1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Camelle de veteranos

Non foi esta última unha boa xornada futbolística para os conxuntos do noso concello. Dous empates e dúas derrotas que suavizan a velocidade de crucero que o Camariñas FC imprimira á súa traxectoria nesta tempada, que asemesmo manteñen ao histórico Porteño polo medio da súa táboa clasificatoria e que seguen condeando aos dous últimos en chegar a este mundillo da competición federada, Xaviña e Camelle, aos derradeiros postos da competición. Con todo, vese luz ao final do túnel e nun concello de xentes dotadas de tan inmenso e variado talento para toda clase de artes e deportes, en vindeiras datas acabarán chegando as boas novas. No lo duden.
TERCEIRA DIVISIÓN

Descansamos este fin de semana pasado, non houbo liga de terceira división. Este próximo sábado xogamos en Oleiros ante o Dorneda.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 1-1 CASTRIZ
Despois das tantas victorias seguidas, xa un non se acorda de cantas iban, o camariñas de Manolín empatou a un gol ante o Castriz, nun encontro no que algunha decisión ao meu entender discutida, (como é o deixar ao Moriño no banquillo, a cousa cambiou no segundo tempo cando entrou él no terreo de xogo), impediu que o Camariñas ganara. Sabemos que onde manda patrón non manda mariñeiro, pero cando un xogador é importante para un equipo, éste debe de xogar sempre, ao meu entender, pero non foi este o caso.
O Camariñas perdia 0-1 pero un gol na segunda metade de David serviu para acadar un empate nun encontro no que os locais desperdiciaron numerosas ocasións de gol, e donde o colexiado dou unha lección de cómo non se debe pitar. Pese a todo, o Camariñas sigue de líder. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Corcubión.

TERCEIRA REXIONAL

XAVIÑA 0-3 OUTES
Derrota do Xaviña de Pepucho ante un dos galiños da categoría. Partido no que a pesares do resultado, o Xaviña dou a cara en todo o momento.
Ao descanso xa se chegaba co cero a tres no marcador, todo presaxiaba un marcador de escándalo, pero os homes de Pepucho saíron a demostrar que tamén estaban no campo para decir algo e tiñeron as súas opcións de marcar algún goliño. A vindeira xornada, sábado ás 16:00 horas no Hermanas Patiño, o Xaviña xoga contra o Corcoesto.
CAMELLE 0-3 INDEPENDIENTE DE CARBALLO
Derrota do Camelle de Carlos ante un rival que foi superior e así o demostra o marcador final. Está o Camelle nunca mala racha de resultados, esperamos que ahora que se van recuperando varios lesionados comecen a chegar de novo os resultados positivos para un equipo que ten unha afeción incondicional. O próximo encontro do Camelle será o sábado ás 18:00 horas no Hermanas Patiño ante o Cerqueda.
LAXE 3-3 PORTEÑO
Contra o Laxe e contra o colegiado tiñeron que loitar os de Gerpe nun partido no que remontaron 2 goles en contra e no que o colegiado axudou aos locais pitando unha pena máxima inexistente que permitiu que o Laxe conseguira un punto.
Ismael, Brais e Varela foron os goleadores do Porteño, un Porteño que saleu ao campo algo adormecido e veu como os locais se adiantaban no marcador por 2-0. Na segunda metade, apareceu a mellor versión do Porteño e conseguiron remontar, pudiendo sentenciar o encontro antes de que o árbitro pitara o penalti que tan só o veu él. A vindeira xornada o Porteño xoga en Lira.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 4-2 CORME
Partido fácil para os homes de de la Sierra que gañaron cómodamente a un xovencísimo equipo como é o Corme.
Quedan poucas xornadas para o remate da liga e os Camariñáns van a xogar o play-off ante equipos do grupo sur.
A próxima xornada, o Camariñas xoga en Zas.
LIGA CADETE.
PORTEÑO 1-6 CABANA
Derrota do Porteño de Ordóñez ante un Cabana que foi superior.
Decir que pese as derrotas, os cadetes do Porteño están a demostrar unha ilusión moi grande en cada partido que xogan e estamos seguros que os resultados acompañarán porque cada xornada que pasa o equipo está a crecer.
A próxima xornada, o Porteño xoga en Vimianzo ante o Soneira.
FISTERRA 1-7 CAMARIÑAS
Victoria do Camariñas de Sergio en Fisterra nun dos mellores encontros por non decir o mellor do que ata o momento vai de campeonato ligueiro.
O Camariñas acadou 3 puntos que lle serven para ir escalando postos na táboa clasificatoria.
Carlos de Camelle con 5 goles foi o protagonista do encontro, Martín, Juan completaron a goleada.
A vindeira xornada, o sábado ás 10:30 horas no Hermanas Patiño, o Camariñas recibe ao Ponteceso.
LIGA INFANTIL
CORISTANCO 9-1 AS BALEAS
Derrota contundente das Baleas en Coristanco por nove goles a un.
Estamos seguros de que a pesares das derrotas que están a levar, os rapaces das Baleas que dirixe Vi, este ano van aprender moito e vailles a servir de experiencia.
A próxima xornada, As Baleas recibe ao Esteirana, o Domingo ás 10:30 horas no Hermanas Patiño.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
BAIO 2-2 CAMARIÑAS
Empate do Camariñas en Baio ante o cadro local nun partido moi disputado. Boísimo o punto acadado polos Camariñáns que lles vai a vir moi ben para ir sumando pouco a pouco e así escapar 2 puntiños sobre o Buño que é o equipo que marca o descenso. A vindeira xornada o Camariñas descansará.
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 0-2 CORISTANCO
Derrota do Porteño na casa ante o Coristanco por cero goles a dous. Están nunca mala racha de resultados os da Ponte do Porto que esperemos a poidan truncar na seguinte xornada onde visitan ao Corme.
CAMELLE
Tocoulles descansar aos homes do Socho que esta próxima xornada viaxarán ata Muros para enfrontarse ao cadro Muradán.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
CHAPELA ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Non se chegou a disputar o encontro e quedou aprazado.
A vindeira xornada os Camariñáns xogarán como visitantes ante o Cangas.
LIGA CADETE MASCULINA
CHAPELA ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Ao igual que os xuvenís, non se xogou o encontro e quedou pendente para outro dia.
A próxima xornada o Camariñas xoga en Cangas.
LIGA CADETE FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 38-34 BALONMÁN TUÍ
Victoria das cadetes Camariñanas ante o Tuí nun partido moi completo por parte das Camariñanas que acadaron unha victoria moi merecida.
A próxima xornada as Camariñanas descansarán.
LIGA INFANTIL FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 15-12 BALONMÁN TUÍ
Victoria das infantís Camariñanas ante o Tuí nun partido moi competido por ámbolos conxuntos e no que finalmente a clase das Camariñanas dou o seu triunfo.
A próxima xornada, o Camariñas descansará.

Ata aquí todo canto dou a xornada, todo na túa web, CAMARINAS.EU a web de todos, a das noticias que aportan cousas para tod@s.

Engadir un comentario