1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Gisela gaña outra vez na Feira Cabalar de Castrelo

Andan os mundos que non están para andar estrajando e ahí onde antes che daban un premio e unha man de cartos agora recibes un saquiño de pienso e vas que chutas. Aínda que unha rapaza de curta edade, a nosa querida Gisela recibía unha lección inestimable da actual situación economica-financieira do mundo occidental ahí haberá un mes cando gañaba a exhibición equina da Feira Cabalar de Castrelo e recibía como xusto pago ao seu bo facer ecuestre o saco de marras. Nembargantes, nun inesperado xiro do destino, a crise financieira mundial recompensaba desta maneira ao que se nos paramos a pensar un pouco non deixa de ser un dos principais protagonistas desta clase de eventos: o cabalo, que vía sorprendido e abraiado como a comisión dos máis sabios expertos de Castrelo constituida en Xurado Cabalar premiábao cun saquiño de sabroso pienso extraído (esperemos) dalgunha das máis refinadas e elitistas granxas equinas. A crise financieira xenera de por si unha complexa reestructuración macroeconómica da que, por unha vez, saío gañador un humilde cabaliño branco da Costa da Morte.

Engadir un comentario