1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O Porteño realizaou un espectacular arranque de tempada

Comezou a tempada para os equipos da terceira rexional do noso Concello como son o Parteño, Xaviña e Camelle. Como na botica, houbo de todo, unha victoria aplastante do Porteño, un empate do Xaviña e unha derrota do Camelle na súa nova andaina polo fútbol costeiro tras moitos anos desaparecido. A vindeira semana unirase o Camariñas que comezará a nova tempada na segunda rexional e o Camariñas xuvenil que fará o mesmo na súa categoria. No balonmán, o Camariñas conservas Boya continúa de pretempada, preparando o seu debut na categoría de Primeira Nacional, e recentemente ven de gañar o Teresa Herrera de balonmán, ao vencer ao Oar de A Coruña por unha diferencia de 5 goles. Noraboa!!!.

PORTEÑO 4-0 LIRA
Partido que só tivo unha cor, a do Porteño, que foi o que marcou os goles e o conxunto que tivo as ocasións do partido.
Comezan forte os de Gerpe, demostrando que van a ser un dos favoritos para acadar o ascenso.
Os goles foron obra de Brais por partida dobre , Yago Porteño e Pablo Santacristiña.
CORCOESTO 3-3 XAVIÑA
Partido trepidante o que xogou o Xaviña ante o Corcoesto e no que conseguíu finalmente un empate que vale un puntiño na clasificación.
Os goles do Xaviña foron marcados por Angel, Alberto e Martín.
CERQUEDA 4-0 CAMELLE
Derrota contundente a que sufriu o Camelle ante o Cerqueda, un rival que estará pelexando a finais da tempada por meterse nos postos de ascenso.
Non tivo opción algunha o Camelle neste primeiro partido da súa volta á competición tras moitos anos sen facelo.

Esto foi todo canto dou a xornada na terceira rexional. A vindeira teremos máis partidos, os do Camariñas e Camariñas Xuvenil. Pouco a pouco comezarán tamén as ligas dos veterán do Camariñas, Porteño e Camelle, Cadetes do Camariñas e Porteño e tamén os infantís das Baleas. De todo iso e máis. como o balonmán, daremos conta na web de todos, a de ideas propias, a mellor da costa... CAMARINAS.EU

Engadir un comentario