1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O FC Camariñas xogará a fase de ascenso a 1ª Rexional

Apura a tempada as últimas estacións da Liga Regular e os ollos xa están postos nas distintas fases de promoción na que un ano de competición, de duros esforzos, se xogará a todo ou nada. Nesas andan o Cerceda de Juanillo, pendente de coñecer o seu rival no asalto á Segunda División B e o Camariñas, que xa coñece adversario no seu ansiado retorno á Primeira Rexional. Nada mellor para o deporte camariñán que emular en fútbol o histórico éxito acadado polo Conservas Boya no balonmán. E é que este poder ser o ano de ouro para o noso deporte.

CERCEDA 1-0 PONTEVEDRA B
O Cerceda gaña un partido de trámite no que un gol acadado por César Otero valeu para poder levarse os 3 puntos que había en xogo. Falta por saber o rival que nos espera na fase de ascenso á categorá de bronce do fútbol Español, rival que sairá do sorteo que se celebrará o vindeiro luns 16 de maio. Moita sorte!!!


PORTEÑO 2-0 CORME
Victoria do Porteño no último partido de liga ante o Corme por 2 goles a cero. Os goles do conxunto local foron obra de Ismael. Foi o último partido do Porteño en segunda rexional, a vindeira tempada tocaralle competir en terceira rexional, pero estamos seguros de que será una categoría de paso, pois o Porteño ascenderá a próxima tempada para xogar na categoría que merece por historia.

MALPICA 4-4 CAMARIÑAS
Festival de goles no partido entre o Malpica e o Camariñas no que o peixe xa estaba todo vendido e ámbolos adestradores déronlle minutos a xogadores que non viñan tendo moitos minutos. Os goles do Camariñas foron obra de Mané, Juan o Vello, Brais e Nico. Xa foi o sorteo da fase de ascenso e o Camariñas non tivo sorte, xa que terá que xogar a fase previa ante o CARRAL. O vindeiro Domingo 15 de maio no Hermanas Patiño terá lugar o partido de ida entre o CAMARIÑAS VS CARRAL. Moita sorte Camariñas!!!!.

COPA DA COSTA


CAMARIÑAS 2-0 LAXE
Vendeu cara a eliminación o Laxe ante o Camariñas que cando apretou, demostrou ser superior ao conxunto Laxense. Pasou a eliminatoria o cadro que dirixe Manolín por un marcador global de 3 goles a cero. En oitavos de final, o Camariñas enfrontarese ao Independiente de Carballo, sendo o primeiro partido este próximo sábado 14 de maio en Carballo.

MUXIA 2-1 PORTEÑO
Despediuse da copa o Porteño que perdeu en Muxía por 2 goles a 1. O resultado do partido de ida fora de empate a un gol. Partido marcado polo forte vente que había no campo de Arliña en Muxía. Na primeira metade o Porteño xogou a favor de vento e Ismael adiantaría aos da Ponte do Porto cun gol olímpico. Na segunda metade empataría o Muxía e o Porteño perdería por lesión ao seu único porteiro que tiña na convocatoria, a Sacho. Roi tivo que ponerse baixo os paus. No minuto 90 o Porteño puido sentenciar a eliminatoria pero marrou una ocasión clara, e na contra, o Muxía conseguía o tanto da victoria.

SAN LORENZO - XAVIÑA

Partido que non se disputou por non ter o Xaviña efectivos suficientes.

COPA DA COSTA DE VETERÁNS
MILAGROSA 0-0 PORTEÑO

Bó resultado do Porteño de veteráns no partido de ida de cuartos de final onde conseguío empatar a cero goles nun encontró moi disputado. Agora tocará rematar a faena no partido de volta. Moita sorte Porteño!!!

AS BALEAS. CAMPEONATO PROVINCIAL EN RIBEIRA


ALEVÍNS
Pese a non conseguir quedar campeón, hai que quitarse o sombreiro ante estes rapaces que loitaron com melloriño da provincia de Camariñas e deron a cara sempre, demostrando que en Camariñas hai canteira. Tocoulles pelexar en semifinais ante o mellor equipo, o mítico Parrulo, e caeron por 8 goles a 3. No terceiro a cuarto posto, As Baleas enfrontouse ao Ames, e os nosos perderon con honra por 6 goles a 2. Cuartos clasificados da provincia de A Coruña, eso é un éxito !!!NORABOA RAPACES!!!!

AS BALEAS. FÚTBOL 7
BENXAMÍNS
: AS BALEAS 2-6 CORISTANCO
Non puideron os nosos máis pequechos ante un Coristanco que demostrou ser superior neste encontro.

ALEVÍNS: AS BALEAS 1-2 CORISTANCO
Pagoron o esforzó do dia anterior os alevíns que viñan de disputar o campeonato provincial e iso notouse. Os nosos alevíns estaban moi cansos e pese a todo deron a cara e mereceron máis nun encontró no que ao final perderon por 1 gol a 2. Pese a todo, FELICIDADES CAMPEÓNS!!! A vindeira xornada, As Baleas xogarán en Baio.

Dende CAMARINAS.EU queremos felicitar ao CB CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA de balonmán por haber acadado o ascenso a primeira división nacional.
NORABOA!!!!

 

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: A Xornada de Juanillo 08-05-2011Beldoña 11/05/2011 07:52
...Pois, A POR ESE ANO DE OURO, JUANILLO. SUERTE, AMIGO.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador