1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Conservas Boya logrou un importantísimo empate fronte ao lider da categoría

Segue o noso redactor xefe de deportes Juanillo a repasar semanalmente toda a actualidade dos dous deportes máis representativos do deporte camariñán a base de crónicas ben feitas, exhaustivas e concienzuas. Un repaso que fai Juanillo non só chamando e avaliando as xornadas cos respectivos adestradores e responsables dos equipos que representan ao concello se non que se presenta a todos e cada un dos partidos aos que este crack do fútbol pode acercarse. Así vémolo de cotío en cantos eventos deportivos se organizan no noso concello, xa sexa balonmano, fútbol, partidas de baraxa, canicas, etc... todo un monstruo da competición. Aquí vos deixamos coa crónica de Juan Cabrejo "Juanillo" o millor xogador da historia da Costa da Morte e, agora, o político máis sensato, honrado e traballador que podades atopar en moitos kilómetros á redonda. Todo un acerto para Camariñas. O que diga o contrario quere dicir que non coñece a Juanillo ou que lle importa un pimiento o seu pobo.
TERCEIRA DIVISIÓN

CERCEDA 1-0 SANXENXO
Partido no que poidemos gañar por un resultado de escándalo si estivésemos atinados de cara ao marco contrario.
Foron numerosas as ocasións que tivemos tanto na primeira como na segunda metade, pero tan só acertamos nunca, Joselu foi o autor do gol que nos daría a victoria.
Como no mundo do fútbol o que falla moito soe acabar pagándo, a nós case nos ocurriu o mesmo, pois no minuto 92 na única chegada dos visitantes, a punto nos estiveron de empatar o encontro.
Recurtamos distancias có líder, o Vilalbés que agora lévanos 4 puntos.
A vindeira xornada, xogamos en As Pontes.

SEGUNDA REXIONAL

SAN LORENZO 1-3 CAMARIÑAS
Segue cun ritmo imparable o Camariñas de Manolín que voltou a gañar a domicilio nun encontro no que o colegiado da contenda foi moi permisivo cos locales, permitíndolles entradas durísimas.
Tivo que remontar un gol o Camariñas para gañar este encontro.
Javi, Leo e David foron os autores dos goles dos Camariñáns.
A próxima xornada, O Camariñas xogará no Hermanas Patiño o Domingo ás 16:00 horas ante o Mazaricos.

TERCEIRA REXIONAL

AT. PEREIRIÑA 0-2 PORTEÑO
Maís traballo do previsto lle dou ao Porteño de gerpe deshacerse do colista, o At. Pereiriña.
O partido foi igualado pero cando o Porteño se puxo serio, notouse a diferencia de plantel entre un equipo e outro.
Os goles do Porteño foron obra de Wi e de Cousillas, dous goles que sirven para sumar tres valiosos puntos que serven para non perder comba cós equipos do alto da táboa clasificatoria.
A vindeira xornada teremos derbi, o Porteño recibirá o vindeiro sábado, ás 18:00 horas no Hermanas Patiño ao Muxía.
XAVIÑA 0-1 INDEPENDIENTE
Non mereceron a derrota os discípulos de Camuel ante o Independiente de Carballo.
O partido era de empate. Non houbo ocasións por parte de ningún dos conxuntos e o gol visitante chegou tras unha xogada a balón parado.
Este resultado non pode afectar a moral do Xaviña xa que de seguro a sorte voltará para axudar a gañar algún encontro.
A próxima xornada, o Xaviña xoga en Cerqueda.
CARNOTA 4-0 CAMELLE
Non mereceu semellante castigo o Camelle en Carnota a pesar do que diga o marcador final.
O Camelle mereceu máis nun encontro onde se enfrontaba a un dos favoritos da categoría, conxunto ao que dominou en moitos momentos do encontro.
Só foi nos 10 últimos finais, onde o Carnota aproveitou que o Camelle estaba volcado en ataque para acadar o empate, para matar o encontro conseguindo 3 goles máis que non fan reflexo ao que sucedeu no partido.
Ó Camelle tenlle que valer o partidazo que fixo e cargarse de moral para afrontar próximos encontros.
A vindeira xornada, o Camelle descansa.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
CAMARIÑAS 4-3 DUMBRIA
Fenomenal a victoria do Camariñas xuvenil ante o líder o Dumbria, nun encontro onde destacou o Yuyo ao conseguir firmar un hat-trick.
Tremenda a tempada dos rapaces de De la Sierra que de non ser por un comezo de tempada irregular, agora estarían pelexando polo título ligueiro.
3 goles do Yuyo e 1 de Diango, serviron para gañarlle ao líder.
A próxima xornada o Camariñas descansará.
LIGA CADETE
CAMARIÑAS OS LEÓNS 0-5 DUMBRIA
Derrota do Camariñas de Sergio ante o líder o Dumbria nun partido onde os visitantes deixárono sentenciado nos primeiros 20 minutos.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Coristanco.
OUTES 5-0 PORTEÑO
Derrota do Porteño de Ordóñez nun dos campos máis difíciles da categoría como é o do Outes.
A próxima xornada, o Porteño xogará o sábado ás 12:00 horas no Hermanas Patiño ante o Cee.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 1-10 CABANA
Derrota das Baleas ante o Cabana nun partido onde os visitantes demostraron que levan tempo xogando ao fútbol e por tal motivo foron mellores.
A vindeira xornada, As Baleas xoga en Vimianzo.

