1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Borja fai voar a defensa do Chapela con un salto increible

O Chapela coa bitola de favorito presentouse en Camariñas con todo o seu potencial demostrando que é un serio candidato ao título. O Camariñas pouco tivo que facer ante un equipo superior e que non vai xogar na liga por manterse, senón que vai loitar claramente polo título. En cambio os árbitros, os irmáns Eiras xa vvellos coñecidos da aficción camariñana, notábaselles predisposición nas súas accións, e iso non é bo para o balonmán. Mediron con distinta bara ás dúas defensas, permitindo moito aos visitantes e moi pouco aos locais. O partido xogouse con moitos nervios por parte do Camariñas, con moitas perdas de balón e excelentes paradas do porteiro visitante Docampo, que xunto cunha defensa de gran envergadura impediron deplegar o xogo de ataque aos conserveiros. Destacar polo Camariñas a Víctor e Fabián e polo Chapela a Docampo e Pablo Vidal.

Antes de comezar o partido a ex-Concelleira de Deportes e actual Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas Sandra Ínsua Rial realizou o saque de honor e foi agasallada polo Club Balonmán Camariñas Conservas Boya cun bonito ramo de flores que foi entregado a esta polo presidente do club Andrés Cerdeiras. Este detalle debeuse a prolífica colaboración que tantos éxitos deu ao balonmán en Camariñas entre o club e o concello.

Engadir un comentario