1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As palilleiras conseguiron traer de Bueu un punto que sabe a victoriaEmpate do Encaixe Camariñas fronte o Bm Atl. Bueu cun 30-30. As camariñanas regresan da localidade Pontevedresa con 1 punto moi loitado e con condicionantes do xogo local que non lles permitiron acadar a victoria. Comezaba o encontro con un bó ataque por parte das rapazas dirixidas por Mónica Barreiro poñéndose por diante no marcador acadando no descanso 12-12. O bueu pola súa parte non deixaba escapar as oportunidades en ataque con erros constantes na defensa do pivote que lle brindaba o equipo rival. “Estamos deixando atrás os erros ofensivos que nos caracterizaban, pero neste encontro, o detonante para non obter a victoria foron os constantes erros na defensa do pivote” afirma a adestradora.

Os erros defensivos que xunto coas poucas intervencións das gardametas non permitiron o Encaixe acadar a renda suficiente. Nos dous derradeiros minutos do encontro as Camariñanas xogaban con 2 goles a favor 28-30, pero a exclusión de Cristina Barreiro deixou o equipo en inferioridade numérica  o que lles permitiu o equipo local aproveitar os erros defensivos do Encaixe para anotar os 2 tantos do empate.

BUEU ATLÉTICO  BALONMAN (30): Laura e Daniela (Gardametas); Tamara; Andrea (2); Sonia (7); Elena (3); Fátima (3); Tara (9); Laura Loira; Noelia; Sara (2); Alexandra (4)
ENCAIXE CAMARIÑAS (30): Sara e Sandra (gardametas); Juana (1); Aida (10); Laura (7);Cristina Sande (2); Alicia (3); Verónica (1) E. I ; Cristina Caamaño (2); Ivana Castro; Cristina Barreiro (4); Karina.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.