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL
CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 27-27 ADEMAR UNIVERSIDADE DE LEÓN
Empate dos nosos ante o líder nun encontro onde a casta e a raza dos Camariñáns serviu para empatar un partido no que os colegiados unha vez máis barreron para o lado do máis forte.
Na miña opinión (non entendo moito de balonmán)non se demostrou na pista a diferencia que había na clasificación. O líder, con xogadores como os irmáns Goñi, que xa debutaron na ASOBAL,( pois este equipo é o filial do mítico Ademar de León da liga Asobal), veuse sorprendido polo Camariñas de Jota que lle botou testiculina, raza e tamén talento, nun partido donde os nosos pudieron gañar, e donde destacou para min un home, Borja, aínda que moi ben arroupado por tódolos demais.
A primeira vista a diferencia de estatura facía prever un encontro desigualado, a esto hai que unirlle que no Areal os árbitros son anti-caseros total, van co equipo máis potente sempre, pero en realidade, os Camariñáns fixeron de tripas corazón e pesa a tódalas adversidades, demostraron que lle poden gañar a calquera.
Noraboa!!!.
A vindeira xornada, os nosos visitarán a provincia de Pontevedra para xogar ante o Cisne.
PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
ENCAIXE CAMARIÑAS 25-14 BALONMÁN ÁRTABRO
Fantástica victoria das nosas no Pabellón da Ponte do Porto nun encontro no que dende o primeiro momento, as Camariñanas, sairon a por todas e a non se deixar sorprender polas visitantes.
Magnífico encontro das nosas que esperemos lles sirva para coller confianza de cara a próximos encontros.
A próxima xornada, o Encaixe Camariñas xoga en Coia ante o Seis do Nadal.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
Descansaron os xuvenís que recibirán o vindeiro sábado ás 12:00 horas no Pabellón do Areal ao Tuí.
LIGA CADETE MASCULINA
Descansou o Camariñas que esta xornada recibe ao Tuí no Pabellón do Areal ás 10:30 horas.
LIGA CADETE FEMENINA
LAVADORES 40-22 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota das cadetes nunca cancha das máis difíciles da categoría.
A vindeira xornada as Camariñanas xogan en Coia.
LIGA INFANTIL FEMENINA
LAVADORES 22-12 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Ao igual que as cadetes, as infantís perderon ante un dos mellores conxuntos da categoría.
A próxima xornada, as nosas xogan en Coia.

Esto foi todo canto dou a xornada. Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web de todos, a de ideas propias.

{phocagallery view=category|categoryid=781|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario