1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Os siareiros e xogadores que conquistaron Bueu

Cando alá polo mes de setembro lle preguntamos aquí en camarinas.eu ao noso experto en balonmán, José Manuel Canosa Campaña, como se presentaba a tempada que recén se aveciñaba, a resposta fui clara: os obxectivos son máximos, posiblemente a mellor plantilla da historia, o ascenso será a nosa meta. Por elo non fui unha sorpresa cando nas últimas horas da tarde deste histórico 16 de abril de 2011 unha voz emocionada ao outro lado do tendido telefónico, facéndose un oco a duras penas entre os gritos de algarabía, de xustificado festexo incontrolado dun vestiario campeón, nos constataba dende o hexemónico sur galego a boa nova: por primeira vez na súa historia o balonmán camariñán saía campeón da 2ª División Autonómica tras unha heroica victoria por 29 a 33 no Pavillón Municipal de Bueu.

Deste modo o monopolio dos equipos provintes da provincia de Pontevedra con todo o seu peso de miles de toneladas de poder económico, federativo e arbitral, quedaban reducidas a cinzas por un día ca victoria acadada en cancha foránea por unha miragre deportiva chamada CB Camariñas, unha illa remota no arquipiélago maiormente sureño do balonmán galego. A partires de agora haberá tempo de pensar na fase de promoción de ascenso, derradeiro paso para acabar de rematar definitivamente o esforzo exemplar desenrolado ao longo desta tempada, pero o acadado neste histórico sábado 16 de abril de 2011, todo un campeonato da 2ª División Autonómica cando a maioría dos corazóns e almas deportivas tal vez estaban distraídos no primeiro da serie de catro encontros que determinarán o devenir futuro do fútbol mundial durante a vindeira década é historia. A historia dun equipo campeón. Aos xogadores, corpo técnico e directiva do Club Balonmán Camariñas: felicidades e gracias. Gracias por pasear o nome do noso concello por toda Galicia ca aura dun equipo campeón.

{phocagallery view=category|categoryid=612|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: CB Camariñas, Campeón de LigaBeldoña 17/04/2011 09:50
É todo un orgullo para Camariñas, contar con xogadores, técnicos e directivos que levan os nosos colores triunfantes por toda Galicia.
¡¡¡¡ FELICIDADES, CAMPEONS.
Antonio Puertas
Responder | Denunciar ante o administrador
kinos
+1 # RE: CB Camariñas, Campeón de Ligakinos 17/04/2011 15:06
enoraboa campeons,isto e o resultado de tantos anos xogando e apostando por este deporte,que recordos me traen,enoraboa merecedelo.
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
+1 # RE: CB Camariñas, Campeón de Ligajuanillo 18/04/2011 15:25
ENHORABUENA!!!! . Felicidades a todos, desde o primeiro hasta o último dos compoñentes do equipo Camariñán de balaonmano.
Ahora a disfrutar na fase de ascenso.
Responder | Denunciar ante o administrador
Xoán Ramón Carballo
+1 # Noraboa, CAMARIÑAS BOYAXoán Ramón Carballo 18/04/2011 16:34
Quero facer chegar a toda familia balonmanística de Camariñas a miña mais sincera e agarimosa felicitación por ter acadado o título de Campeón da 2ª División Autonómica de Balonmán. Parabéns para os que teñen merecido dabondo este éxito froito do esforzo, traballo e adicación dos xogadores e técnicos; pero non quero esquecerme dos directivos, esponsor (¡que gran labor social e deportiva a que está facendo a familia Cerdeiras!)e seareiros. Disfrutade deste importante logro. ¡Camariñas berce do balonmán na Costa da Morte, acada un anaco de gloria! Noraboa.
Responder | Denunciar ante o administrador