Parte da expedición Camariñana que puxo o medo no corpo ao Zamora

O Conservas Boya Camariñas tiña esta fin de semana un desprazamento realmente complicado, non só pola calidade do rival, aínda imbatido nesta liga, senón tamén polo desprazamento ata Zamora con casi seis horas de camiño en autobús.

Saíron os de camariñas as oito da mañan para poder comer en Zamora, e xa alí púidose dar un paseo e contemplar unha cidade realmente preciosa. As seis da tarde comezaba un encontro onde o Conservas Boya dou a cara dende o principio e así sorprendeu aos de Zamora con unha gran defensa e con un ataque rápido, manténdose por diante no marcador en varias ocasións do encontro. O repleto pavillón do Zamora non daba crédito ao ver que os rapaces dun remoto pobo da Coruña estaban dando moita guerra aos de toda unha cidade como Zamora. Chegouse ao descanso cos camariñáns perdendo de só un gol despois de varias exclusións rigurosas dos colexiados.

Na segunda metade comezou de igual forma ata que pouco a pouco as forzas dos de camariñás foron a menos (quizáis debido a viaxe) e pouco a pouco o equipo zamorano foi collendo rendas de dous e tres goles onde os bravos camariñáns non foron quen de acercarse no marcador. E así chegouse o 31 a 26 final.

A próxima semana o equipo que visite Camariñas será o BALONMAN PORRIÑO onde todos temos que estar animando no Pavillón Municipal do Areal ao noso equipo. ¡Vamos Boya!

{phocagallery view=category|categoryid=764|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Engadir un comentario