1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O FC Camariñas levouse o derby municipal fronte o PorteñoXornada que viña marcada polo derbi entre o Porteño e o Camariñas onde os da Ponte do Porto xogábanse moito pero finalmente o camariñas foi o que se levou o derbi. O Xaviña rematou a liga perdendo novamente na casa, pero para ser o primeiro ano que compite hai que sacarlle o sombreiro ao equipo que preside  Isaac. O socho debuta como entrenador do Camariñas de veteráns con victoria no partido de ida da primeira eliminatoria da copa de veteráns. Por outro lado, xa temos a volta da esquina o comezo da Copa da Costa, o torneo por excelencia na que tódolos clubes dan o mellor de si mesmos para tentar gañar o tan valorado trofeo.  Esperamos que desfrutedes da crónica desta semana aderezada cun total de 130 fotos dos partidos desputados entre o Xaviña contra o Coristanco e o encontro estelar desta xornada, o Porteño vs. Camariñas.

 

{xtypo_rounded_right2}
COPA DA COSTA: Os tres equipos do Concello, Xaviña, Porteño e Camariñas, debutarán o vindeiro 30 de abril no torneo do k.o. O Xaviña verase as caras en dazaseisavos de final ante o Buño, o primeiro partido será en Buño. O Porteño tocoulle o Muxía, un partido de máxima rivalidade. O Porteño xogará na casa o primeiro partido. Finalmente, o Camariñas, tocoulle o Laxe, sendo o primeiro partido en Laxe. Moita sorte para todos e desecamos que os tres conxuntos pasen de ronda.
{/xtypo_rounded_right2}

CULTURAL AREAS 0-1 CERCEDA
Se o campo do Cultural Areas é un dos máis pequenos e estreitos da categoría, este Domingo pasado aínda o foi máis, xa que o acurtaron para que o Cerceda non se levara os 3 puntos, pero non foi así, pese a “facer trampas”, conseguimos gañar un encontro no que ademais de pelexar contra as dimensións reducidas do terreo de xogo, tamén tivemos que loitar coa dureza dos contrarios e coa permisividade do trio arbitral ante o xogo duro dos locais.
Triunfo moi traballado e o tanto de Óscar Martínez vale o seu peso en ouro. Tres puntos máis que nos serven para continuar no máis alto da clasificación a falta tan só de 6 xornadas para o remate da liga. A vindeira xornada recibimos ao Rápido de Bouzas.
PORTEÑO 1-2 CAMARIÑAS
Derbi moi igualado o que disputaron o Porteño e o Camariñas no Hermanas Patiño onde finalmente os de Manolín conseguiron gañar tras unha remontada incluida. Moito público no Hermanas Patiño onde se viveu a mellor entrada da tempada.Foi un derbi moi igualado e así o demostra o marcador final. Ismael adiantaría ao Porteño que chegaba ao descanso gañando 1-0, a ilusión pola permanencia estaba si cabe máis cerca, pero no segundo tempo, o Camariñas conseguiría dárllela volta ao marcador con goles de De La Sierra e Javi para deixar o marcador final no 1-2 definitivo.
Ten o Porteño poucas opcións da permanencia xa que tanto o Baio que adestra Tono do Atlántico (xogando con moitos xuvenís todo o ano por mor das baixas) como o Corme, conseguiron gañar os seus partidos e a vantaxa na clasificación aumentou de forma considerable en relación ao Porteño. Pero pese a todo, mentres as matemáticas non digan o contrario, o Porteño vai a loitar ata o final esperando tamén que poida ascender algún clube e así facilitar a permanencia. A vindeira xornada o Porteño xoga en Carnota nun partido vital. O Camariñas recibe ao Pindo.
XAVIÑA 1-4 CORISTANCO
Non puido rematar a liga o Xaviña cunha victoria e voltou a perder desta vez diante do Coristanco por 1 gole a 4. David de correos foi o goleador do Xaviña. Remata a participación do Xaviña nesta primeira tempada da súa historia e non queda último. Isto xa é un mérito tremendo. Esperamos que para tempada que ven, o Xaviña quede moito máis arriba na táboa clasificatoria.

COPA DE VETERÁNS DE FÚTBOL

PORTEÑO
Pasou exento nesta primeira ronda o Porteño.
VIMIANZO 3-4 CAMARIÑAS
Era o debut do Socho como adestrador do Camariñas de veteráns e o primeiro obxetivo era que polo menos se xuntaran 11 futbolista,e xuntáronse 12, obxetivo cumplido. O segundo obxetivo era gañar, e gañouse, polo tanto tamén estaba o obxetivo acadado. Foi mellor o Camariñas de O Socho en Vimianzo e mereceu un mellor resultado. De tódolos xeitos, os Tono do Atlántico, Manolo, Tono de Presiosa, Jamela e compañía, van a dar moita guerra neste torneo. A nota negativa do encontro foi a lesión do gardamallas Camariñán Pedro, quen tras unha caida, tivo que ir por urgencias onde lle observaron unha lesión nas suas costas pero que non ten gravidade. O vindeiro Domingo ás 11:00 h. o Camariñas xoga o partido de volta ante o Vimianzo no Hermanas Patiño.

LIGA DE FÚTBOL 7 AS BALEAS

BENXAMÍNS:
ZAS 2-5 AS BALEAS

Voltaron ao triunfo os benxamíns na súa visita a Zas onde gañaron claramente. Están terceiros na clasificación xeral os nosos benxamíns.
CORISTANCO 2-0 CAMARIÑAS
Non pudieron traer nada positivo os máis pequechos de Coristanco onde perderon por 2 goles a cero.
ALEVÍNS:
ZAS 2-11 AS BALEAS
Os Joseba boy´s colleron alas e xa non hai quen os pare. Desta vez, pasaron como un vendabal por enriba dun Zas que non sabia como capear o temporal Camariñán. Están coas pilas cargadas As Baleas e van ir a por todas.
CORISTANCO 3-2 CAMARIÑAS
Mereceron máis os alevíns do Camariñas que perderon pola mínima en Coristanco. Brandon e compañía van a seguir dando moita guerra.

A vindeira xornada AS BALEAS reciben ao Santa Comba, mentres que o CAMARIÑAS xogará en Baio. Esto foi todo canto dou a xornada. Un saudo a tódol@s usuari@s de CAMARINAS.EU, a web líder, a número 1, a de ideas propias…

 

Engadir un comentario