1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Juanillo, principal responsable do impresionante éxito do Día do Fútbol Sala no Concello

Do mesmo xeito que decíamos que o ano 2011 pasará á historia do noso concello como o do engano, o da mentira masiva, desvergonzada e humillante que o ex-Presidente de Portos de Galicia e a súa banda de secuaces perpetraron contra todo un pobo a conta do volatilizado proxecto de reforma do borde portuario de Camariñas, todo fai presaxiar que o exercicio 2012 será o ano de Juanillo. Recén chegado ao cargo, ca inexperiencia propia de quen debuta nun cargo de responsabilidade, nembargantes tan só seis meses de andaina na Concellería de Deportes e Cultura bastaron para poder vislumbrar mínimamente todo o que este camariñán exemplar vai ser quen de poder lograr. Unha mostra delo foi o espectacular éxito acadado este recente venres 23 de decembro de 2011 co Día do Fútbol Sala no Concello de Camariñas.

Que na data mencionada pais, familiares ou sinxelos aficcionados ao deporte poideran ver como cativos de catro e cinco anos desfrutaban como o que son, enaniños, competindo no toneo 3x3 da Categoría Biberón (Campeón o España II; subcampeón, o España I) foi posible gracias a Juanillo e tamén gracias a unha serie de empresas (Arboco, Muebles Sambade, Espina & Delfín, Narciso de la Cal e Prodemar) que ca súa financiación desinteresada do evento fixeron posible que a organización do mesmo non lle costase un só peso ao Concello. Os datos son incontestables e non admiten discusión algunha: máis de 100 participantes nas distintas categorías do torneo de futbito 3x3; hinchables de precisión en todas e cada unha das parroquias do concello (salvo Arou, onde problemas de última hora fixeron que os arouáns vexan retrasado a presencia do chutómetro nas súas terras); gradas ateigadas para contemplar o encontro entre a Asociación Galega de Xogadores de Fútbol Sala e unha Selección de estrelas da Segunda B e a Terceira División galegas, reclutados por Juanillo para deleite dos seus compatriotas, etc...

Nin siqura a chuvia, que frustrou que fose a Praza do Mercado a cancha que acollese ao torneo 3x3, foi quen de empañar a celebración da data festiva que marcaba o pistoletazo de saída para o Nadal no noso Concello. Por todo elo, frente a mentira, o engano, a farsa que protagonizaron o xa difunto exercicio 2011, parece que polo que respecta ao calendario político o 2012 preséntase como o ano da esperanza, o do aire fresco, o das gañas de construir algo fermoso frente ao asco xeralizado e emporcamiento masivo que algúns supervivientes cas súas actitudes lle imprimiron ao 2011.

{phocagallery view=category|categoryid=798|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario