1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Gracias ao esforzo sen precedentes realizado dende o Concello de Camariñas, a Vila das Palilleiras xa ten a súa Fase de Ascenso á Primeira División Nacional de Balonmán. E o fin de semana grande do balonmán no noso concello comenzaba pasadas as 18.00 da tarde deste venres 6 de maio de 2011 cunha recepción oficial celebrada na Casa de Pedra onde o alcalde camariñán daba a benvida aos catro equipos que mediante un sistema de liguilla competirán ata o domingo por ver cal deles é o que finalmente acada o tan ansiado ascenso. Unha vez rematado este acto que incluío o reparto duns pequenos agasallos, as plantillas, corpos técnicos e directivos de Salamanca, La Laguna, Plasencia e CB Camariñas desplazáronse ata o Pabellón Municipal de O Areal para iniciar a vertiente deportiva da fase de ascenso.

Alí atoparon unhas gradas ateigadas como poucas veces se vío no recinto municipal e no primeiro encontro o Salamanca, gran favorito, vapuleaba aos extremeños do Plasencia cun tanteo escandaloso que prácticamente descarta a estes últimos da loita polo ascenso. O prato forte que congregaba a tantos e tantos camariñáns na Avenida Eugenio López a últimas horas da tarde deste histórico venres de maio era o partido do CB Camariñas contra o La Laguna, encontro mui igualado onde os nosos levaron o peso do partido frente a unha defensa e porteiro visitantes moi efectivos. Nos primeiros minutos foi expulsado o capitán Monchiño, peza clave do xogo camariñán, suceso clave no desenrolo do encontro xa que estamos a falar  do principal organizador do xogo dos nosos. Así e todo chegouse aos últimos 20 segundos do partido co CB Camariñas un tanto por enriba no marcador ata que finalmente os tinerfeños de La Laguna marcabn o tanto que poñía o 22 a 22 final no marcador.

Para hoxe sábado, mañán de ruta turística polo Faro Vilán e Reira e tarde encontros co Salamanca vs La Laguna ás 17:00 horas e CB Camariñas vs Plasencia ás 19:00.