O Cerceda de Juanillo, campeón de Terceira DivisiónNo mesmo día no que se celebraba o 1º de Maio, Día do Traballador, o Cerceda de Juanillo campeonaba na Terceira División galega. Pola mañán tocaba festa na sede dos socialistas camariñáns e pola tarde tocou igualmente festa no estadio do Santa Comba. Coñecedor do que estaba por vir, Juanillo decidío non pasarse en demasía cos suculentos platos de callos dos que se dou boa conta na Casa do Pobo e decidío reservarse un pouco por aquelo de ter o corpo en condicións á hora de festexar xunto aos seus compañeiros un merecidísimo e xusto campeonato que premiaba ao que resultou ser o mellor de tódolos conxuntos da Terceira División galega. 

SANTA COMBA 0-2 CERCEDA
Victoria que vale un campeonato ligueiro cando ainda faltan 2 xornadas. Partido no que gañamos con autoridade sabendo que o Santa Comba non nos ía a por as cousas doadas xa que se xogaban o descenso, pero o Cerceda sabía que una victoria valía una liga e non deixou escapar a posibilidade de sentenciala. Xaco e Rodri foron os goleadores do encontró. Agora duas semanas de certa tranquilidade para preparar o play-off de ascenso a esperas do sorteo. A vindeira xornada recibimos ao Pontevedra B en Cerceda.

CAMARIÑAS 3-1 ESTEIRANA
Victoria cómoda dun Camariñas plagado de xuvenís ante un Esteirana que pouca oposición puxo. Xa coa liga sentenciada e o Camariñas esperando ese sorteo para fase de ascenso e habendo feito os Deberes,o Camariñas coonseguiu levarse un cómodo triunfo. Juan o Vello demostrou que é un crack, e conseguiu un hat trick, 3 goles dun home que está chamado a ser o xogador clave dun Camariñas con aspiracións. A vindeira xornada o Camariñas xoga en Malpica.

MUROS 5-2 PORTEÑO
Confirmouse o descenso a terceira rexional do Porteño nun encontro o que se adiantou por 0 goles a dous pero o Muros foi quen de remontar e gañar con claridade. Perde a categoría o Porteño pero caendo con honra, xa que os da Ponte do Porto dérono todo en cada partido. Esperomos que a tempada próxima sexa un éxito e o Porteño volte a categoría que merece. Na derradeira xornada, o Porteño recibe ao Corme.

COPA DA COSTA
XAVIÑA 0-4 SAN LORENZO

Perdeu o Xaviña toda opción de dar a sorpresa e caeu con claridade ante o San Lorenzo que demostrou estar un punto por riba do Xaviña. De todas formas, o Xaviña na sua primeira tempada en escena sempre dou a cara e dende aquí dámoslle a noso noraboa!!!

LAXE 0-1 CAMARIÑAS
Partido onde o Camariñas pasou máis apuros do previsto diante dun Laxe moi correoso e que puxo ao Camariñas en máis de un apreto. Maikel foi o autor do gol do Camariñas que deixa a eliminatoria mais favorable para o Camariñas. Decir que Javi foi expulsado no primeiro periodo, motivo polo cal o Camariñas xogou en inferioridade ata a expulsión no segundo tempo dun xogador do Laxe.

COPA DA COSTA DE VETERÁNS
ZAS 0-3 PORTEÑO

Machada do Porteño de veteráns que remontou un resultado de 0 a 2 có que viña do partido de ida. Fenomenal partido do Porteño que pasou por encima do Zas que non agardaba o acontecido. Agora toca xogar contaro o At. Milagrosa en cuartos de final.

LIGA DE FUTBOL 7
BENXAMÍNS: VIMIANZO 9-1 AS BALEAS
A edade dos rapaces do Vimianzo notouse moito ao seren todos eles un ano maiores que os nosos, de tódolos xeitos, os benxamíns loitaron durante
todo o encontro.

ALEVÍNS: VIMIANZO 0-3 AS BALEAS
Voltaron a senda da victoria os nosos alevíns gañando con facilidade ao Vimianzo. O resultado puido ser moito mais abultado xa que os nosos dispuxeron de moitas ocasións. A vindeira xornada, As Baleas recibe ao Coristanco. Esto foi todo canto dou a xornada.

Un saudo a tódol@s ususari@s de CAMARINAS.EU, a web líder e de ideas


Comentarios   

E logo ti de quen es
0 # RE: A Xornada de Juanillo 01-05-2011E logo ti de quen es 06/05/2011 14:46
Noraboa Campións
Responder | Denunciar ante o administrador