1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
As xogadoras do Encaixe Camariñas posan para a cámara de camarinas.euRemata a segunda tempada de andaina deportiva do Encaixe de Camariñas e faino dun xeito digno e merecedor do máximo eloxio. Foi un pracer seguir semana a semana dende camarinas.eu o ilusionante proxecto do balonmán femenino camariñán: para a historia do noso concello quedarán unhas amplias galerías fotográficas que recolleron a realidade competitiva dun segundo ano de existencia no ámbito dos torneos federados dun equipo formado cáseque integramente por rapazas da nosa terra. A vocación de servizo público desinteresado e apolítico que presidío o nacemento da web chamada a reinar dun modo incontestable sobre todas as demáis do seu ámbito xeográfico apréciase especialmente no exhaustivo seguemento que cada fin de semana se realiza aos equipos máis representativos do Concello de Camariñas nos ámbitos do fútbol e balonmán, así como no de tódas e cada unha das experiencias deportivas que teñan lugar no mesmo (vela, judo, etc...) e así seguirá ata o día da nosa morte postrera. Camarinas.eu: sempre co deporte camariñán.

As rapazas da costa da morte afrontaban o encontro sabendo que se ian poner enfrente do mellor equipo desta competición. Ainda asi, as rapazas do Porriño non o tuberon tan fácil como reflexaba o marcador que a pesar de ir sempre por diante, as Camariñáns non deron o seu brazo a torcer.
O encontro comenzaba cun 1-8 a favor do equipo do Porriño,tras uns axustes na defensa do Encaixe, esta empezou a funcionar como en poucos partidos desta tempada, soluciando situacións ca circulación da pivote. O que serefire o ataque as xogadoras non acadaban finalizar as situación tácticas, tendo asi moitos erros no comenzó, mais a base de esforzó e constancia lograron que esas situacions comenzaran a sair e asi conseguir poneren dificultades a defensa do BM Porriño. Un dos pilares importantes do Porriño é o seu contraataque asi que as do Encaixe non lles quedou outra que intentar facer ataques largos e tácticos e un bó balance defensivo.Destacar a porteria do equipo rival, a cal poñia en problemas as lanzadoras do Encaixe. Pola parte destacar o equipo en conxunto: “ a fotaleza en equipo e que as xogadoras se sentisen importantes en cada acción de xogo foi o que nos permitiu manter a renda durante todo o encontro” afirma a adestradora.
Con este partido dábase por rematada a tempada 2010/2011, na cal o equipo parece que vai encontrando a luz o fondo deste camiño. Desde estes intres a entrenadora Monica Barreiro, pondrá mans a obra pa diseñar os plantexamentos da tempada que ven, na cal os obxetivos deportivos e de grupo teran modificacions.
ENCAIXE CAMARIÑAS (18): Sara e Sandra (gardametas); Juana (2); Kris (4); Aida (3); Sheila; Nerea; Verónica (1); Cris Sande; Laura (3); Karina
(2); Alicia (2).
BM PORRIÑO (27): Paula e Iria (gardametas); Elena (3); Mª Carmen (1); Carla González (2); Phane (2); Ariana (%); Antia (1); Lorena (6); Carla Rivas (3); Monserrat (2); María (2).
{phocagallery view=category|categoryid=602|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Engadir un comentario