5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

As nosas rapazas están a loitar duramente nesta liga 2011-12

O BMF Encaixe Camariñas cae ante o BM Rasoerio nun axustado 25-21 onde a defensa das camariñanas foi o máis notable. Todo comezaba a favor das grovenses , dado a constantes erros defensivos das do Encaixe, poñéndose por diante no minuto 15 con 5 goles de ventaxa. Só fixo falta que transcorrese o resto dos minutos da primeira parte para marchar ó descanso cun 15-8 no marcador a favor das locais. Foi na segunda parte cos axustes defensivos na zona central para deter o sistema ofensivo do Rasoeiro. De novo claros erros na eficacia no lanzamento por parte das do Encaixe e unas dubidosas decisión arbitrais puxeron fin a un encontro onde a loita pola victoria sentíase no minuto 59.

RASOEIRO BM (25): Deborah (gardameta); Angela (4); Carla (4); Noelia (1); Andrea Barreiro (2); Andrea Pintos (1); Mº Jesús (6); Ana ; Lorena (4); Lara (1); Alicia (2).
BMF ENCAIXE CAMARIÑAS (21): Sandra e Sara (gardametas); Laura (3)-Alicia (2)-Cristina Caamaño (2)-Aida (6)-Juana (3)-Karina (2) E.I ; Yolanda (1);Nera ; Ivana; Cristina Sande (2);Verónica.
Arbitros: CURRÁS ESTÉVEZ MANUEL E CURRÁS ESTÉVEZ ALBA ( decisións arbitrais dubidosas; pasos, faltas en ataque…)

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.