1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os Leóns do Camariñas levan unha traxectoria envidiable nesta ligaAgora que o FC Camariñas parece estar imbuido nunha perigosa mala racha, o resto dos equipos do concello empezan a asomar tímidamente a cabeza. Tal  vez desta conclusión podemos extraer ao histórico Porteño que nesta derradeira xornada dou o golpe de autoridade que a súa gloriosa traxectoria demandaba. Polo demáis continúa firme o paso das diferentes canteiras deportivas do concello de Camariñas, as cales teñen sin o menor asomo de dúbida en José Manuel Cabrejo Pasantes ao seu mellor valedor. Traballador infatigable, experto coñecedor, rixe dende o seu humilde despacho na Casa Consistorial os destinos canteirísticos dos nosos rapaces unha persoa que fixo do amor ao deporte un modo de vida. Todo ese caudal de sabiduría, experiencia, laboriosidade aprendido ao longo de toda unha vida de éxitos profesionais posta a disposición dos nosos rapaces. Nunca unha xeración de Camariñas se vío nunha igual en toda a nosa historia. Mellor que unha oportunidade de semellante calibre a aproveiten os nosos chavales. Cousas tan boas raramente suceden. E cando suceden as Forzas do Mal poñen en xogo toda a súa malignidade para non facelas durar.
TERCEIRA DIVISIÓN

DORNEDA 0-1 CERCEDA
Partido xogado en Oleiros nun terreo de xogo no que máis parece un campo de fútbol sala que un campo propio para o fútbol 11. Tres puntos que acadamos ante un rival que no seu terreo de xogo gañoulle aos favoritos da categoría, por iso esta victoria é moi importante. Joselu foi o autor do gol da victoria.
Agora toca vacacións, pois a liga non voltará ata o vindeiro 8 de xaneiro do vindeiro 2012 onde xogaremos en Vigo ante o Rápido de Bouzas.

SEGUNDA REXIONAL

CORCUBIÓN 1-0 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas que perdeu o partido nuhca xogada polémica na que o colexiado Sinalou penalti cando a falta foi fora da área. Está o Camariñas de Manolín nunha mala racha de resultados, couse que aproveitou o Club do Mar para collelo na clasificación, agora comparten liderato. Chegan as vacacións para que o Camariñas recupere efectivos, pois últimamente, apenas eran 12 xogadores na convocatoria. A próxima xornada o Camariñas recibe ao Pindo no Hermanas Patiño.

TERCEIRA REXIONAL

XAVIÑA 2-1 CORCOESTO
Victoria do Xaviña de Pepucho ante un Corcoesto que se presentou a xogar con 9 homes. Tres puntiños máis que fan que o Xaviña comece a escalar postos na táboa clasificatoria. Elvis e Búa foron os goleadores do Xaviña que debido a confianza estivo a piques de levar un susto. A vindeira xornada o Xaviña xoga en Louro ante o Montelouro.
CAMELLE 2-3 CERQUEDA
Derrota do Camelle que mereceu máis ante o Cerqueda que aproveitou os erros locais para gañar un encontro no que os Camelláns erraron unha pena máxima que foi determinante. Os goles do Camelle foron obra de Sergio e de Mario. Moito público no Hermanas Patiño para presenciar este choque. A vindeira xornada o Camelle xoga como visitante ante o Alcaián.
LIRA 0-4 PORTEÑO
Victoria contundente do Porteño de gerpe que venceu claramente en Lira. Voltan a senda da victoria os homes de gerpe que queren acercarse aos postos de cabeza. Pejo, Álex por partida dobre e Brais foron os autoes dos goles dun Porteño que dominou claramente o encontro. A próxima xornada, o Porteño recibe no Hermanas Patiño ao Carnota.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
ZAS 2-3 CAMARIÑAS
Victoria do Camariñas de de la Sierra ante o Zas nun encontro no que os Camariñáns pudieron gañar con máis claridade. Con esta victoria e a falta de 2 xornadas, o Camariñas asegura a súa participación na fase de ascenso. A vindeira xornada tralo parón Navideño, o Camariñas recibe ao Baio.
LIGA CADETE
CAMARIÑAS OS LEÓNS 5-0 PONTECESO
Partidazo dos rapaces de Sergio que golearon a un Ponteceso nun partido moi completo e no que sumaron 3 puntos máis. Está o Camariñas nunca dinámica moi boa e nótase o traballo que se está a levar a cabo. Juan de Arou, carlos de Camelle, Jordi e Carlos González en duas ocasións foron os goleadores do Camariñas. A próxima xornada, os Camariñáns visitrán ao Muxía.
SONEIRA 3-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Ordóñez ante o Soneira no derbi disputado en Vimianzo. Ao igual que os Camariñáns, o Porteño cada xornada que pasa está facendo mellores encontros e poniendo en moitas dificultades a conxuntos teóricamente superiores que levan anos xogando a liga cadete. A vindeira xornada, o Porteño recibirá no Hermanas Patiño ao Santa Comba despois do parón de nadal.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 1-8 ESTEIRANA
Derrota dos rapaces de Vi ante un Esteirana que demostrou máis oficio xa que levan moitas tempadas xogando a liga infantil de fútbol. A pesar das derrotas, estes rapaces están a aprender moito e de suguro que lles servirá de experiencia para vindeiras tempadas. A próxima xornada As Baleas xoga en Carnota.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
Descansou o Camariñas que a próxima xornada xogará ante o Castriz como visitante.
SEGUNDA DIVISIÓN
CORME 0-1 PORTEÑO
Victoria do Porteño en Corme que serve para romper unha mala racha de resultados que viñan colleitando últimamente. Agora toca parón Navideño e recargar pilas para afrontar este último treito ligueiro. A próxima xornada o Porteño recibe ao Corcoesto no primeiro partido da segunda volta.
MUROS 1-1 CAMELLE
Empate do Camelle en Muros ante un conxunto local que se empregou con moita dureza. Gol antológico de Manolo dende o medio do campo que lle valeu un punto para o Camelle. A vindeira xornada o Camelle recibe ao líder, o Soneira.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
CANGAS 42-25 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota dos nosos xuvenís ante un Cangas que un dos conxuntos favoritos ao título. Agora toca descanso, e recargar as pilas para afrontar a segunda parte do campeonato. A próxima xornada o Camariñas xogará como visitante ante o Teucro.
LIGA CADETE MASCULINA
CANGAS 58-12 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota dos cadetes Camariñáns en Cangas ante o favorito nun partido no que os locais foron moi superiores. Despois do parón de Nadal, o Camariñas xogará en Pontevedra ante o Teucro.
LIGA CADETE FEMENINA
Descansaron as Camariñanas que tras o parón de Nadal xogarán en Moaña.
LIGA INFANTIL FEMENINA
Descansaron as infantís Camariñanas que xogarán en Moaña ao igual que as cadetes despois de recargar forzas neste parón por vacacións de Nadal.

Esto foi todo canto dou a xornada. Desexámoslle a tod@s unha FELICES FESTAS. Dende CAMARINAS.EU, a web de todos a que ten ideas propias e creativas, voltaremos con máis deporte no vindeiro mes de Xaneiro. Saúdos a tod@s.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.