As distintas categoría do balonmán camariñán posaron nesta histórica fotoDía grande de recoñecemento ao balonmán no Concello de Camariñas o deste pasado sábado 30 de abril de 2011. Todo comenzaba ás 12:00 da mañán no Pabellón Polideportivo Municipal de O Areal cando se xuntaban para posar nunha histórica foto as plantillas dos diferentes conxuntos balonmanísiticos de Camariñas. Dende os xogadores do Conxervas Boya ata as rapazas do Encaixe de Camariñas, pasando por tódolos cativos pertencentes ás Escolas Deportivas Municipais, se xuntaron co Alcalde Pichurri e a Concelleira de Deportes e Cultura, Sandra Insua Rial, para posar nunha foto que fai xustiza á enorme inversión neste deporte que dende hai moitos anos os diferentes equipos de goberno do concello veñen realizando a prol dunha disciplina deportiva que este ano cubrío posiblemente a etapa máis gloriosa da súa historia nas nosas terras.

Unha vez rematada a sesión no Pavillón Municipal, o corpo directivo, técnico e plantel do CB Camariñas desprazouse ata a Casa do Concello onde foron recibidos oficialmente polo equipo de goberno. Dende as sillas nas que o pobo camariñán segue as evolucións plenarias, os xogadores que este ano cuaxaron a tempada máis exitosa do Conservas Boya, escuitaron as palabras de recoñecemento, gratitude e ánimo do alcalde. Palabras de ánimo porque o máis difícil aínda está por conquerir: o ascenso na fase de promoción que a partires do venres 6 de maio terá lugar na nosa vila. Unha vez rematadas as palabras do alcalde, foi o Presidente do CB Camariñas, Andrés Cerdeiras, o que agradeceu as sentidas palabras de Pichurri e prometeu o máximo esforzo e traballo para facer o soño realidade. O mesmo que prometeron o adestrador e o capitán do equipo nos seus discursos. Queda por tanto pendente un novo recibimento: o que homenaxeé o ascenso dun equipo campeón.

{phocagallery view=category|categoryid=630|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Engadir un comentario