3.9444444444444 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (18 Votes)

O F.C. Camariñas perde o partido de máxima rivalidade contra o Porteño

Chegaba o Camariñas a este partido coma favorito para levarse os tres puntos ao seu casilleiro pero o fútbol non sabe de lóxicas. E o balompé da Costa menos. O partido comezaba moi ben para o Camariñas que logrou adiantarse no marcador  despois dun tiro de Brais do Snack que recolleu un balón perdido pola defensa no borde da área pequena. Pintaban ben as cousas para os de Tono ata que o Porteño, nun gran lanzamento de falta de Ismael, marcou un golazo que deixou boquiabertos aos defensas camariñáns. Estaba o partido nunha fase de tiras e afloxas na que o Camariñas estaba máis asentado no campo que o Porteño que se puxo máis atrás.

O frío e o vento parecía que non deixaban pensar aos da Ponte, ata que na segunda parte outro tiro maxistral de Ismael de Braño, gran figura do partido, entrou pola escuadra sen que Marcos de Chano puidera facer nada para evitalo. O Camariñas logrou empatar no último minuto por medio dun cabezazo a bocaxarro de Valeiro pero o árbitro (que se olvidara as tarxetas no vestiario, si si, olvidouas...) anulou o gol non se sabe moi ben porque. En fin, foi este un partido ao que os dous equipos chegaban moi nerviosos e no que se víu que era máis importante quen sería o perdedor que o gañador. Dentro da noticia tes un enlace para ir á galería fotográfica do partido.

 

 GALERÍA FOTOGRÁFICA DO CAMARIÑAS - PORTEÑO

Engadir un comentario