1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Brais, o bravo xogador do FC Camariñas

Fin de semana triunfal para o deporte camariñán, onde ao impresionante éxito do CB Camariñas en Bueu debe sumarse a non menos heroica victoria acadada polos alevíns de As Baleas en Noia onde campeonaron no Comarcal de Fútbol Sala. Agora queda remachar a faena nos campeonatos provinciais da especialidade a disputa na Coruña. E mentras noutras disciplinas os nosos pasean o nome do noso concello envolto nunha aura de gloria no deporte rei sorte dispar para os nosos: nova derrota dun Porteño abocado ao descenso salvo ascenso histórico dun FC Camariñas que apura os derradeiros encontros da liga regular á espera do que deparará a Copa da Costa e a Promoción do Ascenso á Primeira Rexional.

VILALBÉS 0-0 CERCEDA
Empate sen goles o que acadamos en Vilalba ante un equipo que está a loitar por entrar entre os 4 primeiros. Non fixemos un bó partido e apenas tivemos ocasións de gol, a única, unha de Joselu que mandou un balon ao traveseiro con un forte disparo dende fora da área. Un punto máis que nos serve para seguir no alto da clasificación, pero empatados a puntos có Ferrol pero eles teñen que descansar e o gol-average particular é favorable a nós. A vindeira semana teremos derbi, visítanos o Mesón do Vento, sinceramente creo que si gañamos o domingo a liga será nosa.

PORTEÑO 0-1 CLUB DO MAR
Non foi un bó partido o realizado polo Porteño ante o Club do Mar e iso refléxase no marcador. Mal primeiro tempo, onde o Porteño non se achegou a meta visitante. Melloraría no segundo, onde nos minutos iniciais e sobre todo no derradeiro treito de partido, achuchou a meta visitante pero sin premio. Queda o Porteño penúltimo trala victoria do Carnota. Ten que intentar nestas 2 últimas xornadas adiantar ao Carnota para polo menos esperar a ver se o Camariñas é quen de subir de categoría e así poder manterse en segunda regional. A vindeira xornada, o Porteño xoga en Muros.

FISTERRA 1-2 CAMARIÑAS
Victoria do Camariñas en Fisterra nun encontro no que non había nada en xogo. O Camariñas cós deberes feitos xa está a pensar no posible rival da promoción e na Copa da Costa. Juan o Vello e Javi foron os goleadores do Camariñas. A vindeira semana, o Camariñas recibe no Hermanas Patiño ao Esteirana.

COPA DE VETERÁNS DA COSTA
:


PORTEÑO 0-2 ZAS
Non estiveron finos os veteráns do Porteño neste partido de ida ante o Zas. Perderon por cero goles a dous e agora haberá que intentar a machada a vindeira xornada en Zas.

CAMPEONATO COMARCAL DE FÚTBOL SALA EN NOIA


ALEVÍNS: AS BALEAS 3-2 NOIA
ALEVÍNS: AS BALEAS 4-3 NEGREIRA

Campeóns da comarca os alevíns das Baleas!!! Segue o deporte camariñán acadando importantes logros, os nosos alevíns conseguiron de maneira formidable gañar un campeonato ante equipos moi poderosos. Agora xogarán o campeonato provincial na Coruña. Vamos campeóns que vos podedes con todo!!!!
INFANTIS
Non tiveron tanta sorte os nosos infantís e quedaron terceiros no campeonato. Houbo baixas de última hora e iso notouse no conxunto Camariñán. De tódolos xeitos, noraboa tamén o todos eles por chegar ao campeonato comarcal!!!


 

Engadir un comentario