1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha brava camariñana pugna polo balón con catro xogadoras do Seis do NadalO Encaixe cae ante Seis do Nadal nun encontro no que as camariñanas loitaron ata o final cun resultado en contra de 18-34. A celebración tiña lugar o pasado sábado 8 de setembro onde o equipo local comezaba con un 1-9 a favor das viguesas, levantando o marcador a partir da mitade da primeira parte co traballo ofensivo de xogadoras como Yolanda e Aida e defensivo como Alicia e Sandra na portería. O xogo dinámico e explosivo do equivo olívico ofensivo poñía nun apreto a defensa do Encaixe que tras varios axustes frenaron o xogo ca pivote visitante. “É un equipo moi forte nesta liga, as xogadoras do Encaixe seguiron na súa liña polo que o equipo está satisfeito co traballo, as melloras son considerables” afirma a adestradora. A próxima fin de sema o Encaixe enfrentarase ó equipo Grovense nun encontro máis axustado.

BMF ENCAIXE CAMARIÑAS: Sara e Sandra (gardametas); Juana (1); Aida (4); Yolanda (2); Nerea (2); Verónica (1); Cristina Sande; Cristina Caamaño (3); Laura Rodriguez (3); Karina Busto (2),; Alicia  e Ivana.
SEIS DO NADAL: Adriana e Mº Isabel (gardametas); Leticia (4); Montserrat; Laura (3); Cristina (1);Erika (5); Yolanda (2);Antea (7); Andrea (5); Nerea (1); Noelia (6).

{xtypo_rounded2}

Perdeu o equipo que adestra Mónica ante un dos favoritos desta liga como é o Seis do Nadal. Pese a derrota, as Camariñanas deron a cara en todo momento e tiñeron que loitar contro o rival e contra o dua arbitral que tivo un labor nefasto contra os intereses das xogadoras Camariñanas. O Seis do Nadal era un rival superior e non necesitaba esas axudas arbitrais. A vindeira xornada, o Encaixe Camariñas xagará en O Grove ante o Rasoeiro.

{/xtypo_rounded2}

Engadir un comentario