- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 02 Novembro 2011 02 Novembro 2011
O Encaixe Camariñas volta de Chapela cunha derrota sin sorpresas acadando un resultado 35-18. Durante os primeiros minutos o Encaixe aguantou o xogo do Bm Chapela acadando un 9-9 no minuto 20, pero un tempo morto solicitado polo equipo local rompeu o ritmo das camariñanas chegando ó descanso cun 17-9. A desconcentración das visitantes na segunda parte foi suficiente para que as compoñentes do Chapela aproveitaran para acadar o resultado final. Mónica Barreiro destaca o gran acerto da gardameta Sandra e eloxia o seu gran traballo tanto nos adestramentos como nos encontros “o seu esforzo nos adestramentos está tendo o seu fruto; é unha gardameta con obxetivos a largo plazo”.
BM CHAPELA PARAXE CONTRUCCIONES (35): Pamela e Rita (gardametas); Lara (3); Eva; Sandra (10); Iria; Uxia (5); María (5); Andrea (1); Enma (6); Adriana (2); Tamara (3); Alba.
BMF ENCAIXE CAMARIÑAS (18): Sandra e Sara (gardametas); Laura (3); Aida (8); Verónica; Karina (3); Cristina Sande; Alicia (2) E.I; Yolanda; Cris Caamaño (2); Ivana.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.