1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Cerceda de Juanillo leva rumbo de facer historia no Campo do RoxoQue gusto e que ilusión cando un está fora do seu pobo chegar á casiña no lonxano lugar onde se atopa (ou ao hotel, como pode ser o caso) e ver por internet todo o que os seus paisanos viviron neste día de hoxe mentras un veciño que escribe está fora. Máis a veces un pasa vergonza. Vergonza polos contos de sempre, contos non procedentes dos seus veciños si non de outra estirpe de xente. Vergonza allea de comprobar como algunhas persoas do seu pobo están dispostas a entrar nunha guerra política que ninguén sabe como vai a acabar. Vergonza de como algúns non teñen o máis mínimo escrúpulo en enfrentar a veciños por motivos políticos. Guerras que, tamén é xusto recordar, se converteron hai uns meses en amenazas moi fortes e que foron vividas nas carnes da redacción de Camarinas.eu (e tamén sufridas polas súas familias) sen que ningunha entente asociativa ou política da vila publicara ningunha ridícula nota de prensa en contra dunhas inxustas acusacións que se verteron contra esta redacción e que acabaron casi nunha brutal persecución tal e como diría Don Antonio Velo (QUE TANTO NOS ACORDAMOS DESTAS PALABRAS: "POR FAVOR, NON PUBLIQUEDES MÁIS FOTOS HISTÓRICAS DE DON ANTONIO...mmmm, NON PUBLIQUEDES MÁIS...."). En fin, non queremos entrometernos o máis mínimo no traballo ben retribuido de algúns e que tan ben realizan. O caso é que, coma sempre, temos a outros exemplos de políticos que si nos dan unha alegría e, axenos a toda esta basura que da noxo, nos mandan unha e outra semana a súa crónica e o seu traballo para meter o seu gran de area no desenrolo do noso deporte. Do deporte dos nosos rapaces, tan importante para eles. E sin cobrar un peso! Estamos a falar, claro, de Juan Cabrejo "Juanillo" (quen si non!). Sin máis preámbulos deixámosvos coa súa crónica e o sei traballo que cada semana podedes ver na súa web: Camarinas.eu, claro!

 

TERCEIRA DIVISIÓN

AS PONTES 0-2 CERCEDA
Valiosa a victoria que conseguimos en As Pontes ante o equipo local nun partido moi completo por parte nosa.
Sabíamos que o conxunto local non estaba atravesando por un bó momento de resultados e iso aproveitámolo.
Aitor Díaz a saída dun córner e Marcos Remeseiro cunha fermosa vaselina, foron os goleadores do Cerceda.
A vindeira xornada, o Cerceda recibe no seu campo de O Roxo, o sábado 3 de decembro ao Somozas.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 3-1 MAZARICOS
Partido máis complicado do que di o marcador final, o que tivo o Camariñas ante o Mazaricos.
Parece que o Camariñas saltou ao terreo de xogo moi confiado e os visitantes tiveron numerosas ocasións para marcar, pero non estiveron acertados de cara gol.
A diferencia estivo na pegada final, mentres o Mazaricos non acertaba, ata errou unha pena máxima que Pombo parou maxistralmente, os de Manolín cando chegaban marcaban.
Javi en duas ocasións e Brais en outra, foron os goleadores nun partido onde destacou Diango, un xuvenil que dou mostras de que pode xogar no primeiro equipo.
A próxima xornada o líder, o Camariñas xoga en Nantón.

