1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Marcador final do partido no que os nosos rapaces vapulearon ao Carballal

Gran partido o disputado onte en Vigo na cancha mais compricada da categoría, os nosos rapaces demostraron unha vez mais que ista temporada e a dos records, e voltaron a Camariñas con dous valiosisimos puntos e o que e mais importante, voltaron ca confianza que da recuperar o seu nivel de xogo das grandes tardes.

O encontro principiou de forma irregular, bastantes erros polos dous equipos, os que lle pesaba a responsabilidade, nestes intres nos que os brazos se "encollen" e tomar decisións non e doado, o Boya cimentou o seu xogo nunha defensa comprometida e solidaria, os nosos rapaces tiñan a confianza que da ver os compañeiros sempre atentos para axudar, isto provocou erros no ataque dos locais que foron aproveitando os Camariñáns para acadar as primeiras diferencias no macador que rondaban os tres goles. Tempo morto do adestrador local para intentar ataxar os catro goles de diferencia a prol dos visitantes, e pasados menos de 5 minutos ca diferencia reducida a dous goles os visitantes que tiñan que facer uso tamén do seu tempo para intentar que o partido non cambiara de dono, e o partido que se vai igualando por mor das exclusións no Boya que lle fan xogar nestes primeiros trinta minutos 10 deles en inferioridade, ainda que solventadasActa arbitral do encontro con mais exito que en encontros precedentes, a pouco de 5 minutos para finalizar esta primeira mitade o marcador achicase ate a máxima expresión e as espadas siguen no aire,  aqui os nosos rapaces voltan a recuperar sensacións positivas, parando Lalá un 7 metros e o lanzamento posterior dando folgos os seus compañeiros e consiguen chegar o intermedio cun 13-16 que fala as claras do bo traballo defensivo visitante.

Na reanudación toca traballar a reo para manter a diferencia nos primeiros minutos, xa cos nosos saen a pista cun home menos por unha nova exclusión nos derradeiros segundos do tempo anterior. Consiguese manter a diferencia e xa con todos en pista aumentase a ventaxe rápidamente facendo un parcial de 6-2 nos primeiros dez minutos que xa pon moi costa arriba a posibilidade de remontar dos locais que comezan a perder a sua fe, neses intres tan so a boa actuación do seu porteiro evita que o partido quede pechado a falta de mais de 15 minutos con paradas de moito mérito ante todo tipo de lanzamentos, a maioria deles en situacións francas para os nosos.

Pero este era o día do Boya e os nosos rapaces seguiron traballando e axudándose e os minutos foron pasando, e a diferencia continuaba amplia rondando os sete goles, cambios defensivos nos locais abrindo a sua defensa fixeron pasar os nosos por momentos de dudas, pero de novo a defensa solucionou os erros en ataque, entrando nos derradeiros 10 minutos con eses 7 goles de diferencia so quedaba manter a concentración, non ser excluidos e aproveitar os erros de precipitación locais que vian co tempo esotabase e non atopaban solucions, a diferencia chegou ate os dez goles para finalizar cunha diferencia de 9 entre a ledicia da expedición camariñán que disfrutou da viaxe de volta dando saida a tensión con cánticos durante toda a viaxe.

Quedan duas citas, e nada está decidido ainda, pero o que si e certo e que xogando así, os nosos rapaces non deben ter nin medo nin nervios, porque xa amosaron o longo de toda a tempada do que son capaces.

{phocagallery view=category|categoryid=598|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

juanillo
0 # RE: Carballal 25 - 34 Conservas Boyajuanillo 04/04/2011 15:04
Xa vos queda menos... Sólo un pasiño máis e obxetivo cumprido.
Noraboa a todos!!!.
Responder | Denunciar ante o administrador