1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Conservas Boya de Camariñas non pudo co OAR da CoruñaSegue o Camariñas pagando a novatada da categoría. Nun partido que comezou tratando de ti a ti a un equipo como o OAR da Coruña, alternadose no marcador durante todo o primeiro período, onde as máximas vantaxes foron de dous goles para cada un dos dous equipos 6-8 e 12-10. Para logo na segunda metade mostrar a outra cara da moeda dun Camariñas nervioso e moi impreciso, onde cada xogada terminaba cunha perda de balón ou unha exclusión. O equipo conserveiro non mereceu unha derrota tan avultada no San Francisco Javier, mereceu perder polas súas imprecisións na última metade, pero a diferenza no marcador non é fiel reflexo da diferenza dos dous equipos, pero si da súa actitude *angte o partido. Destacar polo Camariñas a Fary, Xavi e o primeiro tempo de Victor, e polo OAR aos seus porteiros e a Miguel Lozano e Aitor. O vindeiro sábado ás 18:30 visitaranos o Cangas, Camariñas imos a por todas en ou Areal!!

Engadir un comentario