1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Dionisio Quelle Rodríguez, máis conocido no mundo do balonmán i entre os seus amigos como “DIONI”, naceu un 20 de novembro do ano 1968 en Vigo. Todos que o coñecen din que sendo un rapaz, aínda en idade escolar, xa mostraba dotes de ser unha persoa que iba a levar o balonmán na sangue, deste xeito, non foi de estranar que tan só con 16 anos, comenzase a súa laboura como adestrador de balonmán, e a partires de ahí, comezaría unha carreira exitosa ata o dia de hoxe, onde apura os seus derradeiros dias en Camariñas, para despois de unha breve estancia na súa terra natal, emprenderá unha longa viaxe que o levará a cruzar o charco en busca de novas metas que estamos seguros estarán ao seu alcance.

A súa carreira como adestrador a pesares da súa xuventude, é moi longa e brilante. Comezaría sendo un neno, con só 16 anos, a adestrar no equipo do seu colexio en Vigo. No ano 1998, adestrará ao Pilotes PosadaDioni co seleccionador español Juan de Dios Román na Casa do Concello en categoría Xuvenil. De ahí, marcharíase a Lalín para adestrar ao equipo da capital do Deza en Primeira Nacional previo paso polas categorías base. Tras catro anos en Lalín, decide facer as maletas tras recibir unha oferta irrechazable dende Ibiza, onde chegará a Illa Máxica para adestrar ao San Antonio, equipo de Primeira Nacional Femenino.

Sen sair da illa, collería as rendas do H.C. Ibiza, participando na liga en Segunda Nacional e Primeira Nacional. Como nas illas Mallorquinas non son tontos, todo o mundo que rodea ao balonmán, comezaba a falar maravillas dun adestrador Galego que estaba en Ibiza acadando un éxito tras outro, deste xeito, aceptaría unha oferta para ser o Director Técnico de Balonmán das Illas Baleares onde converte ao equipo Xuvenil Femenino, en campeón de España derrotando na final a Selección Galega.

A pesares dos seus éxitos nas Illas Baleares, como todo bó Galego, a morriña empeza a ser cada vez máis grande, os desexos de voltar a súa terra natal cada vez son máis fortes e debido a iso, decide aceptar a oferta que lle chega dende Camariñas, onde tras unha primeira tempada onde se consiguen os obxetivos a pesares de que él cree que se poido facer máis, logra o mayor éxito da historia do balonmán Camariñán, ser CAMPEÖN de liga e lograr o ASCENSO a Primeira Nacional.

Dende CAMARINAS.EU, desexámoslle a mellor das sortes para o mellor adestrador de balonmán que xamais tivo Camariñas.

¿Cómo foi a túa chegada a Camariñas,quén e cándo te chamaron?
Foi tras un partido onde viñemos a xogar a Lalín có Ibiza, Fran Puga púxose en contacto conmigo para que eu adestrara ao Camariñas. Por motivos familiares eu quería voltar a Galicia, e a pesares daDioni no Café Bar Arnela con Juan Cabrejo diferencia económica, en Ibiza pagábanme moito máis, foi fácil chegar a un acordo.

¿cómo foi a tua primeira impresión do pobo e a súa xente?
Xa coñecía Camariñas de vir de acampada fai uns 10 anos, pero si é certo que esperaba que o pobo crecer amáis, e a impresión de que me dou foi de que estaba exactamente igual que a primeira vez na que estivera aquí. Iba a ser a primeira vez que estivera nun pobo tan pequeño, e a xente estranábase de que eu houbesa cambiado Ibiza por Camariñas.
A xente de Camariñas é como en tódolos lados, haina boa, regular e mala.

Tras unha primeira tempada onde se cumpriron os obxetivos, pensabas acadar semellante éxito este ano?
Teño que decir que a miña primeira tempada, quedeime frustrado, fomos demasiado conformistas, creo que houbéramos podido xogar por acadar o título ligueiro, pero os xogadores foron moi conformistas, logrouse mronto o obxetivo da permanencia e despois deixáronse ir, cousa que non me gustou nada. Este ano foi moi difícil e complicado, debido as lesións, na primeira parte da competición os resultados eran malos. Este motivo fixo que puxera o meu cargo a disposición do clube e dixéronme que me deixara de películas, que era o mellor adestrador que pasara por Camariñas e iso doume moita confianza.
Todo cambiou a partir dos dous últimos partidos da primeira fase, tiñamos que gañar os dous para clasificarnos, no primeiro deles xogado en Camariñas gañamos por 15 goles ao Tirso e na última xornada en Poio, tamén gañamos por goleada. A partir de ahí, fixándome no nivel de xogo acadado, sabía que íbamos a loitar polo campeonato.

