1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O FC Camariñas de Manolín colle vuelo con unha espectacular goleadaA pesar dos festivos, puentes e demáis xornadas vacacionales o fútbol non para e na costa pois menos ainda con unha nova victoria do noso Juanillo co seu Cerceda que volve merecidamente á senda do trunfo, un FC Camariñas do adestrador Manolín que arrasa con todo o que se lle pole por diante, variadas e variopintas tundas, empates... etc.. etc.. e é que o fútbol no noso concello da para moito e, aídna que pareza que os resultados son repititivos só hai que ir unha xornada a revisar todos e cada un dos equipos para comprobar "in situ" que a historia é diferente en cada partido. Polo menos eso pensamos nos. En fin, aquí vos deixamos ca única crónica que se redacta puntualmente cada semana sobre o acontecido na xornada futbolística (e tamén das canteiras balonmanínsticas) dentro do Concello de Camariñas por parte do Redactor Xefe da Redacción de Deportes de Camarinas.eu: Juan Cabrejo Pasantes "Juanillo", un crack!

 

 

TERCEIRA DIVISIÓN

CERCEDA 1-0 DEPORTIVO B
Partido de rivalidade entre 2 equipos que estaran loitando ata o último momento por entrar en postos de liguilla de ascenso.
O partido tivo un tempo para cada equipo e decidíuse dende o punto de penalti, cando Joselu tranformou unha pena máxima cometida inocentemente por un central do Depor B que despegou coa man un balón que non acarreaba perigo.
A vindeira xornada o Cerceda viaxará ata Cangas para enfrontarse ao Alondras, será o martes dia 1 de novembro.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 6-0 DUMBRIA B
Recital dos homes de Manolín ante o Dumbria B ao que lle endosaron media ducia de goles.
Maxistral o partido do Camariñas ante un rival que estaba sendo dos mellores nesta liga de segunda rexional.
Brais foi un auténtico pesadelo para a defensa dos Dumbrieses que vian unha e outra vez como o de Camariñas convertía nunca autopista o carril dereito. Da suas botas naceron 3 asistencias de gol e un tanto marcado por él mesmo.
Tamén cabe destacar a actuación de Javi que meteu 3 goles.
Leo tamén acudiu a súa cita co gol anotando 2 tantos.
Seguen os Juan o Vello, Moriño e compañía nun momento doce de forma e así o están a demostrar.
O vindeiro encontro do Camariñas será o domingo en Zas.

TERCEIRA REXIONAL

XAVIÑA 1-4 CARNOTA
Derrota dos homes de Camuel ante un dos candidatos ao ascenso final.
Segue o Xaviña sin poder puntuar e o vindeiro partido será un derbi en toda a regra, o martes a tarde no Hermanas Patiño, o Xaviña xoga ante o Camelle
CABANA 4-1 CAMELLE
Seguen sin gañar os de Camelle que están notando moitísimo as numerosas baixas e estes últimos encontros estanos a xogar cos homes xustos.
Derbi entre o Camelle e o Xaviña o que haberá este vindeiro martes a tarde no Hermanas Patiño, onde se espera unha das mellores entradas da tempada.
CORCOESTO 1-1 PORTEÑO
Novo empate do Porteño de Gerpe esta vez ante o Corcoesto.
Partido onde non houbo moitas ocasións de gol e o resultado pódese considerar como xusto.
Xogará o Porteño o martes no Hermanas Patiño ás 12:00 horas ante o Montelouro, partido no que de seguro os de Gerpe voltarán a senda da victoria.
Destacar que o Porteño celebra unha cea-baile este vindeiro sábado para recaudar fondos. Todo aquel/la que queira poderá acudir.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL
MUXÍA 0-5 CAMARIÑAS
Recital dos homes de De la Sierra nun derbi onde os Camariñáns foron moito mellores de principio a fin.
Están nunha racha moi boa os Yuyo, Carlos, Nené, Martín e compañía.
A vindeira xornada, o martes, o Camariñas recibe ao Ponteceso.
LIGA CADETE
CAMARIÑAS 0-4 SONEIRA
Derrota dos rapaces de Sergio nun partido no que mereceron máis sobre todo no primeiro tempo, onde os Camariñáns tiñeron ocasións para adiantarse no encontro.
Tras o descanso o Soneira foi mellor e marcou as ocasións que tivo.
O martes o Camariñas xoga en Santa Comba.
MUXÍA 4-2 PORTEÑO
Seguen os rapaces de Ordóñez mellorando xornada tras xornada e no partido ante o Muxia deron a cara en todo momento.
O próximo encontro do Porteño será o martes no Hermanas Patiño ante o Malpica, partido que se xogará ás 10:00 horas da mañá.
LIGA INFANTIL
AS BALEAS 0-9 MUXÍA
Derrota das Baleas no derbi ante o Muxia.
Seguen notando os rapaces das Baleas a diferencia de idade, mentres a mayoría dos rapaces das Baleas son de primeiro ano, os demais equipo case todos son de segundo e iso nótase.
A vindeira xornada, As Baleas xogan en Santa Comba, será o martes en horario de mañá.

LIGA DE VETERÁNS NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN
BÉRTOA 3-0 CAMARIÑAS
Derrota do Camariñas que non puido facer nada ante o Bértoa.
Partido no que os Camariñáns tiñeron baixas notables, sobre todo na portería onde Álvaro non puido xogar.
A vindeira xornada será no Hermanas Patiño o vindeiro domingo ás 12:00 horas ante o Zas.
SEGUNDA DIVISIÓN
PORTEÑO 1-1 AUGALADA
Empate do Porteño de Mario que segue na boa racha de resultados dende que colleu os mandos do equipo.
Partido que o Porteño xogou en Laxe ante os numerosos partidos que coincidían na mañán do domingo.
A vindeira xornada, o domingo pola tarde, teremos derbi, o Porteño xoga ante o Camelle.
CAMELLE 3-0 DEP. CARBALLO
Victoria do Camelle de o Socho que fai que éstes sigan nos postos altos da clasificación.
Seguen sendo a sorpresa do campeonato e xornada tras xornada estase a ver que non é por casualidade o que estén nos primeiros postos.
Derbi, será o que teremos por todo o alto nesta liga de veteráns de segunda división, o Camelle actuará como local ante o Porteño. Será o domingo en horario de tarde no Hermanas Patiño.

CANTEIRA BALONMANÍSTICA DO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL MASCULINO
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 37-33 PABELLÓN OURENSE
Victoria dos xuvenís do Camariñas nun magnífico partido no que gañaron con todo merecemento ao Pabellón Ourense.
A vindeira xornada o Camariñas xogará como visitante ante o S.A.R.

ESTO FOI TODO CANTO DOU A XORNADA. O MÉRCORES CONTERMOSVOS TODO CANTO ACONTECEU NOS PARTIDOS QUE SE XOGARÁN O MARTES. UN SAÚDO A TÓDOL@S USUARI@S DE CAMARINAS.EU, A WEB LÍDER, A AUTÉNTICA!!!.

Engadir un comentario