1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O Xaviña conseguíu tamén a súa correspondente victoria nunha xornada boísima para os nososHai Juanillo, Juanillo... que tan facil é para algúns criticar e tirar polo chan o traballo que realizas no concello como si dunha bolsa de pipas baleira se tratara. Nos, aquí en Camarinas.eu, non deixamos de imaxinarnos unha suposta Concellalía de Deportes levada por algúns destes que tanto critican o teu traballo e, bueno, millor deixar que pase o conto porque a comparación daría para crónicas ben cómicas (se non ridículas) e non estamos a falar de subir as escaleiras do concello de 3 en 3, cousa por outra parte que fixo famoso nas instalacións consistoriais a Juan Cabrejo. En fin, deixámosvos ca crónica do acontecido na xornada deportiva deste fin de semana en Camariñas. Unha supercrónica na que Juan Cabrejo, o Redactor de Deportes de Camarinas.eu dende fai máis de 2 anos, non falla cada semana: 

Semana fantástica para os equipos de fútbol do Concello onde os catro en categoría amateur gañaron os seus respectivos encontros. Semana na que como podedes comprobar, houbo unha morea de partidos, Fútbol amateur, de categorías inferiores, de veteráns, balonmán …Camariñas có deporte!!!

TERCEIRA DIVISIÓN


CERCEDA 1-2 ESTRADENSE
Mal partido o que fixemos ante o Estradense no que perdemos con merecimento ante un equipo que teóricamente era inferior pero que demostrou que nesta liga, se non corres en cada partido podes levarte sorpresas desagradables como así foi.
Non estivemos á altura en ningún momento das nosas posibilidades e ao final pagámolo.
Espero que este partido nos sirva de ejemplo para outros e non volvamos a caer no erro de pensar que se gaña sen baixarse do autobús.
A vindeira semana xogamos en Ponteareas ante o Cultural Areas.

SEGUNDA REXIONAL


CORME 0-3 CAMARIÑAS
Con contundencia gañou o Camariñas de Manolín ao Corme nun partido onde o Camariñas non quixo ningunha sorpresa dende un principio e demostroulle aos Cormeláns que van a ser un equipo que loitará polo título.
Brais, David e Leo foron os goleadores do conxunto da terra do Encaixe.
Agora toca preparar o partido fronte ao Club do Mar, o galiño da categoría que está chamado a ser o campeón de liga despois de ver como chegaban a Caión fortes inversións de diñeiro para facer un equipo campeón.
Polo tanto, o próximo domingo no Hermanas Patiño, partidazo por todo o alto donde os homes de Manolín intentarán destronar ao conxunto de Repi.

TERCEIRA REXIONAL


PORTEÑO 1-0 SONEIRA
Partido no que o Porteño de Gerpe gañou pola mínima a pesar de que dispuxo de moitas ocasións e de que o colegiado da contenda, non sinalase máis de un penalti a favor do conxunto Porteño.
O gol do Porteño foi obra de Pepe Wui.
Está moi queimada a xunta directiva do Porteño có Sonería, pois consideran que o conxunto Vimiancés está actuando dunha forma pouco elegante para levarse homes do Porteño para o seu conxunto, e no caso Quilmas que se dou esta semana, foi a gota que colmou a paciencia do conxunto da Ponte do Porto.
Esperamos que estes acontecementos non influan no devenir futuro do Porteño e poidan seguir loitando por lograr o ascenso de categoría.
A vindeira semana o Porteño xogará como visitante ante o Dep. Carballo.

AT. PEREIRIÑA 0-1 XAVIÑA
Primeira victoria do Xaviña de Camuel nesta liga e chegou nunca xornada onde os tres equipos do Concello na categoría de terceira regional, gañaron os seus partidos.
Victoria que de seguro vailles dar moita moral a un equipo que necesitaba acadar 3 puntos de sopetón para poder empezar a mirar cotas máis altas.
O goleador do partido foi Diango.
A vindeira semana o Xaviña cambio o seu partido, debería xogar ante o Muxía no Hermanas Patiño, pero ante a coincidencia de dia có Camelle e cós xuvenís do Camariñas, moi amablemente optaron por darlle facilidades ao Concello e xogar en Muxía. Un xesto que é de agradecer.

CORCOESTO 4-7 CAMELLE
Chegou a primeira victoria do Camelle na xornada perfecta para o fútbol modesto do Concello de Camariñas.
Gran victoria do Camelle en Corcoesto nun partido tolo, e donde ninguén se puido aburrir xa que se marcaron 11 goles, 7 deles por parte do Camelle.
Os goleadores do Camelle foron Felipe Barreiro que conseguiu un hat-trick (3 goles/, Mario marcaría 2, René 1 e Iván outro gol para deste xeito dar a victoria dun Camelle que vai a mais.
A Vindeira semana o Camelle recibe o sábado no Hermanas Patiño ao Montelouro.(19:00 H.)

