O Xaviña FC xogará este sábado un importantísimo partido no Hermanas Patiño de CamariñasTelegráfico repaso de Juanillo ao acontecido futbolísticamente no Concello de Camariñas este derradeiro mércores 12 de Outubro, Día da Virxe do Pilar. Unha soleada e espléndida data máis propia para ir ca familia a darse unha contundente homenaxe en calquer restaurante de alto postín e que nembargantes dou na nosa terra para outra multitudinaria treboada futbolística. Treboada na que, como é costume, houbo de todo: triunfos agónicos, insulsos empates, tundas pero das boas, etc... Camarinas.eu, sempre ollo avizor futbolístico, sacrificou unha tarde máis propia para unha siesta despois dunha opípara comellada para darse un garbeo polo universo futbolístico camariñán.

 

 

TERCEIRA DIVISIÓN

OURENSE 0-1 CERCEDA
Próximo encontro será o Donigo ante o Vilalbés en Cerceda

TERCEIRA REXIONAL

CAMELLE 0-6 CORISTANCO
O vindeiro partido do Camelle será o Domingo xogando como visitante ante o At. Pereiriña
ALCAIÁN 1-1 PORTEÑO
O Porteño descansará este fin de semana.

LIGA XUVENIL

CAMARIÑAS 2-4 ZAS
Viaxará ata Baio o Camariñas xuvenil para xogar ante o cadro local.

LIGA CADETE

PORTEÑO 1-8 ESTEIRANA
O vindeiro encontro do Porteño será en Fisterra o próximo sábado.
CEE 2-1 CAMARIÑAS-OS LEÓNS
O Camariñas-Os Leóns xogarán o sabado ás 11:00 no Hermanas Patiño ante o Muros.

LIGA INFANTIL

CEE 14-0 AS BALEAS
O vindeiro partido das Baleas será o Domingo ante o Baio no Hermanas Patiño.

Engadir un comentario