TERCEIRA REXIONAL

PORTEÑO 2-2 MUXIA
Tropezón do Porteño de Gerpe ante o Muxía nun encontro disputado na xornada de sábado no Hermanas Patiño.
A pesar de adiantarse no marcador, o Porteño veu como o Muxía lle remontaba o encontro debido a erros defensivos.
A diferencia na táboa clasificatoria non se veu reflexada no primeiro tempo.
Na segunda metade, o Porteño volcouse ante a portería rival e conseguiría empatar o encontro nos minutos de desconto.
Cousillas e Farruco foron os goleadores do Porteño.
A próxima xornada o Porteño xoga en Cabana.
CERQUEDA 4-0 XAVIÑA
Resultado enganoso o que refexou o marcador final, pois o Xaviña mereceu máis e tan só nos minutos finais os locais aproveitaron os espazos que deixou o Xaviña.
Non lle están acompañando os resultados a un equipo que por xogo merece máis.
Parece que vai haber novedades no Xaviña, e xa estaremos atentos a próximas novas que poden ocurrir.
A vindeira xornada o Xaviña recibe o Domingo no Hermanas Patiño ao Alcaián.
CAMELLE
Descansou o Camelle que esta xornada recibe o sábado no Hermanas Patiño ao Fisterra B.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS
Descansou o Camariñas. Esta próxima xornada xoga en Laxe.
LIGA CADETE
PORTEÑO 3-8 CEE
Pese a xogar contra uns dos favoritos, os rapeces de Ordoñez están a demostrar que cada día van a máis e plantáronlle cara ao todopoderoso Cee.
Non están sacando resultados, pero o Porteño é o líder en ilusión e gañas.
A próxima xornada o Porteño xoga en Muros.
CORISTANCO 2- 4 CAMARIÑAS-OS LEÓNS
Victoria dos rapaces de Sergio en Coristanco nun partido no que demostraron que xornada a xornada o Camariñas están a crecer e a creer nas súas posibilidades.
Gañou o Camariñas un partido no que saleu a por todas e no que a pesar de chegar ao descanso con empate a 2, na segunda metade sentenciaron o encontro.
Carlos de Camelle con 2 goles, David e Martín foron os goleadores.
A vindeira xornada, o Camariñas recibe o sábado no Hermanas Patiño ao Esteirana.
LIGA INFANTIL
VIMIANZO 3-3 AS BALEAS
Empate das Baleas en Vimianzo nun partido onde poideron gañar porque foron mellores.
Pouco a pouco vanse asentando como equipo e estes rapaces van a darnos moitas alegrías.
Pablo con 2 goles e Adrián foron os goleadores.
A vindeira semana As Baleas xogan ante o Fisterra o domingo no Hermanas Patiño.

LIGAS DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
CORCUBIÓN 1-0 CAMARIÑAS
Perderon os veteráns do Camariñas nun partido que a priori xa se presentaba como complicado como así foi.
Teñén que cambiar a dinámica negativa e o partido desta xornada preséntase como fundamental.
A próxima xornada o Camariñas recibe ao Bergantiños
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 0-0 CERQUEDA
A falta de gol impediu que o Porteño conseguira sumar 3 puntos nun partido no que mereceron gañar.
A próxima xornada o Porteño xoga como visitante ante o Club do Mar.
CAMELLE 0-2 SOFÁN
Ao igual que o Porteño, a falta de gol está sendo a tónica dun Camelle que domina os partidos pero non consigue gañar.
A vindeira xornada, o Camelle xoga ante o Agualada.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 29-26 TUI
Victoria dos xuveniles do Camariñas ante o Balonmán Tuí nun partido moi serio dos nosos.
A próxima xornada, o Camariñas recibe ao Tirso de Molina.
LIGA CADETE MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 25-34 TUI
Derrota dos cadetes na casa ante o Tuí por 9 goles de diferencia. Seguen sen poder gañar a pesar da mellaría no xogo dos nosos.
A próxima xornada o Camariñas descansa.
LIGA CADETE FEMENINA
SEIS DO NADAL COIA 36-28 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Drrota das nosas cadetes ante o Coia nun partido onde as locais forn as xustas vencedoras.
A próxima xornada, o Camariñas recibe ao Tuí.
LIGA INFANTIL FEMENINA
SEIS DO NADAL COIA 24-8 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota das nosas pequechas ante o máximo favorito, o Seis do Nadal.
A próxima xornada, o Camariñas recibe ao Tuí.

Esto foi todo canto dou a xornada deportiva no Concello de Camariñas. CAMARINAS.EU é a web que informa de todo, a de ideas claras, a independiente.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.