¿Cal foi o partido onde dixeches,” vamos a ser campeós!”?
Foi en Cangas. Eu estaba enfermo e non puiden viaxar e o equipo gañou na casa do favorito facendo un partidazo.

Juanillo e Dioni nun momento da entrevista fronte ao porto de Camariñas
¿Cómo che gusta que sexa o equipo que ti adestras?
Quero un equipo equilibrado en ataque e defensa. Aquí en Camariñas, incidín na faceta de defender, de ir a partidos con marcadores por debaixo de 30 goles. Tódolos partidos no que nos marcaron máis de 30 goles perdémolos. Có carácter do plantel, coa entrega e sacrificio que hai, a defensa foi a que nos levou a acadar este éxito.

Na fase de ascenso, cando supeches os equipos cos que os íades a enfrentar, ¿confiabas no ascenso?, ¿cal era según o teu punto de vista o rival a batir?
Confiaba en pelexar por ascender, tan só tiña medo da presión de xogar na casa, tiña medo que os xogadores acusaran o exceso de responsabilidade. Para min o máis importante é gañar a liga, o quedar campeóns é o que queda na historia, a fase foi un premio tras haber feito historia gañando a liga que é o trofeo á regularidade. Entón si gañabas a fase de ascenso ben, e se non, pois non pasaba nada.
Nós ascendemos na primeira fase que xogamos, o Cangas leva 3 fases de ascenso e aínda non conseguiu o seu obxetivo de ascender en ningunha das 3.
O rival a batir tíñao claro, o Salamanca. Por presuposto, cidade etc, era o rival que tiña case a obriga de ascender, pero o Salamanca topouse co mellor Camariñas, foi o mellor partido que fixemos, e a primeira parte do partido ante o Salamanca foi a mellor que rocordo nunca, foi IMPRESIONANTE!.

Dioni deixa Camariñas co seu equipo en 1ª División¿Cómo definirías ao teu plantel?
Hai xogadores de todo tipo, temos de todo como na botica. O que máis os caracteriza é o carácter e a entrega que teñen. Son un equipo compensado.

¿Eres consciente do éxito acadado?. ¿ A quen llo adicas?
Supoño que si.Eso creo. Dedícollo a miña familia, miña muller aguantoume todo este tempo que lle adiquei ao balonmán, saindo de viaxe para ver partidos, adestramentos etc. Tamén a meu pai que faleceu o 1 de setembro, eu quería adicarlle algo importante e aquí está.
Quero darlle as grazas aos rapaces que son os que verdadeiramente teñen o mérito.

Sabes que eres o adestrador que fixo historia có balonmán en Camariñas,¿Cómo vas a levar isto?
Que va!. Outros estiveron antes que fixeron un traballo extraordinario do que eu me aproveitei. O maior éxito é dos rapaces.
Eu tratei de levarme ben con todos. Hai unha persoa que é especial para min, o labor de Moncho, o capitán, quero resaltalo por encima de todo, foime de moita axuda, sempre tirou do grupo, era o home da miña confianza dentro e fora da pista. A calquera lado que fose de adestrador, levaríao conmigo.

¿Deixas moitos amigos en Camariñas?
Si. Campaña e Kin son dous exemplos de amigos. Quero aproveitar dende aquí para darlle ánimos a Campaña por todo canto está a pasar debido a certos personaxillos que están a atacar a súa persoa sen sentido ningún. É unha persoa excelente que mira polo mellor para o seu pobo, de eso non hai dúbida. Quero aproveitar para decirlle que eu para enfadarme con alguén, ese alguén ten que ser importante, no caso de Camapaña que faga o mesmo. Ë todo un ejemplo.
Moncho, Andrés, Fran, Perón…son amigos para toda a vida.
A directiva do equipo é espectacular, todos e cada un de eles/elas. Teríaos que nomear a todos, son un ejemplo de prsoas honestas, traballadoras que queren o mellor para o seu equipo. Quero agradecerlles o trato que me dispensaron estes 2 anos.
A paellada que me organizaron, fixeron todo desinteresadamente… son estupendos!

