1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

As nosas rapazas estiveron a punto de lograr a victoria fronto o Carballal

O Bm Feminino Encaixe Camariñas cae fronte o S.D. Carballal por un 17-18 nunha tarde marcada por un ixunto resultado. Encontro igualado durante os 60 minutos destacando a decisiva defensa Camariñana provocando constantes erros no sistema ofensivo do Carballal. Tardanza dos primeiros goles debido a boas intervención de ambalas dúas gardametas mantendo os equipos na loita polos puntos dende o primer intre, rematando a primeira parte cun 7-7. Xa nos primeiros minutos da segunda parte o Encaixe adiantouse acadando unha renda de 2 goles; 14-12 que se viu ensobrecida polas decisións arbitrais: “o equipo loitou e mereceu quedar cos puntos pero creo que as veces non todo está o noso favor, e neste encontro os colexiados non foron neutrais, o Encaixe foi superior demostrando fortaleza en defensa e provocando os propios erros do equipo visitante non sinalados polo conxunto arbitral”afirma a adestradora Mónica Barreiro.


BALONMAN FEMININO ENCAIXE CAMARIÑAS: Sara e Sandra (gardametas); Aida (3); Cris Caamaño (1); Laura (4); Juana; Karina; Alicia (8), E.I; Ivana (1); Veronica; Nerea; Cris Sande e Yolanda.
CARBALLAL: Alma, Miriam (gardametas); Tania (9); Paula; Yolanda (1); Lorena, Silvia (1); Norma (5); Jenifer; Cintia.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.