1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Chegaron as victoria respetivas do Xaviña e do Camelle

Por unha semana o repaso habitual ao fútbol municipal non trae consigo aparellado ningunha tunda de considerables dimensións, chegándose incluso ao extremo de dúas importantes victorias dos dous clubes máis recentes en chegar ao mundillo da competición federada dentro do noso universo futbolístico. Polo demáis continúa o Camariñas FC ca súa velocidade de crucero e nesta derradeira xornada voltaba superar ampliamente ao Muros prometendo que este ano sí pode ser o do tan ansiado ascenso. Único borrón esta semana foi o do Porteño que non poido superar ao Coristanco nun partido xogado de poder a poder. Finalmente, contra un histórico dos camiños do sur, o Vilalonga, alá nas remotas e turísticas terras do Salnés, o Cerceda do autor das liñas que se reproducen máis baixo colleitou un valioso empate, club que para a vindeira semana voltará a xogar contra outro equipo do mesmo concello.
TERCEIRA DIVISIÓN

VILALONGA 0-0 CERCEDA
Empate sen goles o que acadamos nas Rias Baixas nun partido no que novamente voltamos a xogar en inferioridade pola expulsión de Josito no minuto 35 de partido.
O combinado local tivo maior posesión de balón e dispuxo das mellores ocasións pero o gardamallas do Cerceda Christopher, tivo unha actuación sobresainte.
Pese a inferioridade, Joselu e Remeseiro tiveron nas súas botas o gol que nos daría a victoria.
A vindeira xornada, o Cerceda recibe ao Sanxenxo no campo de O Roxo ás 17:00 horas do Domingo.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 3-1 MUROS
Vento en popa a toda vela, non curta o mar se non voa, un velero Chamado Camariñas.
Seguen os de Manolín coa directa posta, esta vez ganáronlle a un Muros que viña como segundo clasificado a terras Camariñanas.
Partido moi completo do Camariñas que non se deixou sorprender polo Muros e dende o primeiro minuto de encontro saleu a por todas e cun Leo que non é Messi pero que leva máis goles que o xogador do Barsa, con este hat-trick xa suma 18 dianas, ahí e nada, acadaba a súa sexta victoria consecutiva.
Están os Juan Vello, Moriño, Brais, Pombo e compañía nun momento doce de xogo que se transforma en resultados positivos.
A vindeira xornada, o Camariñas xoga en Verdillo ante o San Lorenzo.

TERCEIRA REXIONAL

PORTEÑO 0-1 CORISTANCO
Traspés do Porteño de Gerpe ante o Coristanco que chegaba como líder e que aproveitou a sorte dos campeóns para gañar un encontro no que os dous conxuntos demostraron que son do mellor da categoría.
O Porteño tivo máis ocasións, sobre todo na primeira metade pero non estivo atinado de cara a gol.
Na segunda metade, o Coristanco marcaría moi pronto e despois adicaríase a defender moi ben para manter o resultado final.
Decir que Piti, Jorge e Ismael, tiveron que ser sustituidos polo adestrador Gerpe debido a problemas físicos e iso mermou un pouco ao conxunto da Ponte do porto.
A vindeira xornada o Porteño xoga en Cee ante o At. Pereiriña.
CAMELLE 2-1 LIRA
Victoria do Camelle ante o Lira nun encontro moi entretido no que houbo numerosas ocasións por un e outro bando.
O vento e Felipe Barreiro foron os protagonistas do encontro, o primeiro porque soplou cunha forza impresionante producindo variacións de sentido e dirección do balón, provocando xogadas aloucadas.
O segundo, porque foi o goleador dun Camelle que vai a máis e que está acostumándose a gañar os seus encontros.
Está pouco a pouco recuperando efectivos o Camelle e esperemos que en vindeiras xornadas xa poida contar con todo o seu plantel.
A próxima xornada, o Camelle xoga en Carnota.
SONEIRA B 1-2 XAVIÑA
Victoria dos homes de Camuel que conseguiron remontar un encontro no que perdían por un gol a cero no minuto 88 de encontro.
En só 2 minutos doulle a volta o Xaviña a un partido que tiña perdido.
Yuyo no minuto 89 e no 91, anotaría os dous goles que a postre lle daría a victoria ao conxunto Xaviñán.
Está nunha boa racha o Xaviña e a vindeira xornada, o Domingo as 16:00 horas no Hermanas Patiño ante o Independiente de Carballo vai seguir tratando de continuala.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
CORISTANCO 2-3 CAMARIÑAS
Continúan ca racha positiva os rapaces de De la Sierra e voltaron a gañar desta vez en terras Coristanquesas por 2 goles a 3 nun partido moi completo dos Camariñáns que están a subir postos na táboa clasificatoria.
A próxima xornada do Camariñas será ante o Dumbria B, o líder. Necesitan a victoria os Camariñáns para recurtar distancias na táboa clasificatoria.
LIGA CADETE
PORTEÑO 1-4 CAMARIÑAS
Partidazo no Hermanas Patiño nun derbi disputado de poder a poder donde ámbolos conxuntos se empregaron a fondo dando mostras de que cada xornada que pasa os dous equipos van a máis.
Finalmente a victoria caeu de lado Camariñán pero non foi unha victoria fácil, xa que o terceiro e cuarto gol dos rapaces de sergio chegaron nos minutos finais, despois de ter que remontar un gol do Porteño.
Están facendo un gran labor tanto Sergio como Ordeñez cuns equipos que é a primeira vez que xogan ao fútbol 11.
A próxima xornada o Porteño xoga en Outes, mentres que o Camariñas recibe ao líder, o Dumbria no Hermanas Patiño.
LIGA INFANTIL
PONTECESO 10-2 AS BALEAS
Derrota do equipo de Vi ante o Ponteceso na Vila de Pondal nun partido no que os locais demostraron que levan tempo xogando ao fútbol xuntos.
Seguen os rapaces de Vi mellorando e pese as abultadas derrotas, os rapaces están a coller cada dia mellor as grandes ideas futbolísticas do seu adestrador Vi.
A vindeira xornada As Baleas reciben ao Cabana o Domingo as 10:30 horas no hermanas Patiño.

