Os nosos rapaces colleitaron empate que sabe a poucoUn empate que soubo a pouco, pois o Camariñas mereceu máis. Comezou o partido un Camariñas moi nervioso ante o seu público, perdendo balóns en ataque que permitiron ao S.A.R. distanciarse no marcador. Aos poucos o Camariñas foise facendo co partido e recuperando as diferenzas no marcador, para marcharse ao vestiario cun tranquilizador 15-13.

No reinicio do partido, seguiu o equipo conserveiro na súa liña, facendo o seu xogo, conseguindo unha vantaxe máxima de 5 goles (24-19) e co balón en posesión, pero a partir do minuto 45, co partido xa case no peto, volveron florecer os nervios e outra vez as perdas de balón en ataque propiciaron os contraataques visitantes, volvéndose a meter no partido e pondo en serios apretos aos locais, que tendo dous puntos na súa marcadora, téñense que conformar cun inxusto empate.

Destacar polo Camariñas a Fary, Salva e Perón e polo S.A.R. aos contraataques de Gabo e Carlos Rei. O vindeiro sábado ás 7 da tarde visitamos a cancha do Cinco Xotas, sorte camariñáns!!

{phocagallery view=category|categoryid=772|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario