1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Xaviña FC nunha foto de equipo recenteEspectacular xornada a vivida este fin de semana pasado con especial sabor a fútbol do bo. Hubo de todo, grandes goleadas, empates nos últimos instantes, algunha que outra tunda ben posta etc... unha xornada para non aburrirse. Pero para nomear nesta introducción citaremos a enorme victoria no último minuto do CB Camariñas Conservas Boya que conseguíu fronte a un rival directo a tan ansiada primeira victoria na gran liga de 1ª División Nacional. Unha victoria que quedará para os anales da historia do deporte camariñán da man do único medio de comuniciación que non antepoñe intereses (nin medos) políticos aos do conxunto da sociedade camariñana. Pero, ¿cal é este medio? Evidentemente Camarinas.eu. Si non existira habería que inventalo.
TERCERA DIVISIÓN

CERCEDA 1-0 FERROL
Encontro no que recibimos a un dos favoritos (o outro candidadato é o Pontevedra) a acadar o título ligueiro na xornada de onte. O partido non foi moi vistoso para os espectadores pero estivo cheo de tensión, xa que ningún dos dous queríamos perder e finalmente nós tivemos máis fortuna de cara gol e conseguimos lograr 3 puntos de ouro.
O goleador do encontro foi Joselu.
A vindeira xornada, será o mércores dia do Pilar, xogamos en Ourense ante outro dos candidatos a estar entre os 4 primeiros postos, uns postos que dan acceso a xogar a liguilla de ascenso.

SEGUNDA REXIONAL

MALPICA 0-4 CAMARIÑAS
Dou o Camariñas un golpe enriba da mesa o Camariñas de Manolín ante un rival dos chamados a estar nos primeiros postos ao final da liga como é o Malpica.
Non quer o Camariñas deixar escapar a un Club do Mar que non perde comba e que voltou a gañar no dia de onte.
Leo en duas ocasións, Javi e Brais, foron os goleadores do conxunto Camariñán.
Segue terceiro na clasificación o Camariñas a un punto do Dumbria B e a 3 do líder, o Club do Mar.
A vindeira semana o Camariñas recibe ao Fisterra. Nun encontro que vai a ser moi difícil para os Camariñáns.

TERCEIRA REXIONAL

PORTEÑO 1-1 CERQUEDA
Empate do Porteño de Gerpe ante o Cerqueda, un rival que está empatado a puntos có Porteño na clasificación, pero que no dia de onte se a sorte acompañase, o Porteño levaríase os 3 puntos
O partido foi moi disputado, tanto uns coma outros demostraron que se non hai sorpresa, van a loitar por ascender este ano.
Antes do gol, o Porteño tivo ocasións para marcar, como por exemplo un tiro ao pau de Pejo, pero o balón non quixo entrar. Como nota negativa, destacar as lesións de Iago Carril, Ismael e Pepe Wi.
O Porteño adiantouse no marcador por mediación de Pablo Santacristiña e nos minutos finais empataría o Cerqueda, un gol que caeu como un mazazo.
O próximo mércores o Porteño xogará como visitante ante o Alcaián o mércores.

VOLANTES 7-0 CAMELLE
Derrota abultada do Camelle ante o Volantes por un contundente sete a cero.
Notou demasiado o Camelle as numerosas baixas coas que conta e iso influiu a hora de afrontar o partido.
Pese a este mal resultado, non se ten que vir abaixo o conxunto Camellán estamos seguros de que este mércores próximo, no partido que xogará en Coristanco (trocou o partido porque coincidían 3 equipos a xogar o mércores a tarde no Hermanas Patiño), seguro que vai a sacar algo positivo.

CABANA 2-1 XAVIÑA
Mereceron máis os homes de Camuel ante o líder da terceira rexional. Partidazo do Xaviña que dominou ao Cabana en todo menos no marcador.
Cabe destacar que Martín, enviou ao pau dous disparos que de ter un pouquiño de máis fortuna houberan cambiado o transcurrir do encontro.
Tenlle que servir este partido ao Xaviña para coller moral para próximos encontros pese a caer derrotado.
O gol do Xaviña foi obra de Martín ao transformal un penalti.
O vindeiro mércores o Xaviña descansará. Voltará a xogar o vindeiro sábado no Hermanas Patiño ante o Laxe.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL:
CORME 1-2 CAMARIÑAS

Nova victoria do Camariñas de De la Sierra. Esta vez gañaron en Corme por un gol a dous.
Están de terceiros na clasificación os Camariñáns a 6 puntos do Malpica que é líder, pero os Malpicáns teñen un partido de máis.
Este vindeiro mércores o Camariñas recibirá no Hermanas Patiño ás 16:30 horas ao Zas.

LIGA CADETE:
CAMARIÑAS 0-3 OUTES

Partido no que os rapaces que dirixe Sergio sairon un pouco tímidos ante un rival que físicamente impoñía moito.
Estivo o Camariñas o primeiro tempo un pouco perdido, e na segunda metade, tras quitarse o medo de enriba dispuxeron de algunha ocasión para marcar, pero finalmente sucumbiron ante a mayor pegada do Outes.
A próxima xornada, o mércores, o Camariñas xoga en Cee.