CATEGORÍAS INFERIORES - CANTEIRA


XUVENÍS
Descansou o Camariñas. Este próximo sábado enfrontaranse ao Laxe no estadio camariñán Hermanas Patiño.(16:00 H.)

CADETES
O PORTEÑO descansou e este vindeiro sábado ás 10:30 h. enfrontarase ao todopoderoso Dumbria.

ZAS 0-9 CAMARIÑAS – OS LEÓNS
Victoria contundente dos rapaces que dirixe Sergio onde acadaron unha goleada que lles serve para obter os 3 primeiros puntos da categoría.
Carlos de Camelle con 4 goles, Maikel 2, Juan 2 e Carlos Gonzálz con 1, foron os goleadores do encontro.
A vindeira semana o Camariñas descansará.

INFANTÍS
CORME 7-1 AS BALEAS
Primeiro partido das Baleas en categoría infantil de fútbol once e derrota ante un Corme que leva xa anos xogando nesta categoría e ademais a maioría do seu equipo son infantís de segundo ano e As Baleas son todos de primeiro ano, a diferencia nestas edades nótase moito.
A pesar de todo, os rapaces das Baleas deron a cara en todo momento e seguro van a gañar moitos partidos esta tempada.
Esta próxima xornada, as Baleas descansará.

VETERÁNS


PRIMEIRA DIVISIÓN
CAMARIÑAS 1-3 XUV. BERGANTIÑOS
Deu a cara o Camariñas de veteráns ante un equipo que está chamado a ser campeón de liga.
Partido no que venceu o Xuv. Bergantiños pero no que tivo que loitar porque o Camariñas non se deu por vencido.
A vindeira semana o Camariñas xoga en Cabana.

SEGUNDA DIVISIÓN
DEPORTIVO CARBALLO 5-2 PORTEÑO
Derrota do Porteño en Carballo nun partido onde o resultado dio todo.
Ten que empezar a reaccionar o Porteño posto que ten equipo para estar loitando por postos mais altos na táboa clasificatoria.
Esta próxima xornada o Porteño descansa, esperemos que sirva de xornada de reflexión para cambior o rumbo.

CLUB DO MAR 1-3 CAMELLE
Primeira victoria do Camelle de veteráns ante o Club do Mar nun encontro no que o Camelle saleu a por todas e a levarse os 3 puntos como finalmente así foi.
Juan de Jamela en 2 ocasións, unha delas de penalti e o Socho con outra diana, foron os goleadores do Camelle.
Con esta victoria, o Camelle colócase na metade da táboa clasificatoria.
A vindeira xornada, o Camelle recibe ao Coristanco.


BALONMÁN


PRIMEIRA DIVISIÓN NACIONAL
CAMARIÑAS – CONSERVAS BOYA 19-27 CHAPELA
Tocoulle lidiar ao Camariñas Conservas Boya no seu extreo na categoría de bronce do balonmán Español, ante o favorito, o Chapela, un conxunto que estaba fai 3 tempadas na ASOGAL, e tamén lle tocou lidiar cunha arbitraxe anti-casera, o Chapela demostrou ser superior e non necesitar esas axudas arbitrais, porque hasta os que entendemos pouco deste deporte, sabemos que non se pode defender dentro da área, os chamados 6 metros, pois ben, o Chapela cada vez que recibia o balón o pivote do Camariñas estaban 2 metros dentro e sin penalización por parte do duo arbitral.
De tódolos xeitos, NORABOA a todo o Balonmán Camariñas Conservas Boya por demostrar garra e pundonor ante un equipo superior e que seguramente será o campeón.
A vindeira xornada, os home de Jota, xogarán na Coruña ante o Oar, un rival da “ nosa categoría”.

 

{xtypo_rounded2}

NOTA DE PRENSA:


Xa se poden inscribir tódolosequipos que queiran na LIGA DE VETERÁNS DE FÚTBOL SALA AS BALEAS.
Para inscribirse, hai que chamar ao teléfono 669 841 698 ou na oficina de deportes do Concello de Camariñas. O prazo de inscrición remata o vindeiro venres 7 de outubro.
A reunión dos equipos será o sábado 8 de outubro no Pabellón do Areal ás 13:00 h.
En dita reunión, falarase das normas, cuotas etc.

{/xtypo_rounded2}

Esto foi todo canto dou a xornada.
Un saúdo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS .EU a web de todos, a de ideas propias, a inimitable.

Comentarios   

Jose Manuel Souto
+1 # A xornada de Juanillo 27-9-2011Jose Manuel Souto 28/09/2011 14:11
E un pracer poder descubrir os resultados destes partidos de xeito rapido e profesional.
Especialmente para os que nos atopamos lonxe da nosa terra.
Gracias Juanillo pola tua dedicacion.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.