1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Juanillo, o artífice dos grandes eventos deportivos que se organizan en CamariñasA Primeira Festa da Bicicleta de Camariñas xa é unha realidade para a nosa vila. Acabamos de recibir na nosa redacción en rigurosa primicia o que será o cartel promocional dun importantísimo día para Camariñas. Un día no que se adicará a xornada matutina á celebración da Primeira Festa da Bicicleta que será o prolegómeno da saída dende o porto de Camariñas da segunda etapa da Volta Ciclista a Galicia e que rematará na cidade de Carballo. Etapa que se celebrará gracias as xestións dunha persoa que vivío e vive por e para o deporte e que ama a Camariñas coma ninguén. Estamos a falar de Juan Cabrejo "Juanillo", a que fora sorpresa política das pasadas eleccións con ducias de proxectos e puñados de ilusións agora converteuse nun ciclón de actividades e traballo que están a redundar directamente nas xentes do concello. Así tanto podemos ver a Juanillo tódalas mañáns atendendo e organizando as distintas e extensas actividades deportivas realizadas polo Concello coma reuníndose cos catro equipos de fútbol camariñáns para organizar os seus encontros ligueiros. Todo elo cunha capacidade de traballo poucas veces vista e cunhas ansias de mellorar día a día para ofrecer o mellor dun mesmo para o ben común das xentes do noso concello. Unha persoa, en definitiva, acostumada a competitvidade máis extrema e que estamos seguros nos sorprenderá con moitas máis actividades. De momento xa conseguíu traer a Copa do Mundo de Fútbol á nosa vila e dentro de menos de 15 días veremos o mellor ciclismo internacional na nosa vila. Unha proba ciclista e unha Festa da Bicicleta que, por outra parte, non lles costará un peso ao Concello de Camariñas nin aos seus cidadáns despois de que o novo crack da política na Costa da Morte conseguira 7 patrocinadores que van a costear todo o evento. Noraboa Juanillo e a seguir sorprendéndonos.

Camariñas acollerá a primeira edición do Día da Bicicleta

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.