CORISTANCO 1-1 PORTEÑO
Empate dos rapaces que dirixe Ordoñez en Coristanco que lles da o primeiro puntito desta liga.
Empate que lles vai vir moi ben a estes rapaces que cada dia están xogando mellor e de seguro van a gañar partidos pronto.
O gol do Porteño foi obra de Pablo ao tranformar de forma maxistral un golpe franco directo.
O próximo mércores, ás 12:00 no Hermanas Patiño, o Porteño recibe ao Esteirana.

LIGA INFANTIL
AS BALEAS 0-10 DUMBRIA
Derrota das Baleas ante un Dumbria superior que leva moitos anos xogando nesta categoría e con rapaces de toda a redonda.
Están a pagar a novatada os rapaces das Baleas xa que é o primeiro ano que xogan a fútbol 11 e iso nótase moito. Ademáis, hai que engadirlle que a maioría dos seus xogadores son infantís de primeiro ano e algún alevín e iso nótase.
O vindeiro partido das Baleas será en Cee o sábado pola tarde.

LIGAS DE VETERÁNS

PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 2-1 ZAS
Victoria do Camariñas de veteráns ante un rival directo para evitar postos de descenso.
Partido moi completo dos Camariñáns que pouco a pouco e con gran esforzo están a escalar postos na táboa clasificatoria.
Martín e Juanjo foron os goleadores do Camariñas.
A vindeira xornada, o Camariñas xoga en Buño.

SEGUNDA DIVISIÓN
MALPICA 2-0 PORTEÑO
Nova derrota do Porteño, desta vez en Malpica por dous goles a cero.
Segue cunha racha moi negativa o Porteño que é último con cero puntos no seu casilleiro.
Esperemos que pronto empecen a gañar partidos para tratar de empezar sumar e escapar dos últimos postos da clasificación.
A vindeira xornada o Porteño recibe ao Leiloio.

CORME 0-2 CAMELLE
Están imparables os homes do Socho e xa son cuartos na cladificación, empatados cos terceiros, a un punto dos segundos e a 2 puntos do líder o Coristanco.
Tito foi o autor dos dous goles, un deles regateando a todos cantos lle sairon ao paso.
A vindeira xornada, partido moi importante xa que reciben ao Corcoesto que é o segundo clasificado.

BALONMÁN NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL
CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 32-31 CANGAS
Partido no que os homes de Jota conseguiron os seus dous primeiros puntos da historia na categoría de primeira Nacional, e conseguíronos dun xeito in-extremis, xa que tan só faltaban segundos cando Borja collía o balón e cun magnífico lanzamento marcaba o gol da victoria para os Camariñáns.
Moita xente no Pabellón do Areal que disfrutou a tope co seu equipo e tamén sufriu moito, pois ata o derradeiro momento non se soubo o desenlace final do encontro.
Noraboa a tódolos compoñentes do Camariñas Conservas Boya e agora a seguir loitando por máis victorias.
A vindeira xornada, o Camariñas Conservas Boya xogará en Zamora ante o Inzamac Zamora.

PRIMEIRA AUTONÓMICA FEMENINA
ENCAIXE CAMARIÑAS 18-34 SEIS DO NADAL COIA
Perdeu o equipo que adestra Mónica ante un dos favoritos desta liga como é o Seis do Nadal.
Pese a derrota, as Camariñanas deron a cara en todo momento e tiñeron que loitar contro o rival e contra o dua arbitral que tivo un labor nefasto contra os intereses das xogadoras Camariñanas. O Seis do Nadal era un rival superior e non necesitaba esas axudas arbitrais.
A vindeira xornada, o Encaixe Camariñas xagará en O Grove ante o Rasoeiro.

LIGA XUVENIL MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 29-26 CHAPELA PARAXE CONSTRUCCIONES
Victoria dos xuvenís do Camariñas ante o Chapela por 3 goles de diferencia.
Partido moi serio dos Camariñáns que consiguen deste xeito o seu primeiro triunfo da tempada.
A vindeira xornada, o Camariñas xoga en Cangas.

LIGA CADETE MASCULINA
ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS 17-45 CHAPELA PARAXE CONST.
Derrota clara e contundente dos nosos cadetes ante un Chapela moi superior.
O próximo encontro do Camariñas será en Cangas.

LIGA CADETE FEMENINA
TUÍ 8-16 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Victoria rotunda das cadetes do Camariñas en Tuí ante o equipo local ao que dobregou tanto en xogo como no marcador.
Valioso triunfo das Camariñanas que de seguro van a coller moita confianza.
A vindeira xornada descansarán as cadetes.

LIGA INFANTIL FEMENINA
TUI 26-15 ESCOLA MUNICIPAL DE CAMARIÑAS
Derrota das Infantís do Camariñas en Tui nun partido onde as Camariñanas xa melloraron moito con respeto ao primeiro encontro.
O próximo encontro, as Infantís descansarán.

Engadir un comentario