1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As palilleiras non conseguiron abatir ao RasoeiroA pasada fin de semana o Encaixe caeu por un 20-26 fronte o Rasoeiro. Encontro moi igualado dende os primeiros minutos onde as camariñanas puideron levar a cabo o seu xogo ofensivo, aínda que as sucesivas intervencións da gardameta visitante non deixou opción para porse por diante no marcador. Con isto chegouse ao descanso cun 10-13 a favor das visitantes.

Xa na segunda parte, catro perdas de balón consecutivas foron aproveitadas polas visitantes para favorecer o gol en contraataque. “Hai xogadoras que, por motivos de diferentes baixas de compañeiras, están xogando en postos non habituais e isto provoca certos desaxustes no equipo que non axudan ao xogo cómodo” afirma a adestradora Mónica Barreiro.

BM ENCAIXE CAMARIÑAS (20): Sandra e Sara(gardametas)Laura(3), Cristina Caamaño(3), Juana, Aida (4), Alicia(2), Verónica (E.I), Cristina Sande, Cristina Barreiro(4), Yolanda (2), Karina e Ivana (2).
BM RASOEIRO (26): Paula e Deborah (gardametas); Angela (1); Carla (5); Noelia; Andrea (4), Mº Jesus (2), Andrea (4), Ana (1); Mariña (3); Lorena (1); Lara (5).
Árbitros:  Borja Bermúdez Millan e Andres Tejo Vila.

O Próximo sábado 17 o Encaixe viaxa a Carballal para arrincar 2 puntos o equipo olívico. Mónica Barreiro conta coa incorporación de Karina tras unha lesión.

Engadir un comentario