1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Celebración dun gol polos xogadores do Camelle Sd - Blog do Camelle SD

Xa está aqui a sexta xornada de liga e o noso equipo volve a xogar no Hermanas Patiño. O rival será o Montelouro, único equipo que, polo momento, conta por victorias tódolos seus partidos, sendo, ademais, o equipo menos goleado da categoría. O ano pasado o Montelouro non participou na competición, pero este ano voltou con forza.

Vimos da primeira victoria do ano e sería bo poder continuar nunha línea positiva para ter contenta a magnífica afeción de Camelle, que volverá a ateigar o campo para animar ós nosos rapaces.

O partido desputarase no campo municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas, (98x58m) de herba artificial. As cores oficiais do Montelouro son camisola e pantalón branco.

6ª Xornada:


- Fecha e hora: Sábado 1 de Outubro ás 19:00 horas
- Campo: Municipal “Hermanas Patiño” de Camariñas (sintético)

Fonte: Blog do Camelle SD

Engadir un comentario