1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Cb Camariñas Conservas Boya conseguíu o seu primeiro triunfo na 1ª División Nacional

Vitoria moi traballada do Camariñas, que se impuxo a un gran rival e tamén recien ascendido Cangas Explot. Mineiras do Morrazo. O Camariñas empezou moi ben, pero atopouse cunha fochanca de xogo no intermedio de cada tempo, que case lle custa o partido. Partido, no que se conseguiu a vitoria a base de esforzo e temperamento, sabendo sobreporse aos fallos froito da *bisoñez nesta liga tan complicada e emocionante. Partido dos que fan aficción, pois a falta de 10 minutos perdía o Aboia 25-28 e cun parcial de 7-3 remontou no marcador un encontro que nunca deu por perdido e que loitou até o minuto final cun gol de Borja a falta de 15 segundos, cun cartón vermello para Felipe a 1 segundo do final, que terminou coas aspiracións visitantes. Destacar polo Cangas a Menduiña e o porteiro Lagoa, e polo Camariñas a Fabián, Catalán e Borja. O vindeiro sábado desprazámonos a Zamora para xogar ás 6 da tarde. Todos co Camariñas

{xtypo_rounded2}

Partido no que os homes de Jota conseguiron os seus dous primeiros puntos da historia na categoría de Primeira Nacional, e conseguíronos dun xeito in-extremis, xa que tan só faltaban segundos cando Borja collía o balón e cun magnífico lanzamento marcaba o gol da victoria para os Camariñáns. Moita xente no Pabellón do Areal que disfrutou a tope co seu equipo e tamén sufriu moito , pois ata o derradeiro momento non se soubo o desenlace final do encontro. Noraboa a tódolos compoñentes do Camariñas Conservas Boya e agora a seguir loitando por máis victorias. A vindeira xornada, o Camariñas Conservas Boya xogará en Zamora ante o Inzamac Zamora.

{/xtypo_rounded2}

Comentarios   

kinos
0 # RE: Conservas Boya 32-31 Cangaskinos 12/10/2011 15:54
enhoraboa por ese triunfo.
Responder | Denunciar ante o administrador