LIGA DE VETERÁNS

PRIMEIRA DIVISIÓN
PONTECESO 2-1 CAMARIÑAS
Derrota dolorosa do Camariñas en Ponteceso ante un rival directo.
Perdeu pola mínima o Camariñas nun partido onde pudieron sacar algo positivo, pois dominaron o encontro durante moitos minutos.
Tras os resultados dados na xornada, os Camariñáns quedan a 2 puntos do descenso.
A vindeira xornada o Camariñas xoga no Hermanas Patiño a partires das 12:00 horas o próximo domingo ante o San Lorenzo.
SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 1-2 MALPICA
A falta de gol impediu a victoria do Camelle do Socho ante o Malpica.
Segue o Camelle xogando mellor que os rivais pero está a notar a falta dun home gol.
De nada serviu o tanto de Manolo xa que o Malpica aproveitou as poucas ocasións das que dispuxo para gañar o encontro.
A próxima xornada o Camelle xogará de visitante ante o Leiloio.
PORTEÑO 1-2 MUROS
Derrota do equipo que dirixe Mario pola mínima ante un Muros que tivo máis tino de cara ao marco rival.
Está a mellorar a pasos axigantados o Porteño, que tivo un comezo de liga moi malo, pero que agora estase recuperando en canto a nivel de xogo e puntos.
A vindeira xornada o Porteño recibe ao líder, o Soneira. Será o sábado ás 18:00 horas no hermanas Patiño.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINA
Descansou o Camariñas que esta xornada xogará como visitante ante o Balonmán Ártabro.
LIGA CADETE MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 21-30 VIVEIRO
Derrota dos cadetes ante o Viveiro nun partido onde o equipo Lugués foi mellor.
A próxima xornada os cadetes do Camariñas descansarán.
LIGA CADETE FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL CAMARIÑAS 25-25 CANGAS
Empate das nosas cadetes nun partido moi disputado que finalmente rematou en empate.
A vindeira xornada, as Camariñanas xogarán como visitantes ante o líder, o Lavadores.
LIGA INFANTIL FEMENINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 10-10 CANGAS
Empate nun partido no que a federación de balonmán vai ter que tomar cartas no asunto, xa que o Cangas chegou moi tarde e tan só se xogaron 10 minutos por cada tempo. A próxima xornada as rapazas Camariñanas visitarán ao Lavadores.

Esto foi todo cando dou a xornada. Felicitamos a todos e cada un dos participantes nas distintas competicións por facer deporte e que así o sigan facendo. Dende CAMARINAS.EU, a web líder da costa, estaremos atentos a todo canto acontece a nivel deportivo cos nosos conxuntos para contarllo a vostedes. Un saúdo.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.