O FC Camariñas colleitou un empate nun disputado encontro contra o Club do MarImpresionante a cobertura mediática de Camarinas.eu mediante a man do noso redactor de deportes Juanillo do acontecido en todos e cada un dos encontros desputados este fin de semana. E decimos certamente de todos porque agora se incluirán de agora en diante nesta edición deportiva todos o resumen de tódolos encontros que disputen tanto os equipos senior de balonmán masculino e feminino como a maioría das crónicos dos equipos da canteira balonmanística do noso concello. Un esforzo sen precedentes non só dentro de Camarinas.eu se non por extensión de toda a Costa da Morte e, todo elo, gracias ao mellor xogador de fútbol que dou esta nosa Costa da Morte: Juan Cabrejo "Juanillo".
TERCEIRA DIVISIÓN

CULTURAL AREAS 0-1 CERCEDA
Partido marcado polas reducidas dimensións do terreo de xogo as cales fixeron que non se vira un bó partido de fútbol xa que os dous equipos non querían ningún tipo de sorpresas e as xogadas a balón parado foron a clave do encontro.
Gañamos o partido cún solitario gol de Aitor Días á saída dun córner no minuto 80 de encontro.
Tres puntos acadados nun campo onde os favoritos van a pasalo mal.
A vindeira xornada temos partidazo en Cerceda, recibimos o vindeiro domingo ao Ferrol. Partido que se xogará ás 17:00 horas e será retransmitido pola segunda canle da Televisión Galega.

SEGUNDA REXIONAL

CAMARIÑAS 3-3 CLUB DO MAR
Partido moi disputado e donde o Camariñas xogoulle de tu a tu ao galiño da categoría, o Club do Mar, un equipo feito a base de talonario e que se se cumplen os pronósticos será o campeón de liga.
O Camariñas sempre foi a remolque debido erros cometidos nos goles encaixados pero sempre foi capaz de remontar para acabar empatando un encontro no que a nota negativa foi a lesión do gardamallas local Pombo, quen despois dun encontronazo cun xogador visitante tivo que deixar o campo lixeiramente conmocionado. Como o Camariñas non tiña porteiro suplente, Breo tivo que ocupar a porteria do Camariñas.
Os goles do Camariñas foron obra de Juan o Vello e Leo en 2 ocasións ao tranformar sendos penaltis, o último moi discutido, que o árbitro pitou como compensación a outro que non Sinaloa cando o resultado era de 1 a 1 no marcador.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Malpica.

TERCEIRA REXIONAL

INDEPENDIENTE DE CARBALLO 0-1 PORTEÑO
Victoria agónica do Porteño que gañou o seu partido en Carballo con un gol de Pepe Wi no minuto 85 de encontro que lle da aos homes de Gerpe tres puntos valiosísimos para continuar nos postos altos da clasificación.
Partido onde o Porteño tivo que traballar arreo posto que os Carballeses puxéron as cousas moi difíciles e apretaron durante todo o encontro.
Segue aproveitando e sacándolle máximo rendimento aos goles marcados o Porteño, leva 8 goles a favor nestas 6 primeiras xornadas e tan só 2 en contra demostrando así unha gran salidez defensiva.
A próxima xornada o Porteño recibe ao Cerqueda o domingo no Hermanas Patiño.
CAMELLE 1-5 MONTE LOURO
A mala fortuna coas lesións séguese apoderando do Camelle. Un Camelle que afrontaba este encontro con numerosas baixas e aindia por riba, Diego, despois de sufrir un golpe no nocello, tivo que abandoar a campo e marchar para a Coruña a facer unhas probas para mirar o alcance da súa lesión.Esperamos que pronto poida estar outra vez nos terreos de xogo.
Ante tanta baixa, Coruña tivo que meterse debaixo dos tres paus neste encontro.
Pese a que o Camelle marcaría primeiro por medio de Cristian, o Monte Louro demostraría ser superior e remontaría o partido para gañalo finalmente cunha clara ventaxa.
O vindeiro partido do Camelle sará como visitante ante o Volantes.
MUXÍA 3-2 XAVIÑA
Mosqueados andan por Xaviña có colegiado da contenda que anulou un gol claro despois de que o dera por válido nun primeiro instante e que acabou por desquiciar aos pupilos de Camuel.
Tamén con empate a 2 tantos, Sinaloa 2 foras de xogo inexistentes, cando o on xogador do Xaviña ía encarar ao porteiro visitante completamente só.
Merece máis respeto o Xaviña por parte dos ábitros que últimamente estan tendo un labor desafortunado en contra dos intereses do equipo de Camuel.
Os goles do Xaviña foron obra de Martín e de Brión.
O próximo encontro do Xaviña será en Cabana.

