- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 21 Xuño 2011 21 Xuño 2011
Despois das treboadas, tormentas e vendavales da pasada primavera, voltaron as augas ao seu cauce e deste xeito comenzaron as regatas de vela na Ría de Camariñas e puidemos ver a dous concelleiros do actual equipo de goberno municipal dándose un garbeo polo CNC. Foi o pasado fin de semana do 18 e 19 de xuño de 2011, cando tiña lugar a Regata Club Náutico de Camariñas dentro da Liga de Vela Costa da Morte 2011. Ao mesmo tempo o sábado 18 desenvolvíase no Salón de Actos dunha institución pioneira no arco atlántico a súa Asamblea Xeral de Socios, onde os asuntos expostos ás deliberación dos auténticos propietarios do CNC saíron adiante con votacións unánimes. E alí, captando para a posteridade as fazañas veleiras dos nosos regatistas, se atopaba a redactora náutica de camarinas.eu, Estela de Dulia.
Esta foi a clasificación: participaron 10 Optimist, 6 eran do Club Maritimo Carrumeiro e 4 do Club Naútico de Camariñas e un barco da clase Omega. A regata celebrouse en dous dias, o sabado 18 e o domingo 19 e na clase Optimist o 1º posto foi para Manuel Marcote Codesido e o 2º para Cristina Fernández Trillo ambos do Club Maritimo Carrumeiro. En canto aos nosos participantes quedou en 6º posto Daniel Lado Campaña, 7º Adrián Barcia Pensado, 8º Ariana Canosa Canosa e 10º Laura Gonzalez Santos. Na clase Omega quedaron de primeiros e realizaron 5 mangas (catro o sábado 18, unha o domingo 19) a sotavento-barlovento e 4 boias nos seguintes tempos 22min., 23min., 21min., 20min. e o día 19 en 17min. A tripulación estaba formada por Aníbal Pasantes Lorenzo como Patrón, Marcos Amigo Rial na Vela mayor, Rocio Rojo Campaña na Vela de proa e axudándolle Manuel Martínez Suárez.
Entregaronse medallas aos 3 primeiros clasificados na clase Optimist e os 4 participantes da clase Omega do Club Nautico de Camariñas ,e para todos houbo cinturons e gorras co instintivo do Club Nautico de Camariñas. Os premios foron entregados por Sandra Insua, Concelleira de Cultura e Deportes, Alberto Artaza, Presidente do CNC e por Fátima, monitora do Club. Tamén contouse coa presenza de Juanillo na entrega de premios. As monitoras dos distintos clubs foron asemesmo agasalladas cunha visera (Fátima, Alba e Noemi) e Sandra Insua con un kit naútico formado por unha chaqueta ,visera e paraugas do club.
{phocagallery view=category|categoryid=662|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.