:30 horas.
MONTELOURO 6-1 XAVIÑA
Derrota clara e contundente do Xaviña de Pepucho ante un rival que foi moi superior de principio a fin do partido.A priori xa se sabía da dificultade do partido e o marcador final xa o di todo.Diego Frutos foi o autor do gol do Xaviña.A próxima xornada, sábado ás 16:00 horas no Hermanas Patiño, o Xaviña recibirá ao potente Volantes de Baño.

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 2-2 BAIO
Escapoúselle o partido nos minutos finais ao Camariñas de De la Sierra ante un Baio nun partido disputado de poder a poder.Carlos e Martín foron os autores dos goles do Camariñas.A próxima xornada o Camariñas xoga en Cabana o último partido da liga regular.

LIGA CADETE
PORTEÑO 0-2 SANTA COMBA
Derrota do Porteño de Ordóñez ante o segundo clasificado, o Santa Comba nun partido no que se demostrou unha vez máis que os da Ponte do Porto van a máis e a diferencia que existe na clasificación non se veu reflexada no terreo de xogo.A próxima semana, o Porteño recibe ao Baio no Hermanas Patiño a partires das 12:00 horas.
MUXÍA 2-2 CAMARIÑAS OS LEÓNS
Empate do Camariñas de Sergio en Muxía nun partido onde os Camariñáns remontaron 2 goles en contra e no que desperdiciaron numerosas ocasións para gañar o partido con claridade. Carlos González e Martín de Camelle foron os autores dos goles do Camariñas que recibe ao Malpica o Próximo sábado a partires das 10:30 horas no Hermanas Patiño.

Ata aquí todo canto aconteceu nesta primeira xornada do 2012.Un saúdo a tod@s usuar@s de CAMARINAS .EU a web independiente, libre e de ideas propias.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.