A final da Copa das Viejas Leyendas parece encarriladaFinalmente, tal e como advertira, o Frío Darío decidío non presentarse á semifinal que o enfrentaba contra o Bar Gaviota o que unido ao abultado resultado acaecido na outra eliminatoria deixa unha final práctiamente encarrilada. Polo tanto á espera do que parece que non deixará de ser un mero trámite, o Puerto Arnela e o Bar Gaviota, serán os protagonistas da segunda e, se non cambian moito as cousas, última final da Copa da Liga As Baleas de Camariñas. Tras unha primeira edición dun éxito sen precedentes, o segundo ano de andaina da Liga de Veteranos parece abocado a finalizar, tal e como xa se indicara dende estas páxinas, dun modo triste, amputado, ao retirarse por propia vontade o principal favorito  e recente campeón da Liga Regular.

{xtypo_rounded_right2}

Goleadores:
1) Rubio (Pto.Arnela) 19 goles
2) Alberto (Kerubín) 17 goles
3) Elvis (Frio Dario) 16 goles
Piché (Cons. Mantido) 16 goles
5) Nando (Frio Dario) 15 goles
6) Bajeras (Gaviota) 12 goles
Chocolate (Kerubín) 12 goles

Vindeira Xornada:
17:00 C. Mantido - Pan. León
18:00 Pto. Arnela - Cerdeimar

{/xtypo_rounded_right2}
Semifinais descafeinadas onde só se xogou un encontro tras a non comparecencia do Frio Darío ante o Bar Gaviota, motivo polo cal, o Bar Gaviota pasa a ser finalista directamente.

BAR GAVIOTA - FRIO DARÍO
O Bar Gaviota é finalista porque non se presentou o Frio Darío.

PUERTO ARNELA 5-0 CERDEIMAR
Partido onde o Puerto Arnela deixou sentenciada a eliminatoria e salvo catástrofe xogará a final ante o Bar Gaviota. Marcaron O Rubio 2 goles, Jamela 2 goles e Manolo 1 gol- Destacaron Jamela e Vi por parte do Puerto Arnela e Diego e Perilla por parte do Cerdeimar.

PARTIDO POLO 5º-7º POSTOPANADERÍA LEÓN-BRIALEX 1-6 KERUBÍN
Merecida victoria do Kerubín que foi mellor que o Panadería León. Marcou Yago por parte do Panadería León e Alberto 4 goles, Chocolate 1 gol e Chocolate de Arou 1 gol. Destacaron Yago e Rolando por parte do P. León e Alberto e Coco por parte do Kerubín.


 

 

Engadir un comentario