1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nunha mañán de cans, con vento, chuvia e moito frío, máis propia do mes de xaneiro, o CB Camariñas fixo historia e entrou na leyenda. Mañán de paixóns extremas, de bágoas incontibles de ledicia e emocións nuns e de pesar e tristeza noutros: a grandeza do deporte no seu estado máis puro adueñouse do Pabellón Municipal de O Areal nun día que difícilmente olvidarán todos aqueles privilexiados que tiveron a sorte de estar alí onde con letras de ouro se escribía a historia. Enfrontado a conxuntos de grandes cidades, maiores orzamentos, superiores recursos, un pequeno club dunha remota vila mariñeira formado maiormente a base de xogadores da terra, dos de andar por casa, acadaba unha xesta difícilmente superable e entraba na gloria en tres irrepetibles días dun fin de semana de maio.

O tan ansiado ascenso cimentábase a base de ouro macizo no segundo día de competición ca victoria ante o Plasencia. Encontro que arrancaba ás 19:00 horas ante un cáseque ateigado recinto municipal e no que ca victoria final por 34 a 30 os camariñáns facían vislumbrable na corta distancia o sono do ascenso. Por outra parte, no seu partido contra os canarios do La Laguna, o Salamanca sufría máis do esperado e impoñíase por un apretado 26 a 24.

Con pouco máis de 12 horas de descanso todo estaba listo para o desenlace final a partir das 12:30 horas dun domingo no que misas, bares, rúas e fogares ían quedar practicamente baleiros e o epicentro de toda unha vila, de todo un concello, de toda a Costa da Morte xiraba entorno a un Pabellón Municipal no que por vez primeira na súa historia os seus asentos qedáronse pequenos e seguíase o partido como boamente se podía.  Un CB Camariñas superior dominaba con man de ferro o encontro e con ventaxas de 6, 8 goles queimaba etapas cara a gloria final. Finalmente, envoltos nun ambiente apoteósico, cara ás 14:00 horas, cando o ceo escampara e uns tímidos raios solares colábanse dende o exterior, chegou o delirio e aquelo tantas veces visto a través da pantalla dun televisor en monumentais estadios de fútbol, asfixiantes canchas de baloncesto, sucedía alí ao noso carón e un  xove reporteiro aficcionado non podía evitar que unha pesada bola de emoción se apoderara da garganta.

O CB Camariñas entrou na leyenda. Un conxunto de rapaces camariñáns escribiron posiblemente a páxina máis gloriosa do deporte en toda a historia da Costa da Morte. O esforzo desenrolado durante tantos anos dende o Concello de Camariñas e o propio club en perfecta simbiose dou nesta mañán de domingo do mes de maio un resultado estratosférico, utópico se volvemos a vista atrás. Polo que respecta a camarinas.eu, único medio de comunicación que seguío ao Conservas Boya activamente na Liga Regular onde xornada a xornada se foi cimentando este logro histórico e na Fase de Ascenso, vemos todos os nosos esforzos recompensados con este ascenso acadado por un club formado cáseque enteiramete con rapaces da terra, fillos do concello. Porque de eso se trata, entre todos, desinteresadamente, facer unha Camariñas mellor. Á Directiva, Corpo Técnico e, sobre todo, xogadores do CB Camariñas, felicidades e gracias. Gracias por este histórico e frío domingo do mes de maio.

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Ascenso do CB Camariñas a 1ª NacionalBeldoña 11/05/2011 07:50
NORABOA, AMIGOS. ÚNOME A VOSA ALEGRÍA E QUE ¡ VIVA CAMARIÑAS !

Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador