- Escrito por juan cabrejo juan cabrejo
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 12 Abril 2011 12 Abril 2011
Apuran os distintos equipos os derradeiros tragos da copa da competición federada da tempada 2010-2011 e a sorte municipal no fútbol federado non pode ser máis dispar. O FC Camariñas encamiña os seus pasos cara o play off de ascenso mentras que o Porteño FC faise á triste realidade dun descenso certo. Mentras tanto o Cerceda de Juanillo segue a solventar con oficio os seus encontros e conta os días que restan para certificar un ascenso certo á Segunda División B do fútbol español. Sortes dispares as dos distintos equipos en litixio.
CERCEDA 3-1 RÁPIDO DE BOUZAS
Tíñamos a presión enriba de nós cando comezou o encontro debido a que o Ferrol xa gañara o seu partido, pero ben puidemos con ela e logramos gañar un partido que dominamos dende o principio. Voltou a súa cita có gol o máximo artilleiro da categoría, Manu Barreiro que marcou por partida dobre. Joselu foi quen marcou o terceiro gol, o da tranquilidade.
Só quedan 5 xornadas e continuamos de líderes, sacámoslle 2 puntos de ventaxa e un partido que teñen que descansar eles, ao favorito, ao equipo que teóricamente iba a arrasar na categoría como é o Ferrol, pero o fútbol non é como as matemáticas, unha ciencia exacta, e así o estamos a demostras nós. A vindeira xornada visitamos Vilalba para xogar ante o Vilalbés, un conxunto que está a loitar pola cuarta praza que da acceso a xogar a liguilla de ascenso, se gañamos alí, o título ligueiro estaría ao alcance da man.
CAMARIÑAS 3-0 O PINDO
Partido cómodo para os homes de Manolín que dominaron de principio a fin. Brais, Mané e Fran Pioto,que se estreou como goleador có Camariñas, foron os goleadores do Camariñas. Con esta victoria acadada, o Camariñas asegurouse o subcampeonato, un segundo posto que lle da opción de xogar o play-off de ascenso a primeira rexional. A vindeira xornada, o Camariñas xogará en Fisterra.
CARNOTA 1-1 PORTEÑO
Resultado que deixa a ámbolos conxuntos prácticamente sentenciados ao descenso de categoría. Partido onde o Porteño xogábase os seus últimos cartuchos e non puido gañar ante un rival que queda afundido e abocado ao descenso directo. Quilmes foi o goleador do Porteño, tanto o seu que serviu para empatar un encontro no que previamente os locais adiantáranse no electrónico. Matemáticamente non está todo perdido e ten que seguir loitando o Porteño, que de tódolos xeitos, ten unha última bala gardada na recámara, pois se o Camariñas ascende, o Porteño lograría a permanencia. A vindeira xornada, o Porteño recibe ao Club do Mar.
COPA DE VETERÁNS. PARTIDO DE VOLTA DE 16 DE FINAL.
CAMARIÑAS 0-3 VIMIANZO
Triste a despedida do Camariñas de veteráns do torneo do k.o que mereceu moito máis dada a situación que lles tocou vivir aos homes que adestra O
Socho, pois non foron capaces de xuntar 11 homes, tan só 9 foron os xogadores dos que dispuxo o Camariñas e pese a todo doulle moita guerra ao Vimianzo que só nos minutos finais logrou sentenciar o encontro. Chegan horas de reflexión e de xuntanzas para ver que vai acontecer con este equipo.
FÚTBOL 7. AS BALEAS:
BENXAMÍNS: AS BALEAS 0-12 SANTA COMBA
Partido no que o Santa Comba foi mellor de principio a fin e así o demostra o resultado final. Os xogadores do Santa Comba eran case todos de segundo ano e iso nótase moito.
BENXAMÍNS: BAIO 6-1 CAMARIÑAS
Perderon os benxamíns do Camariñas ante un Baio superior.
ALEVÍNS: AS BALEAS 3-7 SANTA COMBA
Non tiñeron bon dia os alevíns das Baleas que pese a dalo todo no terreo de xogo, non pudieron contra un Santa Comba que nesta ocasión se amosou superior.
ALEVÍNS: BAIO 3-3 CAMARIÑAS
Empate o acadado polo Camariñas en Baio nun encontro moi disputado de principio a fin. A vindeira xornada, As Baleas xogarán en Muxía mentres que o Camariñas recibirá ao Dumbria B.
AS BALEAS
Os ALEVÍNS e os INFANTÍS das Baleas, acudirán o vindeiro sábado 16 de abril ao CAMPEONATO INTERCOMARCAL DE FÚTBOL SALA que se disputará en Noia. Ámbolos 2 conxuntos acuden como campións das súas respectivas categorías no campeonato de fútbol sala da zoa norte da Costa da Morte.
Moita sorte!, e de seguro que estes rapaces van a deixar o pabellón camariñán moi alto.