¿Que futuro lle espera ao balonmán en Camariñas?
Dioni xunta o Alcalde de Camariñas Pichurri no recibimento ofrecido polo concello ao Conservas BoyaPrimeiro hai que facer un esforzo mayor a nivel institucional i empresarial para que esto non quede nunha anécdota. Agora os gastos vanse a duplicar. É fundamental seguir traballando a base. Nun pobo tan pequeño é un orgullo que todo equipo sexa de Camariñas a excepción de 3 xogadores. Espero que a afección responda como o fixo na fase porque é fundamental, para a tempado vindeira tódolos partidos serán como os da fase, decisivos.
A nivel deportivo aínda que poida soar a chiste, eu só lles diría que xoguen para ser campeóns, con humildade, pero convencéndose das súas posibilidades, de que se pode gañar a calquera, hai que sair a ser campeón e despois a competición xa porá a cada un no seu sitio, e si se queda último,pois non pasa nada, pero hai que ter ese carácter gañador sempre. Na miña opinión no balonmán debería de ter máis sentido de clube, como nos demais deportes. Sería un paso adiante traballar como un clube máis que como unha escola. Este ascenso chega tras un traballo previo de 16 anos, por iso ter paciencia e moi importante.

¿Porqué te vas?. ¿Haberá volta algún dia?
Por motivos familiares, única i exclusivamente. Nunca se pode decir nada, as portas están sempre abertas, pero non creo que volte. De visita seguro que si. Só quero que non me boten de menos porque iso significaría que as cousas van ben.

Cando lle digo a Dioni se quere añadir algo máis, dime que quer perdir perdón se algunha vez lle fixo dano a alguén decindo algo. Faime referencia ao mal entendido que tivo con Vi, adestrador das Baleas, onde quer voltar a pedirlle perdón si lle faltou en algo (dígolle que eu coñezo a Vi e sei que todo está zanxado, que xa se disculpou en moitas ocasións). Todo un cabaleiro “Dioni”,honesto ante todo, unha persoa que nos di que os rapaces non teñen que ter medo a practicar un ou outro deporte, que teñen que xogar a 2 e incluso 3 deportes, para unha vez chegado a unha edade de 14 anos máis ou menos, elexir o que eles queiran.

TEST PERSOAL A DIONI QUELLE


Un equipo?. O Barsa de Valero RiveraDioni xunta seu fillo Teo e o seu amiguiño
Un xogador?. Richardson
Unha cidade?. Barcelona
Un lugar para visitar?. París
Un coche?. O R8 polo cariño que lle teño, o primeiro que tiven.
Unha colonia?. Hugo Boss
Unha comida?. Croca
Unha bebida?. Coca cola
Unha cor?. Azul
Un libro?. El alquimista de Paulo Coelho
Unha película?. En busca de la felicidad
Un actor?. Hill Smith
Unha actriz?. Ema Suárez
Un grupo musical?. Estopa
Unha canción?. Pájaros de Barro de Manolo García
Un partido para recordar?. Balonmán Camariñas vs Salamanca
Un partido para olvidar?. Bueu vs Camariñas
Un refrán?. Cando as barbas do teu veciño vexas cortar pon as tuas a remollar.
Un desexo?. Que non teña que botar de menos estes 2 anos que pasei en Camariñas e que eles non me boten de menos a min porque será que as cousa van ben. Que queden os bós recordos.

DIONISIO QUELLE RODRÍGUEZ, “ DIONI “, que teñas toda a sorte do mundo alá por onde vaias.

Vaise o adestrador que levou ao máis alto ao CB Camariñas Conservas Boya: Dioni Quelle

Comentarios   

diegoalfr
+1 # Ata sempre Dioni!diegoalfr 09/06/2011 07:15
Espectacular entrevista de Juanillo ao xa lexendario Dioni Quenlle, o adestrador que levou ao balonmán de Camariñas ao máis alto da súa historia. Foi un honor e un pracer para min seguir dende detrás da cámara a maior parte dos partidos xogados polo Conservas Boya esta temporada ata chegar ao cume do partido contra o Salamanca... eso foi o máximo! Tamén desexarlle a Dioni e a súa entrañable familia o mellor e recordarlle que sempre terán aos seus amigos de Camariñas para o que necesiten. QUE NON NOS OLVIDEN!.

Para finalizar tamén sumarme ás palabras de Dioni e darlle ánimos a meu amigo Campaña que, despois de todo o que traballou e traballa para que o pobo de Camariñas tuvera as mellores festas do Carmen e o mellor equipo de balonmán de Galicia, teña que estar de baixón por culpa dous ou tres tarados... CAMPAÑA THE BEST!! NON OFENDE QUEN QUERE, SE NON QUEN PODE!
Responder | Denunciar ante o administrador