CANTEIRA FUTBOLÍSTICA NO CONCELLO DE CAMARIÑAS

LIGA XUVENIL - CAMARIÑAS 6-0 LAXE
Aplastaron os homes de De la Sierra a un Laxe que foi moi inferior aos Camariñas.
Yuyo en plan estelar, foi o auténtico protagonista do encontro ao conseguir un hat-trick.
A vindeira xornada o Camariñas xoga en Corme.
LIGA CADETE - PORTEÑO 0-9 DUMBRIA
Partido onde os rapaces que dirixe José Manuel OrdÓñez deron a cara ante o gran favorito, o Dumbria, que teñen no seu equipo aos mellores xogadores dos pobos da redonda como é Fisterra, Cee, Corcubión…
Pese a derrota, o Porteño deu a cara sobre todo na primeira metade que remataría con 0-2.
O mayor despliegue físico do Dumbria notouse no segundo tempo.
A próxima xornada o Porteño viaxa ata Coristanco onde xogará na mañá do sábado.
CAMARIÑAS-OS LEÓNS.
Tocoulle descansar ao Camariñas que este próximo sábado ás 11:00 horas enfrontarase ao Outes no Hermanas Patiño.
LIGA INFANTIL - AS BALEAS
Descansaron os rapaces das Baleas. Esta próxima xornada, o Domingo ás 10:00 reciben ao Dumbria ás 10:00 horas no Hermanas Patiño.

LIGA DE VETERÁNS

PRIMEIRA DIVISIÓN
CABANA 3-0 CAMARIÑAS

Derrota do Camariñas na súa visita a Cabana por un resultado que non deixa lugar a dúbidas, 3-0.
O Cabana foi superior neste encontro e non dou opción algunha ao conxunto Camariñán.
A próxima xornada o Camariñas recibe ao Nantón o domingo ás 12:00 horas no Hermanas Patiño.

SEGUNDA DIVISIÓN
CAMELLE 2-1 CORISTANCO

Partido onde os homes de o Socho gañaron ao Coristanco nun partido que dominaron e no que mereceron un marcador máis amplio.
Jamela e Manolo (con un auténtico golazo que xa firmaría calquera xogador de primeiro nivel), foron os goleadores do Camelle, un equipo que fai pasar en grande aos aleccionados que van a velos.
A vindeira semana o Camelle xoga en Corme.

PORTEÑO
Descansou o Porteño esta xornada. A vindeira enfróntase ao Malpica en terras Malpicanas.

BALONMÁN

PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL
OAR CORUÑA 31-23 CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA

Segue o Camariñas Conservas Boya sen poder puntuar e perdeu na Coruña ante un equipo da súa “liga” a pesares de que o marcador final é demasiado abultado.
A segunda metade, na que o Camariñas Conservas Boya fixo un mal encontro foi a que finalmente decantou o encontro cara o lado do OAR.
O máximo goleador do Camariñas foi Fabián con 6 goles.
O próximo sábado, ás 18:30 horas, o Camariñas Conservas Boya recibe ao Cangas no pabellón do Areal. Seguro que vai caer a primeira victoria para os Camariñáns.

LIGA XUVENIL
TIRSO DE MOLINA 50-18 BALONMÁN CAMARIÑAS

Palizón a que levaron os nosos xuvenís ante o Tirso de Molina no primeiro encontro ligueiro.

BALONMÁN FEMENINO
ÁRTABRO 16-28 ENCAIXE CAMARIÑAS

Primeiros 2 puntos das mulleres que dirixe Mónica Barreiro no primeiro encontro da tempada disputado no Pabellón do Novo Mesoiro.
O Encaixe Camariñas a mediados do primeiro tempo, foise no marcador e dende ese instante metería a directa ata o final do partido.
Laura con 8 goles, foi a máxima goleadora das Camariñanas.
O vindeiro sábado, no Pabellón da Ponte do Porto, o Encaixe Camariñas recibe ao Seis do nadal Coia.

LIGA INFANTIL
BALONMÁN CAMARIÑAS 2-22 SEIS DO NADAL COIA

Encontro no que as visitantes foron moi superiores, a diferencia de envergadura era enorme entre unhas e outras de ahí o resultado final.
LIGA CADETE
BALONMÁN CAMARIÑAS 19-29 SEIS DO NADAL COIA

Partido donde as camariñanas deron a cara en todo momento ante un bó rival.
Seguro estas rapazas van a gañar moitos encontros.

Esto foi todo cando dou a xornada. A vindeira teremos máis. Un saúdo a tod@s usuari@s de Web máis importante da costa, CAMARINAS.EU , a de ideas propias!!!

Engadir un comentario